ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 31 de agosto de 2007

O SENADOR CRAIG

A mala hora do senador Craig nun aseo público
Un republicano oposto ós dereitos dos gais, acusado de buscar relacións homosexuais nos baños dun aeroporto.




Non sei porque pero os refráns,froito do saber do povo, como aquel que di que a todo porco lle chega o seu San Martiño,sempre encerran verdades lapidarias.

INCRIBLE



Sumados aos altos cargos, serán máis de 4.000 os beneficiados pola reforma da Lei dá Función Pública
Presidencia asegura que non habilitará nos Presupostos ningunha partida especial para este complemento

Polo menos catro mil funcionarios ex alcaldes, ex deputados, ex senadores, ex altos cargos e similares poderán beneficiarse da consolidación do plus de 15.000 euros coa entrada en vigor da reforma da Lei dá Función Pública. Aínda que desde a Consellería de Presidencia non fixeron un cálculo sobre a cantas persoas afectará esta modificación da lexislación, tanto a CIG como o Movemento pola Igualdade do Emprego Público (MIEP) calculan -de forma moi estimativa polo momento- que o número de ex rexedores e ex parlamentarios é aínda maior que o de ex altos cargos, estimado nuns dous mil.
Isto implica que polo menos 2.000 ex rexedores e ex parlamentarios beneficiaranse desta medida e que a cifra total superará os 4.000 empregados públicos. Para consolidar este complemento ata a xubilación hai que ser funcionario, ter dedicación exclusiva e permanecido no cargo político dous anos consecutivos ou tres interrompidos.
Na práctica, a maioría de ex rexedores, ex altos cargos e ex deputados cumpren estas condicións. «Non actual Parlamento galego, dous 75 deputados, a maioría son funcionarios», explican desde o MIEP.
Desde Presidencia aseguran que non van habilitar unha partida específica nos Presupostos para este plus, e responden ás críticas dos sindicatos con dous argumentos. Por unha banda, aseguran que os actuais ex altos cargos xa consolidan un plus, co que a subida real sería de 3.500 euros brutos, mentres que no caso de ex alcaldes e ex deputados aducen que se limitan a recoller o Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Estado en abril.
Efectivamente, este estatuto recolle no seu artigo 87 que alcaldes, presidentes de deputacións, deputados ou senadores recibirán polo menos o mesmo trato que os que sexan directores xerais se se reincorporan á función pública, de tal forma que todos estes empregados poderán consolidar o novo plus dos 15.000 euros que incorpora a reforma da lei galega.
PARECEME UNHA TOMADURA DE PELO EN TODA REGRA ESTE NOVO AS QUE OS SOCIATAS TIÑAN GARDADO DEBAIXO DA MANGA.NON SEI SE ALGUNHA PALABRA DIFERENTE A NOXO PODRIA DEFINIR MELLOR SEMELLANTE BARBARIDADE .
AGORA RESULTA QUE DEIXAS UN TRABALLO E SEGUES A COBRAR POR NON FACER LABOURA ALGUNHA,PERO ISO ONDE MAIS PASA?
EU PROPOÑO QUE TODOS ESES RECEPTORES DA LOTERIA DE SAN CAETANO INVIRTAN OS CARTOS EN XERAR POSTOS DE TRABALLO,EN EDUCACIÓN OU EN SANIDADE...PERO POR FAVOR,EN QUE PAIS VIVIMOS??

domingo, 26 de agosto de 2007

O Biberon

«Para o PP o himno galego é igual que un eructo»,
sinalou Quintana, ante as palabras do líder popular, Alberto Núñez Feijoo, quen ante a pretensión do líder nacionalista de que se ensine o himno galego aos nenos pequenos, apuntou que o que teñen que aprender a esas idades é a tomar o biberón e a eructar.
«Un desprezo total e absoluto polo que somos os galegos», dixo Quintana sobre estas palabras. Igualmente, apuntou que mentres o PP fai este pronunciamento, «enseguida o PSOE considérase na obrigación de seguir polo mesmo camiño e dicir que hai que prohibir cantar o himno galego» nas garderías

sábado, 25 de agosto de 2007

PARA mariano

Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.

Eduardo Pondal

HINO GALEGO
O Hino galego e o sistema cultural de Galicia. O Hino é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non fora contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista

viernes, 24 de agosto de 2007

Os tempos son chegados

1)Logo do cambio de goberno
Seis anos despois, a web da Deputación de Lugo aprende a falar na lingua do país
A páxina inclúe xa na nosa lingua as retribucións dos membros da corporación, aínda que todo o resto permanece en castelán.
Na web da Deputación de Lugo comézanse a notar cambios dende a mudanza de goberno. Despois da longa etapa de Cacharro Pardo á fronte do executivo, a coalición formada polo PSdeG e o BNG aprobou incluír na páxina as retribucións dos membros da corporación en dedicación parcial e exclusiva, dos grupos políticos e do persoal eventual. Ademais, os novos contidos estanse a introducir en galego, o que contrasta co que acontecía até o momento, cunha web integramente en castelán. Dende a Deputación aseguran que a intención do novo goberno provincial é renovar completamente a páxina web, e facelo en galego, pero que iso levará o seu tempo. Entre tanto, cando picamos na semioculta opción de web en galego, no pé da páxina, séguenos a aparecer a antiga mensaxe: “Comunicamos a todos os usuarios deste servizo que actualmente está en fase de tradución o contido actualizado desta web”.

2)A falta de cartos públicos bota abaixo corridas de touros en Noia
O novo goberno municipal, composto por socialistas e nacionalistas, decidiu acabar coas subvencións.
Nos últimos catro anos houbo corridas de touros nas festas de San Bartolomeu
A organización política Galiza Nova ben de mostrar a súa satisfacción polo feito de que “por primeira vez nestes últimos catro anos, no marco da celebración das festividades de San Bartolomeu de Noia, que se celebran esta mesma semana, non vai haber oportunidade de acudir á celebración de sacrificios públicos de touros na localidade”.A suspensión da tourada ten moito que ver coa decisión do novo goberno local (PSdeG-BNG) de non destinar cartos públicos en forma de subvención. Agora, dende Galiza Nova queren que o executivo dea un paso máis aló e declare “anti-taurino” o municipio de Noia.

IGNORANTES


Xa levaba un tempo,por mor das miñas vacacións, este blog abandoado,pero como todo ten un fin e a monotonia é de novo a raiña necesito voltar a escribir;e que mellor forma de facelo que comentando esta noticia que non sei se tivestes a ocasión ou desgraza,polo triste que me parece,de ler:
Conta nesta páxina o xornal de Pedro J que o vicepresidente da xunta quere que tódolos nenos galegos coñezan a letra do himno galego,todo ben aderezado con incontables manifestacións ou intentos de denigrar a nosa terra ademais dos incontables erros como chamar a Pondal Arturo,fixádevos baixo a foto,ou a excelentisima traducción do noso himno.
Todo esto non é senon unha mostra máis do rancio nacionalismo español,aquel o que lle debemos 40 anos de ditadura,e ó que sen lugar a dúbidas pertence ese persoaxe chamado Mariano, amigo de Pedro J,que xa debeu esquencer que no ano 1984 estando no goberno galego aprobou a lei de simbolos da galiza,na que por suposto se inclue o noso himno,o cal non defendeu ante esta nova agresión a nosa terra.
Por certo estas son as palabras de Quintana:
1)“Nun mundo globalizado somos alguén se defendemos a nosa identidade, se a defendemos para ensinarlla ao resto do mundo, ao tempo que aprendemos tamén da cultura dos demais”,

2) A Mariano Rajoy, responsable dos populares “ débelle de pasar o mesmo que a Bush que non pode facer dúas cousas ao mesmo tempo”. “Eu asegúrolle que os nenos galegos poden aprender informática e aprender inglés –que son moi importantes– e ao mesmo tempo coñecer o himno e falar en galego. Rajoy seguramente non pode, pero os nenos galegos, si”.

3)“O que pasa é que alguén en Madrid se dá por aludido e pensa: “’Yo soy de los imbéciles e escuros y no me gusta el himno.

Din que o primeiro paso da ignorancia é presumir de saber e dende logo con esta absurda traducción asi como cos innumerables erros queda ben claro quen son os ignorantes

Atopei navegando un escrito moi interesante titulado:"NO ES LO MISMO";aqui volo deixo,é moi interesante:

Una vez tuve una conversacion en Madrid con unas pesonas de por que seguia usandose el gallego, que consideraban una lengua casi muerta e inutil, sin valor economico ni empresarial. Les replique que por mi vale, que siguiendo ese criterio, al castellano ya le podian ir dando por el saco y aqui todos hablando Ingles, Hombre Noooo!!! no es lo mismo!!!!! me dijeron.. ¿ ah no ? Curioso. ¿ Y la puñeta de la Ñ, sabeis cuanto cuesta la dichosa letra hispana y los problemas que da ? Atacar los nacionalismos es guay, inteligente y denota cultura, pero claro, los nacionalismos de los otros, al mio que ni lo toquen.. que no es lo mismo!!!
Me argumentaban que como minimo el castellano nos sirve para entendernos con gran parte de America, que tambien hablan el Español, y eso es bien cierto. Pocos dias despues me llaman a mi para ayudarles con unos textos escritos en portugues, ya que el portugues y el gallego son lenguas practicamente iguales excepto en su pronunciacion. Gracias al gallego yo tengo acceso a la cultura Portuguesa y Brasileña, pero claro, No es lo mismo!!!!
Ahora andamos a vueltas con el himno, en Periodista Digital empiezan hablando de adoctrinamiento y nacionalismo puro y duro, pero claro, si es para poner letra al himno de españa para que nuestros deportistas rezumen mas testosterona... No es lo mismo!!, el himno español es para hacer patria, pero de la buena.. No es lo mismo!!!
Cuando yo era chaval en Galicia hablaban gallego , que se yo, mas del 80% de la poblacion, pero TODAS LAS ASIGNATURAS eran en castellano (menos lengua gallega). En las nucleos rurales y villas (la mayoria en Galicia) el porcentaje rozaba el 100%, pero TODAS LAS ASIGNATURAS EN CASTELLANO. Aquello era normal, ahora que empiezan a poner asignaturas en Gallego, Oh Dios mio, es la opresion y persecucion de los castellano parlantes, es el fin de los tiempos. Si eso es cierto, entonces, ¿ por que no se reconoce la persecucion del gallego por el Estado Español ? No es lo mismo!!!!
La Asignatura de Historia es ahora motivo de conflicto, por que ya se sabe, los nacionalismos perifericos la tergiversan, la reducen a lo local, a lo pueblerino. Curioso. Por que en Historia yo si estudie la revuelta comunera, importantisima oyes, vital para el entendimiento del mundo mundial y en absoluto nada local y pueblerina. Viviendo en Lugo tuve que enterarme por el profesor de LITERATURA GALLEGA que fue aquello de las Revoltas Irmandiñas, que por supuesto, es absolutamente ignorado por el resto de España y por muchos que como yo estudiamos la autentica Historia, la que no fue tergiversada por ningun nacionalismo... No es lo mismo!!!
Y por ultimo, es que en Galicia ahora nos da por poner carteles en Gallego, y claro, eso enfurruña a muchos, hay que ver que osadia, que ofensa, Ourense, A Coruña, Sanxenxo, no es lo mismo que Orense, La Coruña, Sanjenjo.. no es lo mismo!!!

ENTREVISTA A NOSA ALCALDESA NO XORNAL GZNACIÓN

Socorro Cea: "En Melide, durante anos, non se lle prestou atención a cousas primordiais"

Socorro Cea é dende xuño alcaldesa de Melide. O 27 de maio trouxo un cambio importante no BNG, e é que por vez primeira o nacionalismo galego conta con alcaldesas, cinco en total, en Melide, Cangas, Tomiño, Vilasantar e A Bola. Melide ten oito mil habitantes, é capital comarcal, pero debe afrontar moitos problemas e necesidades urxentes, como comenta Socorro Cea.

¿Cales son as principais necesidades do Concello de Melide?

Uf, son moitas… Fíxate que Melide ten 26 parroquias e 20 delas non teñen saneamento. Chagamos ao goberno dun concello que leva 16 anos de gobernos do PP con maioría absoluta, e non hai unha soa concentración parcelaria rematada, non hai unha soa praza pública, non hai locais sociais, nos que poidan ensaiar grupos de música ou onde se poidan reunir as asociacións de veciños, na maior parte das parroquias non hai traída de auga, nunca houbo ningún tipo de política destinada á xuventude… Aquí, durante anos, non se lle prestou atención a cousas primordiais.

¿E daravos tempo en catro anos para solucionar todo iso?

Non, evidentemente hai moitas cousas que van levar máis tempo. Hai que comezar a traballar, sobre todo tendo claro que a xente, e o seu benestar, deben ser as prioridades do goberno, o emprego, crear solo industrial para que os mozos non teñan que marchar fóra… Co que hai que rematar tamén é coa política de despilfarro do anterior goberno. Por exemplo, gastáronse 1.2 millóns de euros nun pazo de congresos, que é tan grande e ten tan mala acústica que está pechado case todo o ano, e nin serve como auditorio.

¿Cres que os vosos resultados electorais (o BNG subiu de 4 a 6 concelleiros) foron consecuencia de que a xente comezou a fartarse das situacións que comentas?

Nos meses anteriores ás eleccións nós respirabamos ese ambiente, que a xente estaba farta de moitas cousas, de que o goberno municipal non lle dese solución aos problemas importantes. Sobre todo nos últimos anos, cando ademais comezou a ter unha actitude moi negativa cara á Xunta e á Deputación, unha vez que o PP perdeu ambas institucións.

¿Que ensinanzas sacaches do teu traballo como deputada provincial?

Foi unha experiencia moi positiva. Sobre todo porque me levou a coñecer os 94 concellos da provincia, e a decatarme de que cousas que non había en Melide, ou que aquí non se facían, en concellos con características semellantes si se facían.

Van cambiar tamén as cousas na radio municipal, ¿non si?

Si, hai cousas para as que non se necesitan cartos, que non custan diñeiro, pero que son moi importantes: a democracia, a transparencia. A xente xa está vendo o cambio que se deu na emisora municipal. Cando nós estabamos na oposición nunca puidemos intervir na radio, nin enviar un comunicado. E agora a oposición si ten voz aí. O mesmo á hora de pedir documentos públicos, que o Concello ten a obriga de amosar. Iso cambiou.

¿Cal vai ser a vosa posición con respecto á autovía Santiago-Lugo?

Pois a mesma que tiñamos cando estabamos na oposición. Sempre dixemos que a autovía non podía pasar a dez quilómetros de Melide, cando agora a estrada pasa polo centro, e cando ao pasar por Melide, o trazado da nova vía ten que facer unha curva estrañísima, que case parece feita a propósito para evitar o noso concello. Eu teño confianza en que o trazado final pasará a dous ou tres quilómetros da vila.Despois do 27-M por fin o BNG ten alcaldesas, cinco en concreto. E de feito en Melide de seis concelleiros nacionalistas, catro sodes mulleres.

¿En que cambia a política cando as mulleres tomades un papel protagonista?

Si, cinco aínda non son moitas, pero está claro que é un avance importante.Pouco a pouco imos entrando. As mulleres temos moito que aportar, como en calquera ámbito. E penso que na política, a diferenza que traemos é que actuamos con sentido común (non digo que os homes non o fagan), pero temos sempre presentes as necesidades da xente. E, si, aquí en Melide somos catro de seis, e ademais coincide que xusto os tres concelleiros que temos dedicación exclusiva somo tres mulleres, é dicir que somos as que levamos o peso do día a día da xestión do Concello