ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 29 de junio de 2008

Artigo de Carlos callón

“Unha iniciativa fundamental”

Esta sexta feira pasada lembrarase nos anais da historia da nosa cultura. Tras ano e medio de arduo traballo e xenerosas dotacións orzamentarias, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) presentou as primeiras conclusións do seu Observatorio da Situación da Lingua Galega, encargado de realizar inquéritos e grupos de discusión para analizar o que o seu propio nome indica.
O estudo achega novidades de grandísimo relevo, nas que nunca ninguén reparara anteriormente, como a presenza marxinal da lingua do país nos medios de comunicación, na Axencia Tributaria, nas forzas de seguranza do Estado, na administración de xustiza… É comprensíbel que a SXPL non puidese actuar até o de agora en ningún destes campos, porque esta información era fatalmente ignorada. Por fortuna, xa se anunciou que este proxecto permanecerá no tempo e axiña teremos máis estatísticas fresquiñas. Os sociolingüistas do futuro agradecerán estes valiosos detalles sobre como se van apagando as constantes vitais dun idioma. Unha “radiografía sistemática”, como dixo a titular da SXPL, que financia a observación e, cautelosa, segue as indicacións do presidente da Xunta para que non se lle leven menciñas ao doente.
O estudo é totalmente rigoroso e imparcial, como o demostra que a empresa a quen llo encargou a SXPL nin tan sequera ten opción de galego no seu web, no cal por certo está pendurada a páxina deste agardado Observatorio. Non caiamos, porén, na crítica fácil: xa no propio estudo indican que o uso deste idioma nos webs empresariais é máis ben tirando a anecdótico.
Mais non todo é ver o vaso medio baleiro. Nesta investigación conclúese tamén que o ensino non universitario ten un “índice de normalización lingüística” do 88% e o universitario do 72%. Mágoa que esas cifras non coincidan cos datos dos propios centros, que se non a festa sería rachada. A Universidade da Coruña, por exemplo, expuxo este curso que só o 8,9% do seu profesorado ministra as aulas en galego. Xa sei que 63 puntos porcentuais arriba ou abaixo tampouco mudan moito a cousa, mais chamo a atención sobre o tema porque todo ten unha explicación metodolóxica fascinante. Resulta que o estudo da SXPL sobre a situación do galego no ensino pasa por alto unha variábel: a lingua en que se dan as clases. Mais non quero con isto facer unha crítica destrutiva, pois como é sabido non é esa a principal actividade nin función de escolas, institutos e facultades, que ocupan o seu horario noutros asuntos.
O estudo segue co alento optimista en moitos outros ámbitos, como a avaliación da propia Xunta e da administración local, que conseguen un 78% neste “índice de normalización lingüística”. Seguro que en ambos os casos é froito do incansábel e sempre pouco recoñecido labor da SXPL. Sinalan tamén que a atención oral do funcionariado nestas dúas administracións é case sempre en galego, un dato a verdade bastante superfluo, pois xa é algo que todo o mundo sabe e pode observar cando ten que facer calquera xestión.
Perante tan magnífico traballo e plausíbel acción política para a extensión social do galego, eu só quero pedirvos dúas cousas. A primeira, que non confundades o Observatorio da Situación da Lingua Galega co Observatorio de Dereitos Lingüísticos; a segunda, que non vos riades, porque o conto é triste.

viernes, 27 de junio de 2008

LA CORUÑA

“No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña"
A Mesa denuncia ao xuíz decano da Coruña Antonio Fraga por “apoloxía da desobediencia da legalidade” e levará as palabras do maxistrado ao Consello Xeral do Poder Xudicial
A Mesa pola Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, quen nun xuízo celebrado esta semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo 'La Coruña'”, facendo así, entende a Mesa, “apoloxía da desobediencia da legalidade”.
Para este colectivo, as palabras de Fraga son “especialmente graves” ao se tratar dun maxistrado, “quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei”.O presidente desta entidade en defensa da lingua, Carlos Callón, lembra que “cando este xuíz prometeu o cargo, prometeu, entre outras cousas, que ía acatar o ordenamento xurídico, e en particular cumprir e facer cumprir a lexislación”. Dentro do ordenamento xurídico está que o topónimo “A Coruña” é a única forma oficial, tanto por unha lei autonómica de 1983 como por unha lei estatal de 1998.
“A este maxistrado algunhas normas válenlle (as que lle permiten reclamar por inxurias) e outras non (as que determinan a toponimia oficial)”, denuncia Callón, quen tamén se interroga se o cumprimento da lexislación “debe ficar ao arbitrio dos destinatarios” e “que será dos cidadáns normais cando os xuíces manifestan sen pudor que incumpren certas leis”.
O presidente da Mesa pide tamén que se aclare “se hai máis normas legais que este xuíz vulnere sen rubor”.Desde o comezo deste caso, Antonio Fraga Mandián sostivo que se na documentación e no selo do xulgado se utilizaba “La Coruña” se debía a un “erro ortográfico sen importancia”, o cal só pode ser cualificado como “unha actitude cínica”. Ademais, o xuíz decano chegou mesmo a defender nos medios de comunicación ese uso de “La Coruña”. Porén, no desenvolvemento da vista oral nesta semana o maxistrado mostrou que realmente non se debía a un erro, senón a unha vulneración consciente do marco legal pola súa banda, como así ben o testemuñan as súas propias palabras.Lembra a Mesa, a través dun comunicado aos medios, “que este xuízo se produciu porque o maxistrado denunciou a un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este reclamase recibir a súa notificiación xudicial en galego e co topónimo oficial”. Os medios de comunicación recibiron a resposta antes que o veciño e nela Fraga Mandián negáballe os seus dereitos e consideraba o uso de “La Coruña” (na carta e no carimbo) como un “erro ortográfico”. O cidadán criticou a difusión da resposta aos medios, utilizando ademais o seu nome sen o seu consentimento, e considerou o contido coa seguinte declaración literal: “Din os dicionarios que cínico é quen mente para xustificar unha ilegalidade. Isto é o que está a facer o xuíz decano”. O decano presentou a antedita denuncia contra o veciño por inxurias, o cal só pode ser cualificado como “unha tentativa de amedrentar as persoas que quixeren reclamar os seus dereitos lingüísticos perante a Administración de Xustiza, pois converte o exercicio destes dereitos nun feito puníbel e perseguíbel”.

lunes, 9 de junio de 2008

CAMPIÓN


Gómez Noya, campión da Copa do Mundo
Un ouro en Beixín consagraríao definitivamente como unha lenda do deporte nacional e internacional.

O ferrolán Xavier Gómez Noya conseguiu este domingo en Vancouver (Canadá) a súa primeira Copa do Mundo, converténdose no segundo galego en facelo tras o ordense Iván Raña. O gañador de 2004, Bevan Docherty, foi finalmente segundo e o suízo Reto Hug, terceiro. O ferrolán comezou ben a carreira deste domingo. Saíu segundo da auga só superado polo canadense Simon Whitfield. Xa na bicicleta, Gómez Noya mantívose no pelotón de cabeza, formado por 50 corredores, co resto de favoritos, entre estes o campión europeo, o francés Frederic Belaubre. O resto de participantes foron perdendo tempo a medida que avanzaba o percorrido. Unha vez chegaron ás rúas de Vancouver, o xa campión do mundo aínda non contaba cunha vantaxe clara, mais logo de tres voltas algúns dos candidatos a gañar a proba (Gómez Noya, Whitfield e Docherty) destacáronse. Beixín, o último retoA partir de aí, o ferrolán impuxo a súa superioridade, e a carreira converteuse nun paseo para gozar do seu primeiro campionato mundial. Gómez Noya é o primeiro atleta da historia en gañar a Copa do Mundo en categoría absoluta e en sub23. Deste xeito, conquista un título que se lle escapou o ano pasado no sprint, e logo de que xa vencera anteriormente no Mundial e no Europeo, un ouro en Beixín elevaríao definitivamente ao Olimpo do deporte galego e internacional.

POR FIN NOS COPIAN ALGO

Cara ao desenvolvemento do rural
Euskadi fíxase no Bantegal para o despregue do seu banco de terras
Segundo os responsábeis do proxecto, o menor minifundismo e a tradición de mellor coidado de montes, facilitará o seu despregue.
O goberno vasco ten en marcha o seu Programa de Desenvolvemento Rural, PDRS, un proxecto a seis anos elaborado pola actual Consellaría de Agricultura, Pesca e Alimentación, con catro eixos principais: mellora do medioambiente e do contorno rural; calidade de vida na área rural e diversificación económica, enfoque Leader e aumento da competitividade do sector agrícola e forestal. Neste contexto, unha das pezas introducidas nese plan foi a posibilidade de despregar un banco de terras, proxecto concreto no que xa se está traballando. Nesa tarefa, a administración vasca reparou na iniciativa posta en marcha en Galiza pola Consellaría de Medio Rural. Así, Alejandro Cantero, representante da empresa pública vasca IKT, viaxou esta semana a Galiza para coñecer de forma máis profunda o Banco de Terras de Galiza e, en compañía de Cándida Grande, xerente do Bantegal, analizou o funcionamento deste proxecto. Na procura do "relevo xeracional" no agro Segundo lle explicou a Vieiros o responsábel de IKT, trátase dunha vella idea manexada polo goberno vasco e que até o de agora nunca se conseguira levar á práctica. Cantero valora moi positivamente a experiencia galega, e considera que o banco de terras terá en Euskadi unha estrutura moi semellante á do noso país. Así e todo, na súa opinión, o rural vasco ofrece algunhas características que farán máis doada a súa introdución, e destacou nese sentido o menor problema de abandono das terras e o impacto máis reducido do microfundismo. Por outra parte, a necesidade do relevo xeracional e tamén unha preocupación fundamental á hora de poñer en marca o banco de terras vasco. A iniciativa dará os seus primeiros pasos este mesmo ano, coa creación dunha oficina virtual, ao xeito de Bantegal.com, que funcionará en liña como "lonxa de terras". Será despregado en colaboración cos departamentos de agricultura das tres deputacións vascas e de feito podería incluír desde o inicio terreos que estean agora mesmo baixo a titularidade destas administracións. Rápido crecemento en Galiza Aos dous meses da súa posta en marcha, o Banco de Terras pechaba 2007 en Galiza coa suma de 3.500 hectáreas, repartidas en 4.500 leiras que deste modo eran rescatadas do abandono. Estes terreos son ofrecidos baixo réxime de aluguer, non superior a 30 anos nin inferior a cinco. Os prezos estarán vixentes até o 31 de decembro de 2008 e servirán sempre como referencia máxima para as transaccións. Unha hectárea de terreo improdutivo terá un valor máximo de 13 euros anuais, mentres que unha hectárea de viñedo preferente poderá chegar até os 337 euros.

TERRA DE MELIDE

Jaureguízar leva o 'Terra de Melide' con 'O globo de Shakespeare'
Edicións Xerais encargarase de publicar a obra do escritor e xornalista.

O escritor e xornalista Santiago Jaureguízar fíxose este sábado co galardón da edición 2008 do premio de creación literaria "Terra de Melide" coa súa novela O globo de Shakespeare. O xurado estivo composto por Xesus Manuel Marcos, Xaquín Vázquez, Anton Pedreira, Óscar Sánchez e Manuel Bragado.O libro conta como o descubrimento do manuscrito do primeiro 'Hamlet' que levaba perdido dende finais do século XVI nun pazo do Ribadeo do século XXI altera a vida dos seus tres habitantes: o titiriteiro Ricardo, o pintor Leandro e a ama de chaves Celia. Na farsa concorren asemade unha prostituta que continúa exercendo porque se sente soa e un actor secundario de wenstern obsesionado con matar a un ex presidente español porque o goberno que presidía promulgou unha lei do cinema que, na súa percepción, deixouno sen traballo.A obra será publicada por Xerais

CARMELA

Na banca telefónica de Caixa Galicia
Nace a primeira falante artificial de galego

A primeira voz electrónica de galego da Historia valeu 660.000 euros e chámase Carmela. Trátase dun sintetizador quen de ler fluída e correctamente calquera texto na lingua do país. Caixa Galicia acaba de incorporalo á súa banca telefónica.


Imaxe de Loquendo para 'Sonia', un dos seus sistemas de voz
Carmela é o produto de ano e medio de colaboración de Tecnocom, o Instituto da Lingua Galega e a empresa turinesa Loquendo. Esta firma é, canda a norteamericana Nuance, líder no mundo das voces artificiais. Ningunha das dúas compañías traballaba co galego, malia ter dispoñíbel catalán, portugués e castelán. Tecnocom acaba de lograr adaptar a tecnoloxía ao noso idioma.
Os devanceiros Monchiño e Cotovía
O resultado, que se pode probar na rede, é sorprendente. Carmela fala con fluidez, respecta vogais abertas e pechadas e ten mellor entoación que o pioneiro Monchiño, o sintetizador de voz do Centro Ramón Piñeiro e a Universidade de Vigo, hoxe chamado 'Cotovía'. O seu realismo é tal que os sistemas informáticos de Caixa Galicia xa poden recibir ordes vía teléfono para algúns trámites, como recargar o móbil. A entidade prevé que toda a súa banca telefónica use o sistema en setembro.
Lograr que a tecnoloxía de Loquendo funcione en galego esixiu moitos cartos –só foi posíbel co patrocinio de Caixa Galicia e unha subvención de 117.000 euros da Consellería de Industria– e horas abondo. Unha semana estivo unha locutora lendo guións no Estudio XXI da Coruña para gravar fonemas e entoacións. Os sons foron logo procesados por Loquendo coa axuda dun lingüista do ILG.
Como nun TelexornalA locutora –que Tecnocom mantén no anonimato– gañou unha selección entre varios profesionais. Logrouno, entre outros motivos, por carecer de acento marcado dunha zona. O resultado é que Carmela non ten seseo nin gheada; pero tamén fala un chisco frío, como nun Telexornal. Tecnocom (antiga Softgal, filial de Caixa Galicia) busca agora que o sistema, ademais de falar calquera texto, sexa quen de entender. Non se trata dunha transcrición literal da fala, senón de 'comprender' ordenes ou palabras clave. Un exemplo aplicado á banca telefónica sería que o PC fose quen de procesar o mandato 'paga o alugueiro de xuño' .
"Só sobrevirán as linguas integradas nas TIC"
Segundo Sergio Cañizares, coordinador do programa, isto será posíbel este ano. O experto explica que o traballo máis difícil –adaptar a tecnoloxía de Loquendo ao galego– xa está feito, polo que agora será moito máis rápido crear novas aplicacións, como un GPS que guíe aos condutores en galego ou navegadores de internet para cegos. Iso si, os emprendedores interesados en explotar a ferramenta terán que negociar con Loquendo, única propietaria.Antes, a tecnoloxía sabía falar castelán e catalán, agora entende tamén o galego”, explica Cañizares. Na súa opinión “no futuro unicamente sobrevirán as linguas plenamente integradas nas tecnoloxías da información, non será tan relevante a escrita e a fala”.