ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 27 de marzo de 2008

Hipócritas:típico do PSOE

O PSdeG defende que a retirada de símbolos franquistas non afecte a "centros de prestigio" ou lugares dedicados a Fraga

O portavoz parlamentar do PSdeG, Ismael Rego, propuxo a idea de limitar nalgúns casos a retirada da simboloxía franquista dos edificios da Xunta, que aprobou onte o pleno do Parlamento, para "non ir en contra" de "centros públicos de prestixio" ou de lugares dedicados ao ex presidente da Xunta Manuel Fraga. Así, Rego asegurou que "non dicimos que non haxa que mover ficha, pero os galegos non debemos facer cousas que vaian en contra dos nosos intereses" e manifestouse partidario de aplicar "con coidado e con responsabilidade" esta iniciativa, aprobada por BNG e PSdeG no Parlamento. Deste xeito, Ismael Rego apostou por que a retirada da simboloxía fascista non afecte a "centros de referencia e de excelencia" e, en concreto, aludiu ao nome dun centro hospitalario "importante" que "haberá que xestionar con coidado", en referencia ao Hospital Juan Canalejo da Coruña.

Trato especial para Fraga:
Así mesmo, considerou que o nome de Manuel Fraga non debe ser retirado dos lugares dedicados ao ex xefe do Executivo autonómico e avogou por estudar "caso a caso" o cambio de nomenclatura dos símbolos que fagan referencia á ditadura. O portavoz parlamentario tamén recomendou aos populares que "perdan a vertixe a condenar o franquismo". Con todo, manifestou que neste asunto "hai espazos para o encontro" cos populares se manteñen o discurso que pronunciou na sesión plenaria o deputado Agustín Baamonde, que tildou de "boa intervención".

Espionaxe


A Garda Civil collerá datos dos coches que leven o distintivo GZ.O Movemento polos Dereitos Civís asegura hai documentos internos do corpo militar que dan esta directriz. Nos cursos de formación interna da Garda Civil recoméndaselle aos axentesque tomen datos dos coches que levan adhesivos de GZ. Segundo o Movemento polos Dereitos Civís(MpDC), nun curso para axentes en Pontevedra, os formadores repartironfollas nas que aparecían adhesivos de GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella ou o escudo de Castelao coa lenda “antes mortos que escravos”. Dende a Garda Civil identifican estes símbolos como propios do “Movemento de Liberación Nacional Galego” (MLNG).No mesmo informe, relaciónase co chamado MLNG a estas organizacións: PRE.S.O.S, Ceivar, AMI, Briga, Adiante, Coordenadora de Asembleas de Estudantes da USC, Agir, Grei, EI, Nós-UP, FPG, CUT, Galiza non se vende, Mulheres Nacionalistas Galegas, A Marcha Muncial das Mulleres, Fazendo Memoria Histórica, Agrupación de Montaña Augas Limpas, Erva, Quercus, SCD Condadoe AC Caleidoscopio. Segundo a denuncia do MpC cada unha destas organizacións ou colectivos aparece indentificados con logotipos para“facilitar o recoñecemento por parte dos axentes”. Noutro documento aparece información sobre diferentes centros sociais.Cara o final do informe aparecen fotos de persoas na rúa. O MpDC destaca que aparece un particular fotografado baixo o epígrafe de “interese policial”, a pesar de que non pesa sobre o mesmo ningún delicto. O MpDC cre que a Garda Civil debe dar explicacións públicas xa que “a creaciónde bases de datos paralelas é ilegal
O MpDC repartirá 5.000 autocolantes coa GZ para animar aos galegos a que se convertan en “sospeitosos”
Despois da polémica xurdida tras coñecer as actuacións da Guardia Civil a respecto dos galegos que portan simboloxía nacionalista, o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) anima a toda a sociedade galega a formar parte do grupo de “suxeitos sospeitosos” de pertencer ao Movimento de Liberación Nacional Galego, (“o segundo maior problema de terrorismo en España”, segundo a Guardia Civil), coa finalidade de manifestar o seu rexeitamento contra esta actitude criminalizadora e contraria ao dereito. Para levara cabo esta iniciativa, Dereitos Civís repartirá 5.000 adhesivos co identificativo GZ, que se poderán recoller no local da asociación a partir da próxima semana. Do mesmo xeito, o MpDC anima a todos colectivos e locais sociais que aparecen no listado a sumarse á iniciativa e distribuír entre os seus socios e usuarios autocolantes con simboloxía nacionalista. Dereitos Civís lembra que a creación de bases de datos paralelas e na que se están incluíndo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal. Por este motivo agarda que a respota do Goberno galego á pregunta presentada polo deputado do BNG Bieito Lobeira aclare a existencia desta clase de “actividades formativas”, así como se se tiña coñecemento das mesmas ou quen ordenou levar a cabo as xornadas, das que alomenos o MpDC ten constancia que se celebraron en Pontevedra, e con que finalidade se gardan eses datos.

martes, 25 de marzo de 2008

QUE PASA CO VOTO EMIGRANTE

O Bloque pedirá máis investimentos e pasos para a reforma do voto emigrante
O secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, recibe este mércores ao nacionalista Francisco Jorquera.

O deputado electo do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, comezará este mércores as negociacións con Xosé Blanco, secretario de Organización do PSOE. O socialista prosegue así os contactos cos grupos políticos para lograr que Rodríguez Zapatero teña suficientes apoios para a súa investidura como presidente, logo de que este martes se reunise con representantes de CiU e PNV. No Bloque confían en que os dous parlamentarios nacionalistas sirvan para forzar unha negociación co PSOE: “Nós cremos que imos estar en todas as quinielas”. Pero cales son as bazas que vai pór enriba da mesa Jorquera? As principais peticións dos nacionalistas a un goberno de Zapatero pasan por compromisos concretos en materia de investimentos, en aumentar os cartos destinados a materia social e o desbloqueo da “conomía produtiva”. Segundo fontes nacionalistas consultadas por Vieiros, vai ser decisivo que o PSOE mostre cambios na súa postura acerca do naval e do sector leiteiro. Outro dos asuntos que lle vai demandar Jorquera a Blanco é que se dean pasos para a reforma do voto emigrante.

RARO,RARO

Romay Beccaría métese promotor inmobiliario
O home forte do PP coruñés promove canda un seu irmán 23 chalés no municipio de Oza dos Ríos.


Aos seus 74 anos e logo dunha vida enteira dedicada á política profesional, Xosé Manuel Romay Beccaría decide probar sorte no mercado inmobiliario. O ex conselleiro, ex ministro e sempiterno barón do PP na provincia da Coruña promove a construción de 23 chalés no municipio de Oza dos Ríos, onde goberna tamén a formación conservadora. O xornal La Opinión de A Coruña, sinala que o dirixente conservador ten como socio no proxecto a un seu irmán, Xulio Romay Beccaría, un coñecido avogado de Betanzos. As vivendas edificaranse no lugar do Castiñeiro, sobre un terreo de 21 mil metros cadrados de chan urbano non consolidado.

jueves, 20 de marzo de 2008

Esto son españois

Se tedes tempo e vos apetece premede no video situado na cabeceira e que narra as aventuras do equipo vasco en terras españolas.Quitade as vosas propias conclusións.

O PAZO DE MEIRAS


A CRMH dille aos Franco que "non son ben recibidos"
"Xa gozaron anos da propiedade, agora deben devolverlla ao pobo"
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica agarda que a recente sentenza sexa inicio dun camiño que leve á recuperación do pazo de Meirás "para o patrimonio público".

"Ningún país democrático pode certificar como legal este modo de conseguir unha propiedade, e moito menos que á morte do ditador Franco continúe en poder da súa familia", denuncian desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, CRMH. O colectivo coruñés recorda que o pazo de Meirás foi comprado "grazas a contribucións forzosas" que nalgunhas ocasións incluíran descontos nas nóminas de traballadores a xeito de "imposto revolucionario". "A familia Franco xa disfrutou durante moitos anos desta propiedade e agora debe devolvela aos seus lexítimos propietarios porque non é súa", solicitan, advertindo de que mentres continúe esta "auténtica ocupación", os Franco "deben saber que non serán ben recibidos nin en Meirás, nin en A Coruña, cando veñan á Casa Cornide". "É unha auténtica vergoña que o pazo de Meirás só sexa utilizado por Carmencitas, Francis, etc. para celebrar banquetes, vodas e bautizos", láianse. Manuel Monge, presidente da CRMH, felicita a nova da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que lle permite a entrada ao pazo aos técnicos da Xunta, e di confiar en que isto sexa "o comezo dun proceso, non do final". Xa que logo, a CRMH subliña que o obxectivo final e cara ao que seguirá pedindo a mobilización social é que o pazo de Meirás "pase a engrosar o patrimonio público e poida ser gozado polo conxunto dos cidadáns".

martes, 18 de marzo de 2008

AGORA SI

Feijoo pide que se aborde de urxencia a reforma do voto emigrante tras o envorco electoral sufrido no exterior

O envorco electoral producido entre os galegos residentes no estranxeiro, onde o PSDEG se alzou o 9-M co 61,5% dos votos fronte ao 35,6% obtido polo PPdeG, provocou onte un airada reacción do líder dos populares, Alberto Núñez Feijoo, que solicitou a convocatoria urxente do relatorio parlamentario que estuda a reforma deste sistema de voto, relatorio que leva catro meses paralizada.
Feijoo considera que é «máis necesario que nunca» abrir unha profunda reflexión sobre o modelo de participación dos electores do exterior, pois na súa opinión é moi rechamante que se producise un envorco nestas eleccións cando fai catro anos a situación foi a inversa: o PPdeG gañou claramente, co 58,6% dos votos, mentres a marca do PSOE situouse no 33,5%, é dicir, 28 puntos menos que agora.
Entre unha e outra data, manifestou Feijoo, produciuse algunha que outra actuación «excepcional» do PSOE e do Goberno de España. O líder do PPdeG citou o nomeamento do ex deputado socialista Miguel Cortizo como embaixador especial para a coordinación das relacións cos emigrantes en Iberoamérica, entre tanto a Xunta nomeaba á ex deputada María Xosé Porteiro como delegada en Buenos Aires. Feijoo insistiu en que, en paralelo, houbo unha «profusión» de medios do PSOE -que en campaña levou a súa publicidade en avioneta e autobuses en Buenos Aires- que non ten precedentes «nos 30 anos de democracia».
Ao termo da reunión do grupo parlamentario do PP, o líder da oposición puntualizou que todos estes elementos xustifican que se aborde de xeito «inmediato» a reforma do voto exterior co fin de garantir polo menos que os emigrantes voten en urna. é máis, Feijoo subliñou que «non hai nada máis urxente» que garantir a limpeza do voto emigrante e confía en que o BNG «convenza» aos seus socios da Xunta da necesidade da revisión.
O relatorio do voto emigrante constituíuse en maio do 2007. Un mes máis tarde, o BNG abandonouna de forma airada, denunciando a existencia dun pacto entre o PP e o PSOE para non cambiar nada. En novembro volveuse a retomar. O BNG presentou a súa proposta de reforma, pero non se convocaron máis reunións.

PATERNIDADE

O 25% das probas de paternidade arroxan un resultado negativo.

O 25% das probas de paternidade arroxan un resultado negativo: dan a razón a un de cada catro homes dubidosos sobre a existencia dun lazo biolóxico cun menor.
Así o reflicten os resultados de máis de 200 análises realizadas pola empresa biotecnológica Bionostra co obxectivo de confirmar as relacións biolóxicas de proxenitores e fillos.
En declaracións a EFE, a bióloga Ana Carmen Martín, que traballa nesta compañía, «a alta incidencia» de casos nos que o pai resulta que non é tal débese, entre outros motivos, ao «aumento da emigración que separa e distancia ás familias».
Outro factor que inflúe é a intensa vida laboral que levamos: «pasamos máis tempo no traballo que en casa, e isto ten as súas consecuencias», engadiu Martín.
O motivo polo que máis se solicita a Bionostra unha proba de paternidade é «a desconfianza que senten os homes respecto da fidelidade das súas mulleres».
Outra razón frecuente constitúeo o pago de pensións tras un proceso de divorcio, xa que «hai moitos casos nos que o pai quere comprobar a súa paternidade antes de pagar unha pensión ao neno».
Tamén son causas habituais as herdanzas ou as reagrupaciones familiares de inmigrantes.

miércoles, 12 de marzo de 2008

PUROS E CASTOS

Vaticano Ser rico agora é pecado
A Igrexa católica divulgou a lista dos novos sete pecados capitais.


A partir de agora ser rico é un pecado, particularmente un dos novo sete pecados capitais, divulgados pola Santa Sé este fin de semana. Segundo publicou o diario oficial do Vaticano «Osservatore Romano», o que enriqueza «ata límites obscenos a expensas do ben común» irá ao inferno.
Ademais, realizar manipulacións xenéticas, levar a cabo experimentos sobre seres humanos, incluídos embrións, contaminar o medio ambiente, provocar inxustiza social, causar pobreza e consumir drogas son os outros seis pecados capitais, que parecen substituír aos tradicionais (luxuria, gula, avaricia, preguiza, ira, envexa e soberbia) enumerados polo Papa Gregorio I fai 1.500 anos.
O Vaticano decidiu así modernizar a lista cara aos chamados pecados sociais. Nunha entrevista titulada «Novas formas de pecado social», o bispo Gianfranco Girotti, encargado de facer publica a nova lista, asegura: «Non só se ofende a Dios roubando, blasfemando ou desexando á muller do teu próximo».
Na nova lista, a ecoloxía, ten relevancia significativa. «Os pecados da actualidade teñen unha resonancia social ademais dunha individual», destaca. «é máis importante que nunca prestar atención aos nosos pecados», conclúe.
Os novos pecados capitais:
Non realizarás manipulacións xenéticas.
Non levarás a cabo experimentos sobre seres humanos, incluídos embrións.
Non contaminarás o medio ambiente.
Non provocarás inxustiza social.
Non causarás pobreza.
Non te enriquecerás ata límites obscenos a expensas do ben común.
Non consumirás drogas.

MANDAR MANDA NARICES CON ESTOS TIOS:
QUE MAIOR INXUSTIZA SOCIAL HAI QUE PERMITIR QUE A DIARIO MORRAN CENTOS DE PERSOAS EN ÁFRICA POR NEGÁRSELLES O USO DO PERSERVATIVO?.QUEN EXPERIMENTOU TANTO COS SERES HUMÁNS COMA A INQUISICIÓN?...
FAI POUCO ESTIVEN EN ROMA,ENSINAREIVOS AS FOTOS,E NON VOS PODEDES IMAXINAR A CANTIDADE DE RIQUEZAS QUE ACUMULAN NO VATICANO.ESTO NON FOI A EXPENSAS DO BEN COMÚN?

MAIS CULTURA E MENOS EMPANADA

Bugallo asegura que a viaxe a Cuba custou o mesmo que un patrocinio de Luís Miguel encargado polo PPdeG
A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, puxo onte de manifesto que se gastou na participación galega na Feira Internacional do Libro da Habana no mes de decembro pasado "case exactamente ou mesmo custo" que o Goberno anterior do PPdeG ao patrocinio publicitario dunha xira do cantante Luís Miguel en 2004.Nunha comparecencia parlamentar para falar sobre a internacionalización da cultura galega, recriminou que "esta era a forma de proxección internacional da cultura do PP", ademais de facer viaxes institucionais ao exterior "con polbo e empanada" para "conseguir votos a costa da fame e as necesidades que alí puidesen existir" mentres que o actual Goberno leva "libros, música e teatro e aos nosos escritores".Por iso, reclamou para a cultura galega "ou mesmo respecto" que se deu á presenza da española na anterior Feira da Habana de 2001, cando gobernaba José María Aznar.Bugallo foi subindo o ton á hora de responder ás críticas vertidas polo portavoz de Cultura do PPdeG, Ignacio López-Chaves, quen insistiu en reclamar os contratos e as facturas desta viaxe á Habana e acusouna de "ocultar datos", "enganar coas cifras" e de "gastar diñeiro como unha nova rica".A titular de Cultura recorreu ás valoracións realizada polo propio sector, citando a Manolo Rivas, Víctor Freixanes ou Suso de Touro, sobre a viaxe a Cuba para constatar o "éxito" da delegación e asegurou a López-Chaves "igual que a Jiménez Losantos" que neste país "xa non se discrimina a ninguén", en referencia aos artistas, mentres que en tempos do "franquismo e ou fraguismo" había "listas negras e cazas de bruxas que non concordan para nada co sistema democrático".

CULTURA

O sector do libro respóndelle a López Chaves
Varios colectivos relacionados coas industrias da edición emiten un comunicado en que salientan o 'desprezo á cultura' do deputado popular e a vontade 'electoralista' das súas acusacións.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de profesionais da Ilustración (AGPI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) enviaron hoxe un comunicado en que critican as acusacións lanzadas por Ignacio López-Chaves a semana pasada. O deputado popular consideraba esaxerado o investimento económico e humano, acusou á Consellaría de Cultura de viaxar a Cuba "cun séquito superior ao dun xefe de Estado" e de escoller aos persoeiros da cultura que integraron a representación galega na Feira Internacional do Libro da Habana baseándose en afinidades ideolóxicas. Os colectivos asinantes lamentaron que o parlamentario popular "non valore o feito histórico de que Galiza fose por primeira vez país invitado nun evento cultural de tal magnitude"."Supón un inaceptábel desprezo á cultura en xeral e aos que representamos á cultura do noso país, en particular", afirman, amais de recalcaren que as persoas que formaron parte da delegación "foron á Cuba polas súas capacidades literarias, artísticas e profesionais contrastadas e doadamente verificábeis". Tamén lembran que o Partido Popular sabía de antemán canto era o orzamento dedicado ao evento, e puido presentar enmendas no seu momento. Facelo agora, segundo o comunicado, evidencia "a pretensión de crear dúbidas na cidadanía no contexto da recente campaña electoral".

miércoles, 5 de marzo de 2008


pero non era unha lingua menor??

O candidato do Partido Popular á presidencia do Goberno estatal, Mariano Rajoy, empregou a lingua do país para responder a unha xornalista lusa despois do debate que o enfrontou onte co líder socialista Rodríguez Zapatero.Malia que no debate televisado Rajoy criticou o uso das linguas oficiais das autonomías, despois do 'cara a cara' empregou o galego. Unha informadora lusa preguntoulle como ían ser as relacións entre España e Portugal se el chega á presidencia do Estado. Daquela, Rajoy comezou a responder en castelán e finalizou en galego: “fantásticas porque yo soy gallego y vivo a trinta quilómetros de Portugal; Valença do Minho, Caminha, Viana do Castelo coñézoo moi ben”.

lunes, 3 de marzo de 2008

peperos escozios


asasinos




As tropas israelís retiráronse esta mañá da Franxa de Gaza logo de cinco días dunha violenta ofensiva que deixou tras de si un regueiro de sangue de aló menos 115 persoas mortas.Este último balance, segundo datos da axencia Maan, inclúe a sete palestinos que morreron hoxe no campamento de refuxiados de Jabalia durante catro redadas diferentes, que ademais provocaron cuantiosos danos materiais.Segundo a Maan, a aviación israelí e escuadróns da Mariña mataron a sete activistas, seis dos cales estaban afiliados ás Brigadas Al Qassam, brazo armado de Hamás, mentres que o outro pertencía ás Brigadas An Naser Salah Addin, dos Comités de Resistencia Popular.Fontes médicas palestinas confirmaron as mortes tamén de tres milicianos de Hamás en Jabalia, no norte da Franxa de Gaza. Antes de retirarse, o Exército israelí tamén atacou as oficinas do Consello Lexislativo (Parlamento) en Jan Yunes, no sur, ferindo a cinco persoas.Con estas últimas mortes, o balance de vítimas desde que comezou esta ofensiva o pasado mércores elevouse a 115, segundo cifras do Ministerio de Sanidade. Un terzo dos falecidos son nenos e outras 320 están feridas.