ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

lunes, 30 de marzo de 2009

A columna de Alba Nogueira

Na procura das causas para o inesperado fracaso electoral do bipartito estase permitindo tomar corpo á falacia impulsada por certa prensa estatal, e trasladada por un reducido número de seguidores de Galicia Bilingüe, de que este foi un goberno cunha política lingüística intensa, combativa e que introduce cambios radicais con respecto ao status quo do “bilingüismo harmónico fraguista”, estando aí unha das razóns de alonxamento do corpo electoral.

Curiosamente o conflito lingüístico que pretende utilizar o PSOE como bálsamo das súas feridas electorais, atribuíndolle ao BNG unha ruptura do consenso lingüístico que tería afectado aos sensibles votantes do PSOE, está asentado sobre un conxunto de mentiras e equívocos.

O Decreto do uso do galego no ensino foi promovido con valentía e flexibilidade negociadora por unha conselleira do PSOE. Para a súa redacción inspirouse nun Decreto balear cunha década de vixencia impulsado polo goberno do Partido Popular de Jaume Matas. Incorporou literalmente nun anexo as porcentaxes de uso do galego no ensino do Plan de Normalización da lingua galega que fora aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia baixo a éxida de Fraga.

Non hai ningún movemento de contestación de pais ou mestres á nova normativa de uso do galego. O Decreto foi recorrido xudicialmente por diversas asociacións contrarias ao uso do galego e algúns país e o Tribunal Superior de Xustiza ten ditado xa varias Sentenzas avalando a súa legalidade. O Consello Escolar de Galicia aprobouno por unanimidade. Usando terminoloxía xurídica: non hai caso.

Tamén é certo que a actitude pusilánime do conxunto do goberno deixou a política lingüística como branco de ataques. Deliberadamente, en moitos casos, non recibiron a resposta que merecían. O goberno avergoñouse da súa lingua e permitiu que medrara a bola de neve artificiosa do conflito lingüístico. Unha mostra evidente é a propia comisión de seguimento do acordo de goberno en materia de lingua que tivo unha vida tortuosa, escura e sen a relevancia orgánica precisa para a dignidade da lingua e para un asunto que, agora, parece entenderse que pode tombar gobernos. Mención aparte merece o cinismo de Méndez Romeu, paradoxicamente o titular do único Departamento de onde saíu normativa lingüística nesta lexislatura se exceptuamos o Decreto de uso do galego do ensino: introdución dun precepto na Lei de Subvencións que obriga a condicionar lingüísticamente a concesión de calquera axuda pública por parte das administracións locais e autonómica; obriga de realizar cando menos unha das probas de contidos no acceso ao emprego público en galego e fixación como un dos criterios da avaliación por obxectivos no emprego público o cumprimento do Plan de Normalización; establecemento de esixencia de coñecemento do galego para os funcionarios locais de habilitación estatal e; configuración como un dos principios de actuación dos cargos políticos o do uso do galego.

O PSOE parece asumir un discurso que, ademais de falso, non ha de darlle réditos políticos porque nunha estratexia de confrontación por este motivo o PP –ou UPD- sempre acabarán tirando partido de discursos radicalizados alonxados da realidade. Un discurso, ademais, que debería facer inviable futuros pactos co BNG, non só no ámbito autonómico se non tamén no plano local.

O BNG debe tamén repensar a súa mensaxe. No seu caso porque os resultados que pode ofrecer non son amplos nin no goberno da Xunta nin nos gobernos locais. Tamén porque a nosa lingua precisa unha mensaxe de dignificación moi distante da súa consideración como “unha enferma de Parkinson que debemos coidar porque é da familia” ou de mensaxes catastrofistas –aínda que reais- sobre a súa situación que lonxe de facela atractiva para novos falantes convida a confirmar a opción que hoxe fan moitos galegos polo “equipo gañador”. O galego ten que ser defendido sen complexos porque é a nosa lingua, un sinal de identidade, e, ao mesmo tempo, un instrumento de mellora social e individual nunha sociedade que demanda cidadáns plurilingües que, no caso dos galegos, poderían ser perfectamente competentes nas tres linguas transoceánicas máis faladas

miércoles, 25 de marzo de 2009

REAL

E PINOCHO...FALOU

Feijóo reivindica os dereitos constitucionais en materia lingüística
O futuro presidente da Xunta alude á Constitución para sinalar que, na cuestión da lingua, está por riba da decisión de calquera órgano



Alberto Núñez Feijóo
O líder do PPdeG e futuro presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe os dereitos constitucionais en materia lingüística e colocounos "por riba" da decisión de "calquera órgano".

Deste xeito pronunciouse o dirixente popular, tras reprobar que o pleno do Parlamento Europeo rexeitase onte o informe sobre multilingüismo que pedía garantir aos pais o dereito a elixir o idioma de escolarización dos seus fillos. En cambio, a Eurocámara aprobou un texto alternativo do PSOE, CIU, PNV, EA e ICV en defensa do modelo lingüístico catalán.

A preguntas dos xornalistas, o líder dos populares galegos considerou que a postura socialista foi "un erro", polo que concluíu que o PSOE "saberá a responsabilidade da súa decisión". "Equivocouse", resumiu Feijóo, logo de recordar que o informe orixinal elaborado polo portugués Vasco Graça Moura - Partido Popular Europeo - fora aprobado pola comisión de Cultura e Educación da Eurocámara xunto a varias enmendas propostas por Luís Herrero (PP).

Para Feijóo, o PSOE ten "unha mensaxe" nas comunidades monolingües e "outro distinto" nas autonomías con varias linguas cooficiais e, fronte a isto, reivindicou a postura do PP sobre a cuestión lingüística.

"Bilingüismo cordial"

Así, volveu defender a promoción e respecto á lingua propia e, paralelamente, avogou por respectar tamén a liberdade de cada individuo para "exercer calquera dos dous idiomas".

En base a este razoamento, censurou que os socialistas rexeitasen o ditame no Parlamento europeo, malia que defendía "algo tan fundamental" como o "bilingüismo cordial", e mostrouse convencido de que esta é "a postura máis sentida" polos votantes do PP e do PSOE en Galiza, así como por "moitos" do BNG.

COMEZAMOS BEN

Europa rexeita que os pais elixan a lingua de ensino
A Mesa celebra que “fracase o racismo idiomático que quere o PP”



O pleno do Parlamento Europeo rexeitou onte a resolución promovida polo PP que cuestiona o sistema catalán de inmersión lingüística na educación e aprobou un texto alternativo –promovido polos socialistas españois, Convergència i Unió, PNV, Iniciativa per Catalunya-Verds e Eusko Alkartasuna– que resalta que é “esencial” salvagardar o multilingüismo nos países ou rexións en que coexistan dúas ou máis linguas oficiais e descarta que os pais poidan elixir a lingua do ensino dos seus fillos, como piden organizacións como Galicia Bilingüe.
O texto corrixe o informe sobre multilingüismo que foi aprobado pola comisión de Cultura da Eurocámara o pasado 17 de febreiro cos votos do PP, e redactado polo conservador portugués Vasco Graça Moura. Este informe, que contén numerosas emendas introducidas polo eurodiputado popular Luís Ferreiro, pedía “salvagardar a posibilidade de que os pais e responsables da educación elixan a lingua oficial en que han de educarse os seus fillos nos países nos que coexistan unha ou máis linguas oficiais ou unha ou máis linguas rexionais”. Nada máis aprobarse na comisión de Cultura cos votos do PP, os eurodiputados españois do resto de grupos políticos criticaron que invadía competencias que no caso de España corresponden ás comunidades autónomas e promoveron un texto alternativo que finalmente foi o aprobado pola Eurocámara.
A Mesa pola Normalización Lingüística celebrou, nunha nota pública, esa decisión e sinalou que que a iniciativa formulada polo PP seguía principios de “racismo lingüístico, de que hai linguas con dereitos e linguas sen dereitos, linguas de primeira e linguas de segunda, afirmacións polas que deberían de pedir disculpas”.

miércoles, 18 de marzo de 2009

TOMA DISCRIMINACIÓN

Entre 1992 e 2004 duplicouse o número de monolingües en castelánMentres, os galegofalantes pasaron do 61 ao 39 por cento.
A Mesa denuncia que o galego xa está nunha "situación de emerxencia".


A primeira recollida de datos para o Mapa Sociolingüístico de Galiza, elaborado pola Real Academia, fíxose no ano 1992, e a segunda no ano 2004, que é a que agora se publica. Nestes doce anos duplicouse o número de persoas que 'nunca falan en galego', que pasaron do 13 ao 25,8 por cento; aumentaron tamén as que empregan maioritariamente o castelán (do 26 ao 35%). Pola contra reduciuse á metade o número de monolingües en galego (do 30,5 ao 16 por cento) e tamén descendeu o grupo de cidadáns que utilizan maioritariamente o galego, pasando do 31 ao 23%. É dicir, se en 1992 o galego era a lingua máis habitual para o 61% dos galegos, en 2004 só o era para o 39%.

Segundo o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, estes datos indican que "o galego está nunha situación de emerxencia", aínda que "non é un punto de non retorno". Por iso, Callón reclamou este marte "medidas en favor do galego por parte de todos os poderes públicos, en primeiro lugar, do Goberno galego, mais tamén do Goberno do Estado e das administracións locais". Para Callón, que nesta situación "tan precaria" se poidan adoptar medidas contra o galego podería ser "letal". Así mesmo, aproveitou para chamar á poboación a mobilizarse en defensa do galego na manifestación convocada en Compostela para o 17 de maio.

Carlos Callón foi moi crítico, igualmente, coa Real Academia Galega, pois a institución dispón destes datos dende hai meses, e "non podemos máis que lamentar que non os presentase publicamente e que só comezase a distribuír este traballo polas librarías despois das eleccións autonómicas, xa que as conclusións que se extraen sobre o anterior mandato do PP son contundentes e desmontan, máis unha vez, a demagoxia e a falacia deste partido sobre o galego no ensino".

Datos aínda máis alarmantes nos máis novos e nas cidades
No Mapa tamén se recolle que o 10,7% dos menores galegos recoñecen que recibiron ensino "só en castelán", a pesar de que o anterior decreto do ensino recolle a previsión de que o galego ten que estar presente na educación primaria e secundaria. Estes datos constatan, máis unha vez, "como a presenza abrumadora do español na vida social fai que haxa persoas que poidan vivir alleas á lingua propia de Galiza, algo que non acontece á inversa, xa que non está garantido o dereito a poder vivir en galego", segundo Callón. Carlos Callón lembrou tamén os datos de lingua inicial en Galiza, segundo os cales o galego pasou de ser o primeiro idioma dun 60,3% dos galegos en 1992 a ocupar a posición minoritaria, do 20,6%, no ano 2004: unha caída de corenta puntos en doce anos.

A maior presenza monolingüe en galego é nos concellos de menos de 5.000 habitantes, dun 40,5%, mentres que a do castelán nas cidades é do 35,6%. Segundo o Mapa Sociolingüístico, hai unha notoria perda do denominado `bilingüismo de maioría galego' nos hábitats intermedios e unha considerábel suba do maioritario en español. As cidades con maior uso do castelán ('só e máis castelán') son Ferrol (85%), Vigo e A Coruña (81,9% en ambas). Cómpre, ademais, salientar a presenza do monolingüismo en castelán en Ferrol (57,5%) e Vigo (45,5%).

Agora que se jodan e voten PP

Caixanova avísalle ao PP de que non ve motivos para revisar o concurso eólico
O director xeral do Banco Gallego, integrado no grupo Caixanova, defendeu a claridade das "regras de xogo" do proceso e pediu que non se free.


Eólica Galenova é o proxecto empresarial a través do cal Caixanova obtivo no recente concurso eólico un total de 235 megavatios. En favor do rigor da proposta achegada e do propio conxunto do proceso, falou este martes o director xeral do Banco Gallego, Xosé Luís Losada, aproveitando a presentación das contas da entidade financeira da que posúe a maioría do capital o grupo Caixanova.

Losada dixo agardar que se lle dea canto antes o "visto bo definitivo" e que o próximo Goberno non paralice o proceso eólico aberto polo agora executivo en funcións. O directivo insistiu en que as empresas que se presentaron ao concurso sabían de xeito claro "as regras do xogo". "Tomáronse as medidas para que o desenvolvemento fose correcto, e entendo que é correcto", subliñou, salientando a proposta concreta de Galenova, da que asegurou que ía acompañada dunha "magnífica oferta industrial" e destacou a súa capacidade "técnica e financeira".

martes, 3 de marzo de 2009

VERGOÑA

VERGOÑA É O QUE SINTO DE SER GALEGO.VERGOÑA POR VER A TANTOS DESLEIGADOS OS QUE O SEU PAIS LLES IMPORTA BEN POUCO,POR NON DICIR NADA.VERGOÑA POR AQUELES QUE MANIFESTAN UN ODIO CRECENTE SOBRE TODO AQUELO QUE NOS IDENTIFICA.VERGOÑA ALLEA POR PODER LER A DESINFORMACIÓN E POR SENTIR O ENORME PESO DA IGNORANCIA,IGNORANCIA QUE COMO BEN SABEDES SEMPRE MOVEU GRANDES MASAS DE XEITO INEXPLICABLE.
SERÁ QUE SOMOS PSICÓTICOS AQUELES OS QUE NOS IMPORTA A NOSA TERRA!,A NOSA XENTE,A NOSA CULTURA SEN ESQUENCER QUE NO MUNDO EXISTEN OUTRAS REALIDADES,ANQUE TODAS DISTINTAS A NOSA.
NON PODO CRER O QUE VEXO,O QUE ESCOITO.TODO PARECE UN MAL SOÑO...A AQUELES QUE CRITICAN AS GALESCOLAS POÑO O EXEMPLO DE FINLANDIA,OS QUE CRITICAN O VENTO PREGÚNTOLLES SE ESTE SERÁ MELLOR MANEXADO POR EMPRESAS ALLEAS A TERRA,OS QUE CRITICABAN O BANCO DE TERRAS PREGÚNTOLLES SE É MELLOR DEIXALAS ABANDONADAS OU ARDENDO,OS QUE CRITICAN LEIS COMO AS DE COSTAS RECOMENDOLLES QUE VAIAN RESERVANDO OS SEUS PISIÑOS NON EN PRIMEIRA LIÑA SENON NA PRAIA,OS QUE CRITICABAN OS CENTROS DE DÍA E RESIDENCIAS DESEXOLLES QUE TEÑAN QUE PAGALAS...
XA NON SUFRIREI MÁIS POR ESTE PAÍS.CADA UN TEN O QUE QUERE E A ISTO CHEGAMOS NÓS.DESEXO FERVENTEMENTE,E ISTO É FRUTO DA REFLEXIÓN, QUE DESAPAREZA O GALEGO E A NOSA CULTURA,QUE ARDAN OS MONTES E LEIRAS COMIDOS POLO DESUSO,QUE PRIVATICEN ATA A SANIDADE,QUE SE CONSTRUA ATA NAS PRAIAS,QUE ENCHAN OS RIOS DE ENCOROS E QUE OS MUIÑOS FAGAN VOAR BILLETES EN MADRID.

DAME VERGOÑA QUERER TANTO A ESTA TERRA CHEA DE PITUFOS DESLEIGADOS