ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 24 de agosto de 2008

APAGA TELE 5

A canle de televisión Telecinco adheriuse hoxe ao 'Manifesto pola lingua común', que o pasado 23 de Xuño presentou un grupo de intelectuais en Madrid.A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se encontran Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o castelán sexa a lingua oficial de todo o territorio e a única 'que poida ser utilizada polos seus cidadáns'.Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Ademais, Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos podemos!

domingo, 17 de agosto de 2008

ANALFABETO

Sergio González: "O galego é coma o asturiano. Non son idiomas. Eu creo que son dialectos"
Nunha entrevista publicada o domingo no xornal dependente do clube coruñés, o xogador, nacido en Hospitalet, métese no mar sen roupa de augas.

A conversa, publicada en tres páxinas e en cen preguntas, deu para moito. Política, matrimonio homosexual, cafe ou té..., pero a declaración máis rechamante do centrocampista do Deportivo chegou na pregunta 40. 'Cantos idiomas fala?', "Ben, só o castelán". 'O catalán tampouco?', "Si, pero o catalán é un dialecto, non é un idioma, igual que o galego. É coma o asturiano. Eu creo que son dialectos, non os considero idiomas".

miércoles, 13 de agosto de 2008

Olimpicos


HUMILLACIÓN

Humillación no Pazo dos Deportes de Ourense:
Expulsado do Pazo dos Deportes de Ourense, durante o partido de baloncesto da selección española e a arxentina, "pola policía nacional española, simplemente por pendurar unha bandeira galega nunha varanda".
As forzas de in"seguridade" españolas (policía nacional) expulsan do palacio dos deportes de Ourense a unha persoa polo simple feito de colgar unha bandeira galega coa estrela vermella "Estreleira" no partido que xogou a selección española contra a arxentina o pasado sábado 26 de Xullo (un día despois do día de Galiza).

Esto faime lembrar aquel famoso partido da final da copa do rei Depor-real madrid(o centenariazo) o que acudin cuns cantos compañeiros.Aquel día non o esquecerei xamais pois tiven que deixar a miña bandeira nos despachos da policía nacional para poder entrar ó campo,sentinme humillado.Comprometéronse a voltarma,aínda hoxe estou esperando.
O mellor era ver entrar sen nengún tipo de represalia os ultras do real madrid,ben ataviados cas súas esvásticas e bandeiras falanxistas...En fin,cada quen que quite as súas propias conclusións

Comandante











Identifican os restos do Comandante Moreno :

Unha antropóloga forense da ARMH identificou os restos óseos atopados, esta primavera, nunha foxa na Fonsagrada.


Os restos de Xosé Moreno Torres, coñecido como o comandante Moreno, membro do Batallón Galicia, asasinado por pistoleiros falanxistas na Fonsagrada, en 1937, foron, finalmente identificados.




A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) enviou un comunicado no que revelan que a súa colaboradora, a antropóloga forense Roxana Ferllini, concluíu os seus labores de estudo dos restos óseos que, se sospeitaba, puidesen pertencer ao Comandante Moreno e que foron exhumados a pasada primavera na Fonsagrada.
Os testemuños orais dos dous homes que, sendo nenos, tiveron que inhumar o cadáver, xa sinalaban o lugar exacto e a posición na que fora soterrado Moreno: estaba el só, en posición perpendicular á estrada e separado, uns metros do resto do grupo, membros, todos eles, do Batallón Galicia. As pezas dentais de ouro (que aínda conservaba e que non eran demasiado habituais naquela época), a estatura, a idade e algunhas características físicas foron determinantes para que a antropóloga Ferllini (con experiencia en misións especiais da ONU en Ruanda e Cosova) determinase a identidade do Comandante.

O Batallón Galicia: memoria de loita :
En setembro de 1936 creouse e comezou a se adestrar militarmente un grupo antifascista na avanzada galega cara Asturias, o que sería coñecido como Batallón de Milicianos de Galicia. Na unidade alistáronse moitos galegos residentes na raia galego-asturiana ou que conseguiran chegar até alí antes do 18 de xullo de 1936.
O 9 de xaneiro de 1937 uníronse a eles vintetrés destacados militantes libertarios galegos que conseguiran chegar ao porto de Xixón tras saír do das Xubias, na Coruña, nunha lancha pesqueira a motor, á que eles mesmos chamaban "La Libertaria". Entre os fuxidos estaba Emilio Novas Naya, Odilo Masid Masid e Xosé Moreno Torres, quen, uns meses após a chegada á Fonsagrada ía ser nomeado comandante da unidade.

De panadeiro a Comandante:

Xosé Moreno Torres era, antes do levantamento fascista, panadeiro na Coruña e militante da CNT, nun tempo no que máis da metade dos traballadores da cidade herculina levaban no peto carnés do sindicato vermello e negro.
Cando comezou a Guerra Civil, Xosé Moreno Torres, destacado militante anarquista, comezou a traballar na organización da resistencia na Coruña. Cando Galiza foi caendo, Moreno fuxiu aos túneles do ferrocarril, agochado dos falanxistas que o buscaban para asasinalo. Despois chega a memoria da fuxida en "La Libertaria", a resistencia na fronte asturiana e castelá, e a retirada cara o norte, nos montes da Fonsagrada, no Alto do Acebo, onde os emboscaron (contan que ao Comandante e a un grupo de 16 homes).
Moreno levaba unha "guerreira de coiro", (das coñecidas como de aviador) e un reloxo do ouro que, anos despois cantaban as coplas, terminaron no armario e no pulso dalgún dos falanxistas que lle disparou, no Alto do Acebo. Hai disto máis de 70 anos. Hoxe sabemos onde estaba soterrado e quen era el.
Ao Comandante Moreno aínda lle queda familia en México. Cando comezaron as escavacións das foxas da Fonsagrada, en agosto de 2007, os familiares de Moreno viaxaron para acompañar os voluntarios da ARMH neste labor.

Moncho reboiras:33 anos sen ti


Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 na parroquia de Imo, no Concello de Dodro, nunha familia labrega que como tantas na nosa Patria, tivo que trasladarse á cidade en percura de mellores condicións de vida.
En Vigo e mentras o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacherelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros, cun breve periodo de traballo na construción cando tiña 15 anos. Pouco a pouco vai sentindo no seu propio corpo a opresión nacional de Galiza: o baixo nível de vida do agro, a superexplotación, o conflito lingüístico… tomando conciencia do asoballamento colonial do noso povo.
Posteriormente matricúlase na Escola de Inxeñeria Industrial de Vigo, onde se titula con moi boa calificación. Xosé Ramón, que contaba con grandes simpatías no ambiente estudiantil pola súa seriedade profisional e o seu compañerismo, desempeña un papel moi activo nas reivindicacións do estudantado naqueles anos e na defensa da cultura e dos intereses do povo galego. Daquela é un dos fundadores da revista “Des…tornillo” que desempeñou un grande papel de concienciación; formando parte do grupo cultural “O Castro” que aborda –dentro das dificuldades daquel tempo- o problema nacional galego; e no ano 1969 ingresa como militante na UPG.
Rematada a carreira, é becado pola Escola para facer un traballo de especialización en “Asteleiros Barreras” – xeito de explotar aos recén titulados-, alí convive coas masas obreiras e ten ocasión de coñecer a explotación capitalista, situación que aproveita para estudar a fondo os mecanismos utilizados pola patronal (xefes, confidentes..), así como o xeito de combatilos. Neste tempo, 1972, ten lugar a Folga de Setembro e Moncho xoga nela un grande papel revolucionario, tanto de combate como de organizador.
Perdida a beca por esta causa e entregado de cheo á loita pola liberación da Galiza, traballa en “Alvarez” de Vigo, tendo que deixalo por razóns de saúde xa que ao estar operado de pleuresía o ambiente da fabrica éralle moi perxudicial. Trasladase entón a Ferrol onde traballa en “Astano” e posteriormente á Coruña entrando como obreiro na plantilla de “Intelsa”.
Moncho procede por este tempo, por encargo da UPG a organizar o Frente Cultural Galego. É en grande maneira o responsábel do que o Frente Cultural foi naquel entón e do importantísimo papel que desempeñou no panorama cultural de Galiza. Por primeira vez existiu unha coordenadora efectiva entre a maioría das Asociacións Culturais de Galiza e o voceiro do Frente Cultural.
Polas mesmas datas, anos 73 e 74 é un dos organizadores dos grupos sindicais –as reunións de traballadores- que orixinarian no ano 75 o Sindicato Obreiro Galego (SOG) logo integrado na Intersindical Nacional Galega e antecesor máis lonxano da actual Confederación Intersindical galega (CIG). E a alma do grupo da Coruña que arredor do voceiro “Xerme” desempeña naquel entón un papel fundamental no camiño cara un sindicalismo especificamente galego. O “Xerme”, dunha extraordinária calidade, crea un novo estilo dentro da prensa obreira en Galiza.
Tamén é Moncho, membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos artífices do que a UPG comenza a ser desde o 1972: unha organización proletaria que tendo como guía da sua acción o marxismo-lininismo, é o motor do movimento nacionalista galego. A expléndida realidade actual do nacionalismo é froito do traballo heróico destes anos. A súa morte tronza moi cedo a traxectoria militante deste dirixente pero o Partido, na súa realidade comunista e patriótica actual, é moi consciente até que ponto é debedor do traballo, do pensamento e da vida de Moncho.
Participou, dentro da liña política acordada pola UPG, nun grupo dedicado a dotar de infraestrutura loxística ao Partido, con accións propias da cladestinidade e frente a un estado fascista. Atopandose en Ferrol, onde se estaba organizando a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto do 75 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañán numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordonaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis que grazas á intervención de Reboiras –o único que estaba armado- lograron fuxir.
Reboiras logra zafarse da policía durante máis de duas horas, conquerindo finalmente esta darlle alcance no portal da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), disparandoo sen opción a outras saidas. A partir dese momento desatase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos Cravos en Abril do 74) dun nutrido grupo de membros da UPG


Amigo, camarada, estrela

vermella-azul-branca no mencer

prometedor da nosa patria,

heroe en tempo de traizón,

corrupción/covardía,

martelo,proletario,remo

con saibo a sal e iodo;

fouce labrega/vingadora;

espiral que vén dendes do

fondo do tempo para abrirse

en claridade e futuro.

Ti eres a pedra mestra

para re-edificar a a nosa casa.

Puideron segarche a vida,

¡ouh, Moncho, meu irmao!,

a – se – si – nar – te.

O que eles non puideron,

nin poderán endexamais,

é arrincar/esmagar a

semente que deixache

esparexida no corazón

do pobo,na vixiante

concencia colectiva e

que xa está a agromar en

patria-ceibe/socialista.

Esta é, ¡ouh, camarada,

amigo e irmao

inesquencíbel!

a túa vin-gan-za,

a nosa vinganza

i-ne-xo-rá-bel.


MANUEL MARÍA(«Poemas para construír unha Patria»,1977)