ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 16 de septiembre de 2007

MCDONALD´S METE A PATA EN CHINA CUN ANUNCIO




A emisora estatal de televisión china prohibiu un anuncio de McDonald’s no cal un home suplica de xeonllos por un desconto.Os chinos consideran o anuncio vexatorio e a empresa tivo que desculparse. Non é a primeira vez que acontece; a finais do 2004, Nike tamén tivo que retirar un anuncio.

Voume a China

É China o país máis poboado do mundo con 1300 millóns de habitantes,ten fronteira con 14 paises e as cidades máis importantes son Pekin,Shanghai e Hong Kong.
Mao Zedong proclamou o un de outubro de 1949 o goberno comunista.A estructura de poder na República Popular China apoiase en tres ámbitos fundamentais: o Partido, e, subordinados a éste, o Exército e o Estado. A xefatura do Estado corresponde ó presidente da República Popular China, mentres que o líder do Partido é o seu secretario xeneral e o líder do Exército Popular de Liberación é o Presidente da Comisión Militar Central. Na actualidade, estos tres cargos están ocupados por un mesmo home, Hu Jintao, tal como ocurriu co seu antecesor Jiang Zemin,evitando asi desputas polo poder.Baixo a autoridade do presidente, atópase o Consello de Estado da República Popular China, o órgano de Goberno. A cabeza deste Goberno atópase o primeiro ministro. Mentres que a Presidencia e o Consello de Estado conforman o poder executivo, o máximo órgano lexislativo da República Popular China é a Asamblea Popular Nacional.
A República Popular China subdividese nun primeiro nivel en 32 entidades administrativas locais: 22 provincias (23 se incluimos Taiwán), cinco rexións autónomas, catro municipalidades baixo administración directa do Goberno central e dúas rexións administrativas especiais.
Trala morte de Mao o dirixente histórico do Partido Deng Xiaoping impulsaría unha serie de reformas económicas que supuxeron o abandono de moitas das políticas de nacionalización e colectivización que caracterizaron a a época maoísta. Ainda que o Estado conservaba a súa función planificadora, baixo a dirección do Partido Comunista, comenzouse a fomentar a creación de empresas privadas, a vez que se alentaba a entrada de capital extranxeiro, necesario para financiar o desarroio de infraestructuras e dunha base industrial que nese momento, finais dos 70, era aínda moi pobre.
A partir de 1979 aceleraronse as reformas económicas de tipo capitalista, ainda que mantenendo a retórica do estilo comunista. O sistema de comunas foi desmantelado progresivamente e os campesiños escomenzaron a ter máis liberdade para administrar as terras que cultivaban e vender os seus productos nos mercados. O mesmo tempo, a economía china abríase ó exterior.
As reformas económicas contribuiron a un crecemento económico moi intenso o longo dos anos 80. Trala intervención do Exército nas protestas da Plaza de Tian'anmen de 1989, as sancións internacionais frenaron de maneira drástica o crecemento económico. Nembargantes, apartires de 1992, Deng Xiaoping deu o respaldo definitivo as reformas económicas.Trala confirmación de que a política económica mantiña a orientación reformista e de apertura dos mercados chinos ó exterior, a economía acadou tasas de crecimiento económico sen precedentes. Nese ano de 1992 o crecemento do producto interior bruto acadou o14,2% manténdose en torno ó 10% durante los anos siguientes, ata aa actualidade.

A EXPLICACIÓN A ESTE PEQUENO REPASO SOBOR DESTE INTERESANTÍSIMO PAIS QUE É CHINA VEN DADA PORQUE ME VOU PARA ALÁ EN BREVE,ESTE MARTES,PARA PASAR OS MEUS DERRADEIROS 15 DIAS DE VACACIÓNS.XA VOS CONTAREI.

viernes, 14 de septiembre de 2007

23 puñaladas a razón

Médicos chinos descubren 23 agullas no corpo dunha xoven china. Pénsase que llas clavaron os seus avos ó comprobar que era nena. Algunhas perforaron órganos vitais e incluso unha está rota en tres partes dentro do seu cerebro.
A xoven non sentira molestias e no hospital detectouse ó facerlle unha proba de raios X.
E ben sabido que nalgunhas zonas de Asia o nacemento das neas vívese como unha desgracia, xa sexa pola súa menor forza física, pola obrigación de concederlles unha dote ou porque con elas se perde o apelido familiar.

Para manterse alerta bostece


A próxima vez que alguén bostece namentres vostede lle conta unha historia, non debe sentirse ofendido.
Segundo un estudio, este neno está tentando levar ar frío ó seu cerebro.Esa persoa está tentando desesperadamente manterse alerta.
Esa é a conclusión dun estudio sobre os mecanismos do bostezo levado a cabo en Estados Unidos. Segundo os psicólogos da Universidade de Albany, en Nova York, un bostezo non se manifesta cando estamos aburridos ou tentando durmir.
Tampouco é unha grosería.
En realidade, o seu corpo está tratando desesperadamente de manter o seu cerebro lúcido e desperto.

Telemedicina

Sanidade pública Expedientan a un médico por estar demasiado tempo cos pacientes.
O galeno saía tarde de traballar e os sábados acudía ao consultorio para despachar asuntos administrativos
O Principado de Asturias quería examinar psiquiátricamente ao doutor por levar mal con algúns compañeiros


Non teño comentarios para esta noticia...E increible que os teus propios compañeiros te denuncien por non parar a tomar un café,por non descansar...por traballar

miércoles, 12 de septiembre de 2007

A Asociación Galega de Vítimas do Terrorismo compara as galescolas coas ikastolas
O seu presidente cre que poden ser utilizadas para "adoutrinar en certas ideoloxías.
O presidente da Asociación Galega de Vítimas do Terrorismo (AGAVITE), Eloy Ruiz Cortadi, mostrou hoxe o seu escepticismo ante as galescolas porque, aínda que asegurou "non ter nada en contra do galego", advertiu de que estas poden ser utilizadas como "vehículo para adoutrinar" en certas ideoloxías.Ruiz Cortadi afirmou que o de galescola sóalle a "ikastola" e indicou que non lle gustaría que pasase o mesmo aquí que en Euskadi, onde, na súa versión, para ensinar matemáticas os problemas din "nun control hai 20 Garda Civís se se executa a dous, cantos quedan?".O presidente de AGAVITE incidiu en que "moitas cousas que xa ocorreron en Euskadi, están a repetirse en Galicia" polo que afirmou que non se debe ceder nin un metro de rúa" aos "mozos que aseguran que a bandeira española dálles noxo" porque, aínda que se pense que son catro vándalos, se se lles transixe "acabasen sendo os amos da rúa" e impondo os seus comportamentos, asegurou.


Eu non sei se a xente bebe,está tola ou simplemente é que o dicir tonterias non custa nen importa.Palabras como estas do presidente de AGAVITE deixan claro que neste pais en que vivimos un pode contar o que lle pete porque total nunca pasa nada.

jueves, 6 de septiembre de 2007

FASCISTA

Non sei se escoitastes algunha vez a cesar vidal(asi en minusculas,porque ese é o seu calibre como persoa),copero como o que máis ,pero seguro que unha das súas últimas intervencións, no seu programa , na cadea cope non vos deixara indiferentes.Pinchade aquí e sorprenderavos:
http://www.vieiros.com/open/amosar/216/o-nacionalsocialismo-galego

despois de ler esto un preguntase o porque de tanto odio repentino hacia o noso himno.¿acaso non era o mesmo cando gobernaba Don Manuel?

E que pasa co galego¿so serve para empregar no noso pais?¿con canta xente nos permite comunicarnos?

O do nacionalsocialismo creo que é ata denunciable,e demostra a altura intelectual deste persoaxe.

Por certo, César Vidal no 2005, segundo o ISBN, publicou ¡16 libros!, sen contar reedicións en formato " bolsillo" ou recuperacións de textos anteriores . E dicir, 16 libros orixinais. Unha estimación media pode establecer que un libro ten uns 250 folios. Como queira que Vidal publica un título cada tres semas (démoslle un mes de vacacións, ten dereito), eso significa que escribe 250 folios en quince días . Consideremos que só escribe de luns a venres, porque durante a fin de semá traballa na preparación das súas tertulias, os seus artígos de prensa, conferencias e demais actividades. Pois ben, de lúns a venres, Vidal escribe casi 17 folios diarios, sen faiar nen un so día. Folios que deixa terminados por completo, coas correccións feitas e listos para enviar a limprenta. . . JA


En fin,cada un que quite as súas conclusións.

martes, 4 de septiembre de 2007

UN BO DOUTOR

Se lestes a entarda do dia 3 entenderedes o seguinte:

Un bo doutor,é aquel que é capaz de empatizar cos seus doentes,de chegar a eles,de respetalos e tratalos coma se dun pai ou irmán se tratase.
Nembargantes sempre,como en todo,hai algún desviado,como é o caso desta doutora,que non señora, a que se lle ocurriu meterse con un meniño que tivo a ben dirixirse a"su excelentisima"en Galego...¡porfavor,que ordinario!,si esto en Coruña no lo entendemos.
Por certo,o seu hospital faise chamar modelo...¡de entendemento!
¿ Lograria asi este persoaxe establecer un axeitado vínculo de confianza e seguridade co doente (e o seu entorno ) ?...Esto queda para a reflexión persoal

DENDE ROSALIA PARA "EL MUNDO"

PARA O ESPAÑOLISTA,UNICO,GRANDE E LIBRE PERIODICO DE PEDRO J. QUE APROVEITA A MÁIS MINIMA OPORTUNIDADE PARA ATACAR A NOSA IDENTIDADE,COUSA QUE PODEREDES COMPROBAR EN ANTERIORES ENTRADAS COMA A DO DIA 3 NA QUE INCLUSO SE ATREVEN A MINGUNEAR A MESMISIMA ROSALIA.

Cantarte hei Galicia,
na lingua galega
consolo dos males,
alivio das penas.(…)


Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe, de ti te avergonzas,
i a nai que a un fillo despresa
nai sin corazón se noma.


Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas,
cando vén, vén como negros.
(…) Foi a Castilla por pan,
e saramagos lle deron,
déronlle fel por bebida,
peniñas por alimento.
Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡castellanos, castellanos!
Tendes corazón de ferro.
(…) Morreo aquel que eu quería,
e para min n'hai consuelo:
sólo hai para min, Castilla,
a mala lei que che teño.
Premita Dios, castellanos,
castellanos que aborreso,
que antes os galegos morran
que ir a pedirvos sustento;
pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que si amargo pan vos ganan,
dádesllo envolto en veneno.
(…) En tros de palla sentados,
sin fundamentos, soberbos,
pensás que os nosos filliños
para servirvos naceron.
(…) Que Castilla e castellanos,
todos nun montón a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.
(…) En verdad non hai, Castilla,
nada coma ti tan feio,
que ainda mellor que Castilla
valera decir inferno.
(…)

ROSALIA DE CASTRO

lunes, 3 de septiembre de 2007

NOVAS AGRESIONS A NOSA LINGUA

1)O BNG pide medidas contundentes contra un hospital coruñés que vulnerou os dereitos lingüísticos dun menor
Aínda que a Secretaría Xeral de Política Lingüística amonestou por escrito ao centro, os nacionalistas coidan que cómpre ir máis aló.

O deputado Bieito Lobeira (BNG) pídelle á Secretaría Xeral de Política Lingüística que tome máis medidas de presión contra o hospital Modelo da Coruña por ter vulnerado os dereitos lingüísticos dun menor. Dende A Mesa pola Normalización denunciaran que unha pediatra deste centro privado esixíralle a un rapaz que se dirixira a ela en castelán.O departamento que dirixe Marisol López cualificou estes feitos de “especialmente graves” e decidiu remitir un escrito de protesta ao hospital herculino. Lobeira valora esta decisión; aínda así, demanda que Política Lingüística vaia máis aló en casos como o descrito


2)As galescolas botan a andar no medio de furibundos ataques mediáticos
Diferentes xornais madrileños publicaron polémicos artigos nos que se chega a dicir que os centros van facer unha Galiza "cada vez máis parroquiana e menos cosmopolita".

As primeiras galescolas comezaron a funcionar este luns
A Rede Galega de Escolas Infatís, as galescolas, comezou este luns a súa andaina. A iniciativa, que pretende facilitar a escolarización dos nenos na lingua do país, está a ser obxecto tamén de particulares ataques mediáticos. Durante a fin de semana os xornais madrileños El Mundo e periodistadigital.com publicaron amplas reportaxes contrarias aos novos centros. Algunhas, como as deste último medio, especialmente agresivas ('A Galiza paleta das galescolas', chegaron a titular nun primeiro momento). O artigo, co cabeceiro modificado, aínda pode lerse na rede.No caso de El Mundo, o texto comeza cunha rebuscada referencia a Rosalía de Castro e aos seus versos de “Pobre Galicia non debes / chamarte nunca española”. Pouco despois asegúrase que “simplemente é un poema escrito por unha bastarda filla de cura hai 150 anos”. Logo da estraña digresión, pasa a comparar as galescolas coas ikastolas vascas “hoxe fomentadoras do nacionalismo excluinte e furibundo”. No mesmo artigo, a deputada popular Manuela López Besteiro asegura que hai “un partido que quere xerar unha guerra lingüística”.A pesar das críticas, Quintana mantense firme na súa aposta e lembra que cando remate a lexislatura vai haber 120 centros en todo o país, “tamén no medio rural, o que favorecerá o reequilibrio territorial”. Preguntado polos ataques mediáticos, Quintana limitouse a dicir que algúns eran “penosos e insultantes”.

domingo, 2 de septiembre de 2007

A DOBLE BARA DE MEDIR DE ESQUERDA UNIDA

"El Musel está llamado a jugar un peso estratégico cada vez más importante en el relevante papel que ya tiene el Principado en el mapa energético español. Endesa ya ha pedido suelo en la nueva explanada de Aboño, otra de las obras de las ampliación portuaria gijonesa, para hacer un ciclo combinado de 800 megavatios”
Deste xeito, enfrontando con toda rotundidade a oposición de numerosos grupos ecoloxistas e colectivos cidadáns de Asturies, xustifica IU de Xixón o seu apoio á futura regasificadora do Musel, adxudicada a ENAGAS polo goberno español do PSOE. Unha regasificadora situada a menos de 1000 metros de bairros como os do Muselín, Otero, Musel Arnao, Les Cabañes, Barrio de Pescadores, Jove de Arriba ou Tocote e dunha concorrida praia como a de Xivares cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2010. No caso da regasificadora de Reganosa en Mugardos é sabido que a sucursal galega de IU fixo da súa oposición á planta o eixo dunha campaña electoral que lle permitirá cogobernar Ferrol co PSOE,partido que malia a súa directa responsabilidade na autorización e na ubicación da planta de gas mantivo un prudente silenzo. A razón do silenzo hai que procurala na militancia partidaria de Carmelo Teixeiro (ex responsábel do PSOE en Ferrolterra) e Rafael Pillado (ex concelleiro do PSOE en Ferrol), respectivamente portavoz e destacado integrante do dito Comité de Emerxencia ao tempo que integrantes da Xunta Directiva da Asociación “Fuco Buxán”, de recoñecida filiación pesoísta. E quizais esta militancia partidaria teña a ver tamén coa clara intencionalidade política dunhas críticas centradas no BNG e dirixidas, sen dúbida, a desviar a atención da negativa do goberno español – secundado por IU – a permitir a volta da construción naval civil á ría de Ferrol.
Pois ben, penso que xa é ben tempo de que desde o nacionalismo se esclarezan algúns dados que Teixeiro, Pillado e IU interesadamente silencian sobre o asunto de Reganosa
1. O BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta regasificadora no interior da ría de Ferrol. Nin o PSOE nin IU formularon alegación ningunha nin utilizaron, como si fixo o nacionalismo galego, a súa representación institucional para se opór, cando o había que facer, á tal ubicación. É máis, desde o BNG seguimos a pensar o mesmo: a ubicación idónea para a regasificadora debe ser o porto exterior. Mágoa que ENAGAS rexeitara ese emprazamento. As razóns, nunca explicadas, haberá que llas perguntar ao xenro do finado Xeneral Gabeiras, na altura conselleiro delegado da empresa gasista.
2. As autorizacións para Reganosa se instalar en Mugardos e iniciar o seu funcionamento foron outorgadas polo goberno español. Máis en concreto pola Autoridade Portuaria de Ferrol, ao se tratar de dominio público portuario, e máis polo Ministerio de Industria. Son, xa que logo, estas mesmas autoridades estatais as que poden revisalas de oficio e anulalas como meio de promover o seu translado. Serían tamén, por certo, elas proprias as que tivesen que satisfacer as indemnizacións ou compensacións que, no seu caso, correspondesen. A Consellaría de Industria non ten competencias nin para autorizar, nin para paralisar nin tampouco para deslocar Reganosa da súa ubicación actual.
3. Porén, e á marxe da súa concreta ubicación, a Consellaría de Industria e o conxunto do goberno galego consideran que a existencia dunha regasificadora constitúe unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvimento económico de Galiza e, en concreto, para a instalación de ciclos combinados de gas natural nas térmicas das Pontes e de Sabón. E o BNG non vai permitir que Galiza perda o tren da transformación enerxética en beneficio de Asturies como outros semellan empeñados en que perda o da construción naval civil para maior proveito dos estaleiros andaluces.
4. Outra cousa é que Reganosa deba funcionar con todas as garantías ambientais e de seguranza exixidas pola lexislación vixente e que os danos e prexuízos que a súa posta en andamento poda supor para outras actividades económicas como a pesca ou o marisqueo deban ser avaliados e compensados. Neste sentido cúmprelles ás Consellarías de Desenvolvimento Sustentábel e Presidencia, responsábeis respectivamente pola Declaración de Efeitos Ambientais e máis polo Plano de Seguranza Exterior, extremaren o seu celo e actuaren coa máxima dilixencia.

Artigo escrito por Carlos Aymerich


O apoio aos veciños de Mugardos enfronta a PSOE e IU en Ferrol:
Os concelleiros socialistas e do PP rexeitaron unha proposta de IU para apoiar aos veciños de Meá pechados no Concello e para xestionar entrevistas con Touriño e Joan Clos. O BNG abstívose no primeiro punto e votou a favor do segundo.
Entre os asuntos abordados no pleno de onte figuraba unha moción da Federación Roi Xordo presentada por Esquerda Unida de apoio ás reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá que se opón á instalación da planta de gas de Reganosa no interior da ría
Finalmente, onte certificouse outro punto de disputa entre os socios de goberno, tamén relacionado con Reganosa A primeira tenente de alcalde, portavoz de EU e responsable da área de Cultura, Yolanda Díaz, subscribiu o 26 de xullo unha factura de 200 euros en concepto de colaboración "coa concentración popular de rexeitamento á planta de gas na ría coa achega dá sonorización do espazo onde se desenvolveu"



AGORA QUE CADA UN SAQUE AS SUAS PROPIAS CONCLUSIONS:

¿PQ EU APOIA A CREACIÓN DUNHA PLANTA EN XIXON E SE OPON TOTALMENTE A PLANTA GALEGA CANDO NEN SEQUERA PRESENTARON ALEGACION ALGUNHA?

¿PQ CALA O PSOE?

Agora falta leite


O nivel de produción leiteira aumentou en Galiza un 2,5%, ao tempo que a escaseza desta materia prima na Unión Europea provocou unha suba de 1,5 céntimos de euro por litro. Xabier Gómez Santiso, dirixente do Sindicato Labrego Galego, sinala que isto orixinará que o sector lácteo galego sexa un referente. O consumo de manteiga en pó en varios países da Unión Europea é o feito que está a desencadear un aumento da demanda de leite, o que garante unha explotación cun nivel mínimo de rendabilidade. A escaseza desta materia prima tradúcese nunha recuperación da suba dos prezos, aínda que segue a desconfianza por parte dos labregos, xa que “chega despois de ter que soportar unhas reducións importantes, e os gandeiros comezamos a estar cansos; ademais, non se debería atender só á explotación do leite, senón tamén a outras actividades derivadas”, afirma Xabier Gómez Santiso, responsábel de gandería do Sindicato Labrego Galego (SLG). Este ascenso vense producindo dende os meses de abril e maio e está cifrado en 1,5 céntimos de euro por litro. O nivel de produción leiteira baixou en todo o Estado un 1,7%, mentres que en Galiza aumentou un 2,5%. Isto fai que o noso país sexa unha referencia no sector lácteo “e o futuro do Estado”, asegura Xabier Gómez Santiso. Pese a todo, a cota galega viuse reducida xa dende a pasada campaña de 185.595 a 53.000 toneladas.

NON HAI QUEN ENTENDA ESTE GRAN CENTRO COMERCIAL CHAMADO EUROPA QUE NOS QUEREN FACER VER;PRIMEIRO RESULTA QUE NOS MULTAN POR PRODUCIR EN EXCESO E AGORA RESULTA QUE FALTA LEITE.A VERDADE E QUE MELLOR NON PENSAR PORQUE PODE UN CHEGAR A CONCLUSIONS MOI DISPARES:
¿QUE PASA AGORA CAS MILES DE SANCIÓNS POR EXCESO DE PRODUCCION?
¿FARAN FALLA MAIS BARCOS UNHA VEZ SEXAN, OS NOSOS ,REDUCIDOS A CHATARRA?
OU AUMENTARAN EN TROQUES UNHA VEZ DESAPAREZAN OS NOSOS ASTALEIROS
PREGUNTAS COMA AS ANTERIORES ACODEN SEN PARAR O MEU MAXIN COMO IDEAS PARANOICAS NUN FLUIR DESORDEADO...AS VECES O MAIS SINXELO SERIA NON PENSAR

UN POUCO DE HUMOR








Un pouco de humor non ven mal para despedir este verán que se nos escapa,persoalmente encantame a última das viñetas pois despois de toda a revolta dictatorial que montaron ca revista "el jueves" non lograron máis que aumentar as miñas conviccións contrarias a toda institución antidemocrática

Catorce organizacións do ensino presentanun manifesto a prol da educación en galego:
“Ensino en galego” é o título do manifesto que se presentou o 20 de xullo no Auditorio de Galiza e que apoian as principais organizacións sectoriais da educación. Pais e nais, alumnos, sindicatos e patronal están xuntos na defensa do galego na educación.
As catorce organizacións que promoveron o manifesto “Ensino en galego” son A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Comités Abertos de Estudantes, Comisións Obreiras, Confederación Intersindical Galega, Confederación Galega de Asociación de Pais e Nais de Centros Públicos, Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos, Federación de Traballadores do Ensino (da UGT), Federación de Sindicatos Independentes do Ensino, Mocidade pola Normalización Lingüística, Nais e Pais polo Ensino en Galego, Nova Escola Galega, Sindicato de Estudantes e Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza.Entre os asinantes destacan organizacións como a federación de escolas privadas concertadas, que na Galiza aglutina 125 centros, entre os que están os de maior tamaño. Tamén cabe destacar a presenza dos pais e nais dos alumnos de ensino público e os principais sindicatos do ramo, que representan o 90% do profesorado.

Tal abano de apoios contrasta co obtido pola organización segregacionista “Tan gallego como el gallego”, que en contra do decreto da Consellaría presentou 20.000 sinaturas recollidas na internet e ningún apoio de organizacións con representatividade.