ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 25 de noviembre de 2007

E non se debía nada!!!!

O CONCELLO DE MELIDE APROBA 1.2 MILLÓNS DE EUROS DE FACTURAS SEN PAGAR DO ANTERIOR GOBERNO DO PP

As facturas aprobadas polo novo equipo de goberno municipal en tres Xuntas de Goberno Local ascende xa a 1.167.374.71 €O novo equipo de goberno do Concello de Melide (BNG e PSOE) ten como unha das súas prioridades o levar a cabo, canto antes, o pagamento de facturas pendentes de exercicios do ano 2005, 2006 e 2007 que o anterior equipo de goberno (PP) deixou sen pagar. Unha gran parte dos centos de facturas aprobadas nos últimos meses corresponden a débedas con empresas e negocios locais que levan agardando ata dous anos para poder cobrar do Concello de Melide.Así, en só cinco meses dende a toma de posesión, o novo goberno municipal xa leva aprobado facturas por valor de case 1,2 millóns de euros nas seguintes Xuntas de Goberno Local que se celebran todos os venres:
Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada o 10-8-207: Nesa sesión aprobáronse facturas pendentes por valor de 201.601,03 €.
XGL do 28-9-2007: Aprobación de 262.797,8 €.
XGL do 16-11-2007: Nesa sesión aprobouse un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que ascende a 702.975,88 €
Para o concelleiro responsable de Facenda e portavoz do goberno, Xosé Antonio Díaz, “débese saldar canto antes a débeda pendente cos comerciantes e empresarios melidenses e de fóra de Melide pois repercute moi negativamente no funcionamento dos mesmos e no do propio concello”.
O edil de Facenda do BNG amosa a súa satisfacción por ter ben encamiñado o pagamento das facturas pendentes, pero lamenta que aínda sigan quedando máis facturas sen pagar do anterior goberno. Neste sentido, informa o portavoz municipal de que hai, por exemplo, 20 facturas dunha mesma empresa presentadas no Rexistro do Concello de Melide o pasado 14 de xuño, dous días antes da toma de posesión do novo goberno, que suman 220.500 euros e que non foron aprobadas polo novo goberno por querer examinar cada unha delas con detemento.
Pero, para facer posible o pagamento destas facturas, o novo goberno municipal tivo que concertar en días pasados unha operación de crédito de 480.000 euros e no próximo pleno ordinario a celebrar o xoves, 29 de novembro, aprobarán pedir un préstamo bancario de 838.171,85 € a un prazo de 15 anos.Precisamente, a voceira do PP, Ángeles Vázquez, criticou este novo préstamo municipal nun dos últimos plenos celebrados afirmando que “Non entendo a débeda do concello a longo prazo”. A alcaldesa melidense contestou daquela ao respecto que “o novo goberno de Melide non entende nin quere débedas a longo prazo coa empresas, negocios e tendas de Melide”, tal e como viña facendo o PP e que tan mala imaxe deu dentro e fóra de Melide. Para a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, o feito de aprobar en tan poucos meses case 1,2 millóns de euros demostra dúas cousas:1º- A confirmación de que, efectivamente, había centos e centos de facturas do anterior goberno sen pagar e que algunha xente poñía en dúbida.
2º- A preocupación do novo goberno municipal por saldar débedas pendentes.
Melide, 24 de novembro de 2007

Gabinete de Prensa© Concello de Melide 2007 - contactar

CIBERIRMANDADE

A Ciberirmandade insta ao grupo Gadis a utilizar o galego na súa cadea de establecementos

A Ciberirmandade da Fala vén de poñer en marcha unha campaña para que o grupo Gadis continúe “pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma” utilizando o galego desde o etiquetado e sinalización das distintas seccións dos seus establecementos, á atención ao cliente e até a web do supermercado virtual.Dende esta plataforma afirman estar gratamente sorprendidos pola recente campaña de publicidade onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a "vivir como galegos", resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais. Desde a Ciberirmandade entenden que a "vivir como galeg@s" elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio. Polo que convidan a enviarlles un correo no que ademais de felicitar a cadea se lle anime a continuar pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma.

domingo, 18 de noviembre de 2007

John nash


Non sei se tivestes a oportunidade de ver "unha mente marabillosa",película basada no persoaxe e na enfermidade padecida por John Nash,premio nobel de economía.Para aqueles que non a viron vaia por diante a miña recomendación ,e para todos que saibades que teremos o privilexio de poder escoitalo na universidade.O acto penso que é o mércores 21,non sei a hora.Podedes miralo na páxina da USC.

viernes, 16 de noviembre de 2007


Máis de 60 colectivos en defensa do medio ambiente e o desenvolvemento sostíbel agrúpanse baixo un mesmo nome para loitar contra o “terríbel ritmo de destrución do territorio galego”[GZnación / Redacción / 16 Nov 07]
Un nacemento para a loita contra unha “economía depredadora”, a creación de “sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre os gobernos e empresas” e para aumentar a “sensibilización social e participación activa”. A plataforma “Galiza non se vende” inauguraba esta mañá a súa presenza na vida pública cunha nova nomenclatura baixo a cal se agochan unha morea de colectivos de todo o país. Representantes do Comité de Emerxencia pola Ría de Ferrol, Federación Galiza Verde, Salvemos Monteferro e Federación Ecoloxista Galega foron os encargados de tomar a palabra na súa presentación.Malia que aínda esperan que máis colectivos se engadan a esta proposta, son xa máis de 60 as organizacións en defensa do medio ambiente ou a prol do desenvolvemento sostíbel as que forman parte dun ente que, para Xosé Reigosa, membro de 'Salvemos Monteferro', é un “símbolo do que está a pasar”. Reigosa referíase así ao Plan Acuícola da Xunta, aos portos deportivos ou á sobreexplotación dos recursos do noso país.Pero foi Mabel Rivera, da 'Federación Galiza Verde' a que botou man dunha conciencia cidadá que “hai que defender”, xa que para a actriz “somos os únicos que temos que levar a cabo un exercicio de responsabilidade cidadá”. Nese senso, Rivera insistiu en ter a iniciativa fronte a “agravios contra o país” que se produzan por parte do Goberno ou das empresas multinacionais”.Despois da primeira aparición pública de “Galiza non se vende”, este colectivo pretende seguir co proceso de organización interno de cara a vindeiras actuacións. E, por exemplo, teñen previsto acudir a todas as mobilizacións locais que se produzan pola defensa do medio ambiente. A máis curto prazo, “Galiza non se vende” estará na feira Terractiva de Arzúa esta fin de semana, na cal disporán de tres stands informativos.

martes, 13 de noviembre de 2007

magosto































































































































































































Aproveitando o bo tempo, que xa vai sendo hora de que chova,escapei esta fín de semá para a terra dos meus antergos,que aínda que sempre é fermosa,brila máis e especialmente ca caida da folla.Aquí vos deixo algunhas fotos do magosto e das paisaxes caurelás.



















Salvémolo Courel

Paradoxas





































Diante da grave situación que atravesa o encoro da Fervenza no Xallas que xa deixou milleiros de peixes mortos, a Xunta ven de anunciar agora a apertura dunha investigación. No entanto, ADEGA lembra que en xullo deste ano a Xunta concedeu 3 novos aproveitamentos a Ferroatlántica, enaxenando de facto o treito final do Xallas a Villar Mir. Hai pois 8 centrais hidroeléctricas e 4 encoros nun treito de 9 km de río, incluido o "secuestro" dunha das marabillas naturais de Europa: a fervenza do Ézaro. CANDO REMATAREMOS CON ESTA VERGOÑA?
















adega
















Canta razón teñen estos de Adega,mentras o señor Villar Mir e a súa empresa esquilman a flora e fauna do Xallas nós concedémoslles máis licenzas para que deteriore aínda máis unha marabilla como é ese rio,por certo único europeo que cae dende un acantilado ó mar.Moi ben señores políticos,sigan así que persoaxes coma este,que construe o ave en catalunya e non o permite pola súa mina de serrabal en galiza,se sigan a mofar de tódol@s galegos.
















Deixovos unhas fotos dunha visita,que a todos recomendo,ó rio Xallas.







LEMBRANZA O PASADO




. O accidente do Prestige ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 LICs da Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, 6 zonas húmidas do convenio RAMSAR no noso litoral e tamén Zonas Especiais para a Protección das Aves (ZEPAS), foron afectados. Case cinco anos máis tarde, o ecoloxismo destaca a importancia dos danos colaterais, tanto directos como indirectos. Valoramos positivamente a resposta da sociedade na loita contra a contaminación, mais criticamos a deficiente atención prestada á denuncia do modelo enerxético, económico e social que en última instancia orixinou a catástrofe.




ADEGA

miércoles, 7 de noviembre de 2007

TODO SE NORMALIZA


A selección feminina de fútbol debutará contra Cataluña en Balaídos
No mesmo lugar e día en que a selección masculina se enfronta a Camerún.



Ámbolos dous equipos han xogar o mesmo día, o 27 de decembro en Balaídos. As horas aínda están no aire, xa que os partidos serán retransmitidos pola Galega.A loita pola igualdade no deporte: créase a selección feminina de fútbolA directora xeral para o Deporte, Marta Souto, que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de fútbol, Carlos Meana, destacou que coa creación da selección galega feminina de fútbol estase a avanzar, un paso máis, nas políticas de igualdade e integración que desenvolven dende o Deporte Galego. Coa creación desta nova selección feminina (que se une ás xa existentes seleccións de balonmán e baloncesto), a Dirección Xeral segue a avanzar no seu proxecto de creación e apoio ás seleccións nacionais galegas.En canto ás xogadoras, dende Deporte destacaron que hai deportistas de gran calidade no fútbol galego feminino, moitas delas xogando na Superliga, en equipos de fóra de Galiza.Tamén se falou da seleccionadora, que será tamén unha muller, estanse barallando algúns nomes e dende Deporte xa se puxeron en contacto con algunha técnica galega para que poida dirixir ao novo combinado nacional.Un rival de calidade para a selección masculinaComo xa adiantabamos, a selección rival dos galegos será a de Camerún. O contrato aínda está por fechar, polo que non se sabe que xogadores se han enfrontar ao combinado galego.Mais o que si se sabe é que o equipo africano vén a Galiza a preparar os partidos da Copa das Nacións Africanas (depois do partido hanse concentrar en Tenerife), un torneo moi importante para eles, polo que seguramente han viaxar cos seus mellores xogadores.

domingo, 4 de noviembre de 2007

FANNY+ALEXANDER



O dúo compostelán edita o seu segundo álbum: "Finais dos 70, comezos dos 80", no que converten o verso libre de nove poetas contemporáneos en alfaias de pop electrónico

¿Quen me ía dicir a min que unha mañá atoparíame cantando na ducha versos de Daniel Salgado, Lois Pereiro ou Pilar Pallarés? Fanny+Alexander conseguírono: colleron o verso libre dalgún dos mellores poetas contemporáneos de Galicia, metéronos nun sintetizador e "play". Nove poemas, nove poetas, nove cancións. Ademais dos mencionados, Carvalho Calero, Elvira Riveiro ou María do Cebreiro. ¿E logo non era isto o que facían os integrantes de Voces Ceibes, os Tamara, Suso Vaamonde ou Amancio Prada nos anos setenta? Pero non estamos nos setenta, o disco sitúanos no aquí e no agora: Galicia, século XXI. A modernidade entrou pola porta e nin nos decatamos. E resulta que Galicia volve estar na vangarda.Alén disto, no álbum, disponible nas tendas, pero tamén en descarga gratuíta na plataforma A Regueifa.net, hai algunha sorpresa: unha remestura a cargo de Projecto Mourente, a relectura do S.O.S. de Manuel Antonio que Fanny+Alexander fixeran hai un tempo, ou a versión completa do Berlín de María Lado musicado precisamente por F+A. Ah, e un regaliño máis: a versión galega do "Panic" dos Smiths, que nos leva dende o "pánico nas rúas de Vigo, pánico nas de Compostela..." até un retrouso que se vai repetir moito nos vindeiros meses "imos queimar a disco, meterlle ao papán do DJ, porque a música que anda a poñer non di nada sobre a nosa vida, ¿que che dixen? Merda de DJ". O disco é unha delicia, unha hora de música e poesía que engancha e que ás veces fai tremer. A beleza é ás veces terrible.
XORNAL GZNZCION
DESCARGADEO,É REALMENTE FERMOSO.NO ENLACE DA REGUEIFA DISPOÑEDES ADEMÁIS DOS VIDEOCLIPS,ESTOU SEGURO DE QUE VOS GUSTARÁN.

sábado, 3 de noviembre de 2007

Discriminación








Estes son só tres casos de discriminación lingüística nos últimos meses entre os que acontecen cada ano ao teu redor. Aínda que custe crelo, porque parecen situacións propias doutros tempos, o ano pasado sóubose de 28 casos de persoas acosadas no seu traballo por falaren en galego, chegando en ocasións ao despido. Neste ano en que estamos, o 2007, trascendeu que unha pediatra da Coruña prohibe, co consentimento da dirección do seu hospital, que os nenos se dirixan a ela en galego... E así cun longo etcétera.A indiferenza e a pasividade permiten que estas inxustizas se continúen a producir na actualidade.
A Mesa pola Normalización Lingüística

RUEGO TRADUCCIÓN


¿Algún problema coa lingua na consulta médica?

Seica a carreira de Medicina esixe demostrar unha boa capacidade de aprendizaxe.¿ É máis complicado aprender galego para os médicos?

Paradoxalmente, e logo de saltar a primeiro plano o caso dunha pediatra que nun centro coruñés lle prohibía falar galego a un cativo na súa consulta, de Vigo chéganos agora un caso no outro estremo: unha doutora sofre de problemas no traballo por usar o galego. Trátase dunha ha pediatra do Complexo Hospitalario de Vigo, que atopou que unha solicitude de probas radiolóxicas para un paciente fora rexeitada. No formulario que lle chegou de volta, alguén do servizo de radioloxía escribira con rotulador vermello a frase "Ruego traducción al español", coa palabra "español" subliñada. "Cal é a palabra que non entendían?", ironizaba esta semana o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lembrando que se trataba dunha breve solicitude de tres liñas onde mesmo as palabras técnicas coincidían en español e galego. "Será abdominal a palabra que non comprende? Ou hipotensiva? Se cadra traumatismo?", laiouse Callón, afirmando que "é evidente que aquí estamos diante dun caso de fobia contra o galego, e non de incomprensión dunha lingua".