ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 20 de julio de 2008

AGORA QUE O POSITIVO ESTÁ DE MODA



Arximiro Blanco, libreiro e ex ciclista
‘Vender bicis non é máis doado que vender libros’


É propietario da libraría Mendinho e foi ciclista profesional. Cando corría unha Vuelta a España mantivo unha polémica con Fraga e recriminoulle ao daquela residente que patrocinase equipos que non levaban galegos nas súas filas. Chámase Arximiro Blanco Costas.


Eu pensaba que cando un ciclista se retiraba montaba unha tenda de mountain bikes!
Pois mira por onde que eu montei unha libraría. Non sei se son cousas do destino ou se máis ben que sempre me tirou o libro.
Que terá que ver unha bici cun libro!
Moito e nada. O ciclismo ten moita plástica, épica e creación: coma un libro. Despois, como profesional, implica esforzo físico, mentres que un libreiro require esforzo intelectual.


Non me diga que non é máis doado de vender unha bici que un libro!
Tampouco corren bos tempos para o ciclismo. As vendas de bicicletas van parellas aos éxitos deportivos dos ciclistas galegos e españois. Supoño que agora venderanse máis, aínda que corren uns tempos nos que este deporte é moi atacado.


Nos últimos anos, o ciclismo está moi manchado de drogas.
Penso que non. É o deporte que máis controis contra o doping soporta. Hai actividades que non teñen ningún, mentres no ciclismo chegan a niveis de indecencia, como erguerte ás catro da mañá e facerche unha análise de sangue. Os medios de comunicación deberían reflexionar sobre os ataques ao ciclismo.Por sorte, o que vexo é que nas estradas hai moito público.


Vostede foi ciclista profesional, nunca se dopou?
Corrín 21 anos, desde os 7 aos 28. Sometéronme a moitos controis e nunca din positivo.


Sen ánimo de ofender, tampouco gañou ningún Tour.
Pero si algunhas carreiras profesionais.


A Pereiro recoñecéronllo un ano despois de gañalo.
Estas cuestións moitas veces acaban resolvéndose nos despachos. Custoulle moito pero supoño que a satisfacción de conseguilo compensa. Ademais, no seu foro interno, seguro que desde o primeiro día sentiuse o gañador.


A vostede tamén lle van as empresas complicadas, non acepta calquera rival. Fraga foi un deles.
Iso foi unha anécdota. Nunha Vuelta a España o diario El Mundo recolleu un titular meu que dicía: Galiza é o máis importante para min. Fraga mandoume unha carta agradecendo a miña galeguidade e eu respondinlle, cortesmente, con outra na que lle dicía que el era o culpábel de que eu estivese emigrado en Portugal nun equipo profesional, cando o Xacobeo estaba a patrocinar o equipo Kelme, que non levaba ningún galego. Naquela Vuelta só eramos dous galegos: Xesús Blanco Villar e máis eu.


E como ve este Tour?
Estou a seguilo por internet porque coincide coa Feira do Libro. É un Tour aberto. Destacaría a Carlos Sastre para figurar no podio. O vencedor? Non o sei. Hai que agardar polos Alpes.


Ou sexa, a Feira do Libro é un estorbo.
Non. Mais pertenzo á directiva da Federación Galega de Libreiros e á local de Vigo, e correspóndenos organizar o evento. Dá traballo, pero o libro ten que saír á rúa aínda que sexan dez días ao ano. Parece que a cidadanía ten reparos para entrar nas librarías.l

viernes, 18 de julio de 2008

CAMIÑANDO

OS DOUS PASADOS FINS DE SEMÁN APROVEITEI O POUCO TEMPO DO QUE DISPUXEN,MOI O MEU PESAR,PARA PERCORRER CA MIÑA CÁMARA O TRAMO DE CAMIÑO FRANCÉS QUE TRANSCORRE POR TERRAS MELIDENSES.DEIXOVOS AS FOTOS ENRIBA.AGARDO QUE VOS GUSTEN.

EL CATALÁ,LLENGUA COMUNA


"El català, llengua comuna"
Os inmigrantes de Cataluña queren que se lles fale en catalán
Amplo apoio, até 23 asociacións representativas da inmigración asinan, para unha iniciativa que promociona o uso do catalán como instrumento de integración.


Nestes tempos de manifestos e de declaracións a prol dunha ou doutra lingua, en Cataluña véñense de pronunciar os inmigrantes. 23 asociacións de ecuatorianos, guineanos, senegaleses ou marroquís entre outros defenden a 'construción dunha sociedade xusta e cohesionada baseada na diversidade lingüística'. Ofrecen as súas linguas para enriquecer, e mesmo piden aos castelánparlantes que se dirixan a eles en catalán. Este manifesto, que se articula en dez artigos, reivindica o dereito dos inmigrantes a servirse do catalán como elemento de integración. Así, falan da importancia de utilizar a lingua propia do país de chegada, como xeito de recoñecemento mutuo e de non exclusión. Manifesto e vídeo Este articulado é o resultado de catro anos de traballo entre os colectivos que o veñen de asinar. Pero ademais, no marco da mesma iniciativa presentouse un vídeo da campaña, que é unha reportaxe dos actos celebrados na festa de Sant Jordi do 2008 en Barcelona por parte dos colectivos de inmigrantes e outras organizacións de apoio. O manifesto vén de ser presentado de xeito oficial nun acto que contou coa presenza e compromiso de políticos e representantes do mundo social catalán. Entre eles, estiveron o presidente do Parlament, Ernest Benach, o ex presidente da Generalitat, Jordi Pujol, o presidente de ERC, Joan Puigcercós, ou o dirixente de CIU, Francesc Homs. As organizacións asinantes son as que seguen: Asociación de Mulleres Ecuato-guineanas E'Waiso Ipola, Asociación de Profesionais Bolivianos en Barcelona (APBB), Associació Catalana de Residents Senegalesos, Associació d'Amics del Poble Marroquí (ITRAN), Associació d'Estudiants i Investigadors Xinesos de Catalunya, Associació de Dones Amazigues Tamettut, Associació de Tallers Afrocatalans (ATAC), Associació de Treballadors Pakistanesos, Associació de Treballadors Immigrants i Marroquins de Catalunya (ATIMCA), Centre Cultural Islàmic Camí de la Pau, Centro Boliviano-Catalán, Comunitat Palestina de Catalunya, Cornellà Sense Fronteres (membre del grup Agraw Amazic N Katalunya), El Mirador dels Immigrants, Els Altres Andalusos, Espazo Galego dos Països Catalans, Federació d'Associacions Americanes de Catalunya (FASAMCAT), Federació d'Entitats Bolivianes a Catalunya (Fedebol), Federación de Entidades Ecuatorianas en Catalunya (FEECAT), Llactacarú (Asociación de Inmigrantes Ecuatorianos en Catalunya para la Solidaridad y la Cooperación), Plataforma per la Llengua, Rede.cat y Veu Pròpia

SIXPAC


As fotos aéreas de toda Galiza na rede .

Política Territorial completará o traballo do Instituto Xeográfico Nacional para tomar ortofotografías dixitais de todo o territorio do país.
A iniciativa terá un custo de case medio millón de euros, 291.000 dos cales serán aportados polo Goberno galego e o resto polo Estado, segundo aprobou hoxe o Consello da Xunta.
O Instituto xa ten tomado fotografías aéreas de 1.333.360 hectáreas e agora a Xunta farase cargo de completar o traballo, co fin de que os contidos poidan ser aproveitados para actualizar o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas
SIGPAC É O NOME DO PROGRAMA

miércoles, 2 de julio de 2008

dialectos

Springfield felicita en portugués a un mozo galego
A cadea respóndelle nun correo que a lingua galega é un dialecto do castelán que non coñecen porque «están en España».

Carlos Bollaín Grandal quedou sorprendido cando a cadea Springfield lle enviou con motivo do seu aniversario un cartón de felicitación en portugués. Segundo conta a Lavozdegalicia.es escribiu á cadea para expresar o seu descontento por parecerlle unha «falta de respecto e unha ofensa para todos os galegos». Preguntáballes tamén se non coñecían cal era a lingua galega.
A esta protesta respondeu o departamento de mercadotecnia de Springfield asegurando que se trataba dun erro ao emitir os e-mails» e que en ningún momento quixeran faltar ao respecto a ninguén. Iso si, puntualizaban que non sabían galego «xa que estamos en España».
Unha resposta que aínda indignou máis a Carlos Bollaín que recordou á cadea que o galego, do mesmo xeito que o catalán e o eúscaro, son linguas recoñecidas no territorio español. Springfield contestou finalmente que xa sabían perfectamente que «son dialectos do castelán».