ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 28 de febrero de 2008

0s mesmos cans con diferentes colares

asfaltarlle eiras a simpatizantes do PSdeG
O PPdeG asegura que a institución provincial subvencionou varias obras en cinco concellos lugueses.

O voceiro adxunto do PPdeG na Deputación de Lugo, José María González Barcia, denunciou esta cuarta feira que o goberno provincial destinou, nos últimos meses, máis de 55 mil euros para o arranxo de camiños e fincas privadas de simpatizantes dos socialistas, en cinco municipios lugueses.Os cinco concellos sinalados polo PPdeG son gobernados polo PSdeG. Segundo concretou González Barcia, os municipios aos que se refire son Becerreá (cun investimento 2.100 euros); Láncara, (cun investimento de 13.000 euros); Chantada, (6.000 euros); Cervantes, (8.300); e Sarria, (25 mil euros). A meirande parte dos cartos destináronse ao pago de asfalto e "unha pequena parte", segundo verbas de González Barcia, gastouse en material de canteira.O PPdeG xa tiña denunciado o mesmo en Foz, Viveiro e PolO voceiro popular lembrou que o seu partido xa tiña denunciado este emprego "irracional, clientelar e caciquil" dos fondos provinciais noutros concellos gobernados polo PSdeG coma Pol, Viveiro e Foz.Barcia tamén se queixou da falta de planificación nas obras públicas da Deputación e lamentou que "o único criterio" que se segue para arranxar as vías públicas é o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez.

miércoles, 27 de febrero de 2008


Entrevista a Mª Mar Blanco

“Tede coidado en Galiza co odio a todo o que non é español”. Con esta cita remataba a súa intervención Mª Mar Blanco, irmá do concelleiro asesinado por ETA, Miguel Ángel Blanco. Unha conferencia lida en todo momento e que se foi facendo máis radical (malia que non gusten da palabra para eles mesmos) conforme avanzaba o seu discurso. ETA, Zapatero, mentira, vítimas e nacionalismo foron as verbas máis empregadas por unha muller que acudiu a Santiago de Compostela invitada polo Partido Popular da capital de Galiza. O auditorio, escaso malia que ruidoso, no Hotel Peregrino.
María San Gil, “muller de bandeira”
Na quenda de preguntas, e logo dunha longuísima ovación, a presidenta de Nuevas Generaciones interviu para sementar debate. A pregunta obvia: a “agresión a María San Gil”. Para que non quede dúbida, incluímos en GzNación a resposta íntegra.Mª Mar Blanco: “isto é algo sobre o que tiña ganas de falar ao vir a Galiza. Porque no País Vasco perdemos a batalla na educación, deixamos que os terroristas tomasen o control das rúas e as universidades. Non podemos ceder ante os terroristas. Porque os independentistas, non nos enganemos, son terroristas

Mª Mar: “e agora claro, no País Vasco están as ikastolas, que é un lugar onde se lles ensina aos nenos a que odien todo o que é español. E sei que vós tedes algo aquí, non sei como se chaman…"Público: ‘gallescolas’Mª: “gallescolas, é verdade. […] Tede coidado en Galiza co odio a todo o que non é español, nestes lugares ensínaselles aos nenosa odiar españa”. E veña, as galescolas, como as ikastolas, berce de terroristas.Foi Gerardo Conde Roa, presidente do PP da cidade e número dous co Congreso pola Coruña, quen presentou á rapaza loira, vestida de vermello e adornada cunha chea de xoias douradas nas mans e pescozo. Conde Roa aproveitou o momento, que para iso estaba de mitin, para denunciar a “claudicación de ZP fronte a De Juana” e para denunciar a Caixa Galicia por non terlles cedido un dos locais socioculturais desta entidade bancaria.
“Unos pueblecitos de Orense”
Mª Mar, moi falangueira ela, comezou o seu speech manifestando a fachenda que ten enriba de ser militante do Partido Popular por ser o único, asegurou, “que está coas vítimas”. Pido desculpas neste punto, xa que ‘vítimas’ foi, e non ETA, a palabra máis usada. E, buscando a empatía co auditorio, botou man da poética para soltar “polas miñas venas corre sangue galega, somos ‘de unos pueblecitos de Orense’”.Despois de continuar a súa intervención, marcada pola santificación de José María Aznar (ninguén dos que asiste a estas cousas ten ‘memoria histórica’) e a condena e o insulto ao novo Goberno socialista, proclamou –lendo- que o seu irmán foi asasinado “por sentirse español”. E claro, “os meus pais entenderon que Aznar non podía negociar cos terroristas […] se tivésemos negociado, o meu irmán estaría vivo, pero estaría morta a nosa dignidade”. Aplausos e un “viva Miguel”.

Burra no hables lenguas menores

"BURRA NO HABLES LENGUAS MENORES”
Carrefour recoñece que discriminou unha empregada por falar galego
O director do hipermercado subliña que xa lle chamou a atención ao xefe de sección que insultou á traballadora.

O director do hipermercado Carrefour da Coruña pediu desculpas públicas logo de saberse que un xefe de sección discrimonou e insultou unha empregada por falar galego dicíndolle “burra, no hables lenguas menores”. O responsábel da multinacional na Coruña, Xosé Manuel Rodríguez, sinala que lle deu indicacións ao encargado de que “debe ter respecto polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas”,Dende A Mesa valoran o paso dado polo director do hipermercados e subliñan que manterán unha entrevista con el para aclarar o caso completamente. Dende o colectivo sinalan que no seu día tiveron coñecemento do ocorrido grazas á Liña do Galego, un servizo gratuíto onde se se recollen queixas por vulneración de dereitos lingüísticos. O teléfono para as denuncias é o 902 10 64 74 e o correo electrónico linhadogalego@amesanl.org.

martes, 19 de febrero de 2008

holocausto

‘Sobre o Holocausto’, un artigo de Carlos AymerichSantiago de Compostela, 11 Febreiro 08.

Polo seu interese, reproducimos o seguinte artigo de Carlos Aymerich, que sairá publicado no diario dixital Vieiros, sobre a polémica xurdida no Parlamento de Galiza en torno á condena do Holocausto e a actual situación en Palestina.

A lembranza do horror dos campos de exterminio nazis e a perseguizón de quen, baixo calquer pretexto, tenten negar a súa realidade histórica ou minimizar as súas consecuencias converteuse nun consenso básico, nun verdadeiro sinal de civilización. O carácter industrial e planificado do exterminio, a súa dimensión, a posta da racionalidade burocrática ao servizo dunha empesa xenocida xunto, sen dúbida, co feito de que se impulsase en Europa e contra europeos por un Estado, o alemán, portador dunha longa e abastada tradición cultural caracterizan o exterminio nazi - principalmente de xudeus, mais tamén de ciganos, soldados e civís dos países ocupados, antifascistas, homosexuais, etc. - frente a outros como, por só citarmos algúns, o que padeceron os armenios, os pobos indíxenas de América ou de África ou, máis recentemente, o pobo cambodiano. Por esa razón o 1 de Novembro de 2005 a Asamblea Xeral da ONU acordou declarar o 27 de Xaneiro, data da libertazón de Auchswitz, como Día Mundial de Lembranza das Vítimas do Holocausto. Trátase, como a Resolución estabelece, de lle ensinar ás novas xeracións as licións do Holocausto co fin de “axudar a previr actos de xenocidio no futuro”, de rexeitar calquera negación do Holocausto como feito histórico ao tempo que se condea “sen reservas todas as manifestacións de intolerancia religiosa, incitación, acoso ou violencia contra as persoas ou comunidades baseadas na orixe étnica ou as crenzas religiosas en calquera lugar en que se produzan”. Sabiamente, pois, a ONU evitou facer con esta Resolución un acto particularista ou de simples arqueoloxía histórica. Ben ao contrario: o Holocausto é lembrado como exemplo de negación masiva dos dereitos humanos da que se poden – e se deben – tirar ensinanzas de alcanzo universal. Porque, como lembra a Exposición de Motivos citando a Declaración Universal de Dereitos Humanos, estes pertencen a todas as persoas “sen facer distinción algunha por motivos de raza, relixión ou de ningunha outra índole”. Xa que logo, á luz da Resolución da Asemblea Xeral da ONU, non só non é inconveniente senón que mesmo resulta obrigado lembrar na conmemoración do Holocausto episodios actuais de negación masiva dos dereitos humanos, sen que tal supoña estabelecer equiparación ou comparación algunha. En Xaneiro de 2008, en plena crise humanitaria en Gaza, sería entendíbel que a conmemoración do Holocausto calase sobre situación deses case dous millóns de homes e de mulleres cercados militarmente? Penso que non. Por iso no curso da Deputación Permanente do Parlamento de Galiza celebrada o pasado 23 de Xaneiro o BNG propuxo aos outros grupos parlamentares a adopción dunha declaración institucional nos termos que seguen, os que xulgamos máis acordes coa Resolución da ONU: “A 63 anos da fin da Segunda Guerra Mundial, o Parlamento de Galiza quer lembrar ás vítimas da barbarie nazi. Foron millóns os homes e mulleres asasinados por razón da súa etnia, relixión ou ideoloxía, dun xeito industrial e planificado, polo nazismo alemán e os seus colaboradores. Através da presente declaración pretendemos evitar o esquecemento destes crimes e previr á cidadanía galega contra aqueles que seguen a negar a súa realidade histórica ou a minimizar as súas consecuencias.Os horrores da guerra e, en particular, os dos campos de exterminio están sen dúbida na raíz da Declaración Universal de Dereitos aprobada pola ONU en 1948. É por iso que neste seu 60º aniversario o Parlamento de Galiza reivindica a súa plena vixencia denunciando sen paliativos situacións que, como a blocaxe que sofre a franxa de Gaza ou o muro de separación que está a construir o Estado de Israel como parte da ocupación militar da terra de Palestina, supoñen unha conculcación non só da legalidade internacional mais tamén dos dereitos inviolábeis que pertencen a todas as persoas e a todos os pobos”. Este foi o único texto proposto mais, infelizmente, PP e PSOE negáronse nin tan sequer a discutilo. Uns porque non querían incomodar ao Estado de Israel. Outros porque non entendían necesario aprobar unha nova declaración cando o Holocausto xa fora lembrado o ano anterior. Remato. Nunha conferencia pronunciada nos Estados Unidos hai cinco anos, Desmond Tutu, declarárase fondamente abalado tras dunha visita realizada á por el denominada Terra Santa: “lembroume o que aconteceu con nós, os negros en Suláfrica. Vivín a humillación dos palestinos nos postos de control e nos reténs de estrada: os palestinos padecen coma nós cando os policías brancos nos impedían ir dun sitio a outro”. O prelado anglicano ainda engadíu que “Israel nunca será un país seguro se non deixa de oprimir a outro pobo” ao tempo que criticou que nos Estados Unidos todo o que critique a política israelí sexa considerado “antisemita”. Cumpre lembrar que Desmond Tutu non só foi galardoado en 1984 co premio Nobel da Paz pola súa luita contra o réxime racista sulafricano senón que é patrocinador no seu país dun centro de conmemoración do holocausto. Quizais por iso considera incomprensíbel que sexa precisamente Tel Aviv quen leva adiante tal política de represión. En varios sentidos, estas palabras do bispo africano resultaron proféticas: cinco anos despois daquel discurso, en Outubro de 2007, a Universidade de Saint Thomas de Minnesota cancelou a conferencia que o Sr. Tutu tiña previsto pronunciar na primavera de 2008 a causa das súas declaracións “contra a política israelí”. Poucos meses antes, en Marzo de 2007 John Dugard, relator de dereitos humanos da ONU para os territorios ocupados, acusara a Israel de aplicar en Gaza e Cisxordania “práticas proprias do colonialismo e do apartheid”. Que cadaquén tire as súas proprias conclusións.

NORMALIZACIÓN

A Mesa denuncia que se recrimine o uso do galego nun hipermercado da Coruña
Carlos Callón, presidente desta organización presentn varios casos de acoso laboral por cuestións de lingua.

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou hoxe novos casos de discriminación lingüística entre eles a unha empregado dun hipermercado da Coruña á que un xefe de sección recriminoulle que se dirixise aos clientes en galego, coa frase: «¡Burricana, non fales linguas menores!».
Estas son xa corenta as queixas de acoso laboral por cuestións de lingua presentadas ante a Mesa nos últimos dous anos, segundo o presidente desta organización, Carlos Callón, que hoxe ofreceu unha rolda de prensa na Coruña.
Outro membro da Mesa, Fran Rei, sinalou que un cidadán denuncio tamén que lle devolveron un escrito presentado nun centro de Pontevedra dicíndolle que se quería ser atendido debería redirixilo ao mesmo en castelán.
Callón declarou que segundo a lexislación vixente »a discriminación por cuestións de lingua esta penada« e subliñou que os casos que lle chegan á Mesa son »moi limitados, sabemos que son só a punta do iceberg«, e aínda así nos últimos dous anos levamos rexistrados corenta casos de mobbing lingüístico», porque nalgunhas ocasións este tipo de acoso pode chegar ao despedimento laboral.
O presidente da Mesa pediu medidas para solucionar esta situación e dirixiuse á secretaría xeral de Política Lingüística, «que ten que deixar de ser a vea adormentada da Xunta de Galicia».

viernes, 15 de febrero de 2008