ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 25 de diciembre de 2007


Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!
A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.


Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros

Nas panxoliñas tamén se facía política

Nas panxoliñas tamén se facía política
Durante a ditadura autores como Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María escribiron nadais e vilancicos cun forte contido reivindicativo.

O profesor Xesús Alonso Montero publica no último número da revista Madrygal un estudo sobre os nadais (felcitacións de carácter privado) enviados por varios autores galegos durante a ditadura franquista, e sobre os vilancicos escritos neses anos por algúns dos poetas máis importantes das nosas letras, como Celso Emilio Ferreiro ou Manuel María. Outros autores, como Bouza Brey, Luis Seoane, Ben-Cho-Shey, ou Arcadio López Casanova amosaron o seu interese polo xénero. Alonso Montero explica que o nadal, como xénero da literatura de destino privado, non suxeito, pois, ás leis da censura, permitía naqueles anos ofrecer textos en galego, idioma que noutros soportes estaba moi pouco presente.Alonso Montero párase en Manuel María, con varias composicións dentro das coordenadas da panxoliña tradicional, mesmo cando, no ano 1960 centra a súa composición na dúbida de San Xosé:

Non sei como puido ser...¿Ti non me mintes, María...?A Virxe cala. Non sabeque verba respostaría.A Virxe sorrisa crara.San Xosé ollada fría.

Porén, catro anos máis tarde, Manuel María axeita a panxoliña ás preocupacións cívicas, por exemplo, o problema da emigración:

¡Ai, qué Noiteboa chea de lediciasi os galegos estuveran en Galicia!¡E nós eiquí calados!

Os vilancicos de Celso EmilioCelso Emilio Ferreiro publicou numerosas panxoliñas, por exemplo a coñecida Belén, ano cero, contida nolibro Viaxe ao País dos Ananos, de 1968, unha reelaboración dun vilancico que escribira uns anos antes, cun forte contido social:

Xuntéi tódolos orfos nun só berce,xuntéi as inxusticias cos aldraxese púxenos de ofrenda nun pesebre.¿Quén foi o que roubou o meu presente?

Tamén en Longa Noite de Pedra (1962) Celso Emilio publica un poema de Nadal, titulado Noiteboa en Harlem:

Todos xuntos no mundo,todos xuntos na mesma Noiteboa.A libertá de Dios creba cadease acala o fosco canto dos escravos.A libertá de todos,pra todos, homes negros e brancos.

viernes, 21 de diciembre de 2007

orgasmo mundial

Preparados para un novo orgasmo pola paz mundial
É posíbel que un clímax sexual compartido por millóns de persoas cambie o rumbo do mundo?
O 22 de decembro, ademais da lotaría, tamén chega o solsticio de inverno e por segundo ano consecutivo unha organización estadounidense, o Global Consciousness Project, fai un chamamento para un orgasmo sincronizado pola paz. Os organizadores desta protesta sexual aseguran que a mellor hora para poñela en práctica en Galiza son as 7:08, aínda que é válido poñerse a trebellar até a medianoite. Recomendan que se traballe máis iniciativa naqueles países que contan con armas de destrución masiva-O ano pasado o orgasmo social sincronizado, segundo lembran, serviu para parar dúas frotas estadounidense que se dirixían ao golfo pérsico para atacar Irán

jueves, 20 de diciembre de 2007

SO THIS IS CHRISTMAS

AGORA QUE ESTAMOS XA TOTALMENTE INMERSOS NA BORAXINE NAVIDEÑA DEIXOVOS AQUÍ O QUE PARA MÍN É UNHA DAS MÁIS FERMOSAS PANXOLIÑAS;COMPOSTA POR TODO UN MITO COMO É JHON LENNON TRAS REMATAR A ABSURDA E INXUSTIFICABLE,COMO TODAS,GUERRA DE VIETNAM.
PREMEDE A DEREITA NO VIDEO NO QUE SAE A CARA DO NENO EN BLANCO E NEGRO DEBAIXO E A DEREITA DA FOTO DO ENCABEZADO ,ABRIRASE UN RECADRO QUE POR PROBLEMAS TÉCNICOS NON CHEGA A SE VISUALIZAR,CLICADE DUAS VECES NO TÍTULO NA PARTE INFERIOR E ESCOITADE CON TODOS OS SENTIDO SEN DEIXAR DE VER O VIDEO, NON VOS DEIXARA INDIFERENTES.PAZ
NON DEIXEDES DE VOTAR O PERSOAXE DO ANO UNS RENGLÓNS MÁIS ABAIXO
VEN A DICIR ALGO ASÍ:

XA E NADAL.
QUE FIXECHE ?
OUTRO ANO REMATA
E UN NOVO VAI COMEZAR
E XA E NADAL
AGARDO QUE TE DIVIRTAS
OS QUE ESTÁN PRETO E OS QUERIDOS
O VELLO E O XOVEN

ESTRIBILLO

BO NADAL
BO ANO NOVO
AGARDAMOS UN BO ANO
SEN MEDOS

E XA É NADAL
PARA OS DÉBILES E OS FORTES
PARA OS RICOS E POBRES
O MUNDO E XOVEN
BO NADAL
Ó NEGRO E Ó BLANCO
Ó AMARELO E Ó VERMELLO
QUE SE PAREN TODAS AS LOITAS

ESTRIBILLO

A GUERRA REMATOU,SE TI O QUERES
A GUERRA REMATOU

.(So this is Christmas
And what have you done?
Another year over
And a new one just begun
And so this is Christmas
I hope you have fun
The near and the dear one
The old and the young.
A very Merry Christmas
And a Happy New Year
Let's hope it's a good one
Without any fears
And so this is Christmas
For weak and for strong
For rich and the poor ones
The WORLD IS SO YOUNG
And so Happy Christmas
For black and for white
For yellow and red ones
Let's stop all the fight.
A very Merry Christmas
And a Happy New Year
Let's hope it's a good one
WITHOUT ANY FEARS
War is over! ,If you want it
War is over, Now! ~ ~ ~

Entrevista a Roberto Lago

"Sería moi bonito para a afección quedar campión do Estado coa Selección Galega"
Roberto Lago é, con 22 anos, un dos xogadores máis salientábeis do Celta, equipo no que se formou dende pequeno, pasando polas categorías inferiores ata chegar ao primeiro equipo. O 27 de decembro formará parte unha vez máis da Selección Galega, un encontro que o enche de ilusión e que ao mesmo tempo ve como unha gran oportunidade

-Non cres que a Selección Galega debería xogar máis partidos durante o ano?-O que está claro é que ao longo do ano hai varias competicións, equipos que están en dous ou tres torneos... Xogar máis partidos e que os equipos teñan que ceder aos seus xogadores para o partido da Selección Galega non sei se o verían ben dende os clubes. Para min estaría ben que se fixeran máis partidos, incluso un campionato a nivel estatal.

-Que opinas da posibilidade de que a Selección Galega participase en competicións oficiais?-Si, sería bonito, incluso que houbese un campionato coas diferentes autonomías do Estado. Sería algo moi bonito para a afección quedar campión do Estado Español coa selección absoluta. Pero niso, os xogadores nin pinchamos nin cortamos.

Esta é parte da entrevista que ó xornal dixital GZnacion fai a Roberto Lago,xogador do celta.
A verdade é que xa tiña eu gaña de escoitar a algún galego defender así a súa selección como xa hai tempo que o veñen a facer xogadores vascos ou cataláns.POR QUE NON UN CAMPIONATO ESTATAL??A quen molestaría??

Carta a la Espe

Polémica sesión do Consello Escolar da Comunidade
Madrid pagaralles escola aos que non queiran estudar en galego, éuscaro e catalán
Asegurar que a bandeira española se vexa nas escolas e ofrecer bolsas de estudo a escolares presuntamente "discriminados por seren falantes de castelán", foron preocupacións destacadas polo Consello Escolar de Madrid.




QUE BEN,QUE OPORTUNAS ESTAS DECLARACIÓNS,QUE ACERTADAS,COMO SEMPRE NA LIÑA DE LA ESPE,SI!,ESA MESMA SEÑORA QUE DIXO QUE SARA MAGO ERA UNHA MAGNÍFICA ESCRITORA,POR FAVOR,CANTO XOGO:
VOU A PEDIRLLE ENTÓN A ESPE QUE EU QUE SON POBRIÑO QUERO QUE ME ABONE PARTE DOS MILLÓNS DAS MILES DE EMPRESAS GALEGAS QUE COTIZAN EN madrid,¡QUE EN GALICIA NO COMEMOS!.ADEMAIS TAMÉN QUERO QUE ME PAGUEN A ENERXÍA QUE NÓS LLES REGALAMOS ,QUE EN SABIÁN TAMÉN QUEREMOS LUZ!.QUIERO TAMBIÉN DOÑA ESPE QUE ME LLENE EL DEPÓSITO DE GASOIL,QUE DESDE LO DEL PRESTIGE EN GALICIA ANDAMOS ESCASOS DE TAN PRECIADO COMBUSTIBLE.QUE DECIRLLE MIÑA SEÑORA SOBRE OS NOSOS PRECIADOS ALIMENTOS,LE ROGARÍA TAMBIÉN UNAS SONDITAS NASOGÁSTRICAS PARA NUESTRA ALIMENTACIÓN,SIEMPRE CLARO ESTÁ TUTELADAS POR madrid.Y UN SINFÍN DE COSAS MÁS QUE NO LLEGO A ACERTAR PARA REDACTÁRSELAS EN SU CORRECTO ESPAÑOLITO A LA ALTURA PROBABLEMENTE DEL MISMISIMO SARAMAGO.

INDEPENDENCIA


Os indios Lakota 'independízanse' dos EUA
A tribo Sioux considera que o goberno estadounidense incumpriu os acordos asinados hai 150 anos. Emitirá os seus propios pasaportes e permisos de conducir.

Despois de máis dun século e medio, os indios Sioux, que realmente se chaman Lakota, decidiron romper os seus tratados cos Estados Unidos. A tribo á que pertenceran Touro Sentado e Cabalo Tolo optou por abandonar a cidadanía estadounidense.Nunha conferencia de prensa que tivo lugar en Washington, un dos representantes dos Lakota, Russel Means, animou todos os membros da tribo, espallada por cinco estados, a se separaren dos EUA. A ruptura dos 33 tratados asinados hai 150 anos debeuse ao seu incumprimento por parte do goberno estadounidense."Os acordos son palabras sen valor sobre papel sen valor, e foron violados para roubar a nosa cultura, a nosa terra e os nosos costumes", aseguraron. Unha delegación dos Lakota xa informou o Departamento de Estado da súa decisión o pasado luns. A nación indíxena anunciou que emitirá pasaportes e carnés de conducir propios.

miércoles, 19 de diciembre de 2007

o persoaxe do ano

Agora que o ano toca o seu fin e da xa as súas últimas rabexadas propóñovos algo no que levaba un tempo matinando;trátase do seguinte:
Cada un de vós debe escoller unha persoaxe da comarca que lle pareza por unhas ou outras razóns a máis salientable de todo este ano que nos deixa,sempre ,claro está, argumentando razóns convincentes para elo.Animádevos

PARADOXAS

Agora que estamos metidos de cheo na matanza asáltame un gran dilema:
Seica dende o 8 de decembro está terminantemente proibido matar os porcos a coitelo,como se veu facendo toda a vida;e que queredes que vós diga,a min non me parece de todo mal.E digo de todo porque é aquí cando as cousas deixan de ter sentido:
¿ Que pasa entón cos touros?que como é expectaculo nacional pódeselles facer 1000 e unha "perradas"sen que ninguén se digne a rematar con semellante barbarie ou será que como se ten insinuado os pobriños non sufren porque secretan elevadísimas cantidades de catecolaminas.
Pero,por favor,en que país vivimos!Se proibes faino coherentemente e emprega sempre a mesma bara de medir e se o fas así deberías proibir centos de "animaladas" que ocorren día tras día todo ó longo e ancho da península.Por exemplo os touros ou o sacrificio de visóns.
bicos

COMO LLE CHAMARIAS A SELECCIÓN??

Ímoslle poñer nome á Selección Galega!
Andamos á procura dun nome de guerra para a Galiza futboleira. Participa e gaña os agasallos máis tecnotrónicos.

Se os brasileiros teñen a mítica 'canarinha' e os holandeses a lendaria “laranxa mecánica”, cal é o nome de guerra para a Selección Galega. Pois nesas andamos en Vieiros, man con man coa Radio e a Televisión de Galicia, e queremos contar coa opinión de todos os siareiros.Dende este mércores e até o vindeiro día 26 de decembro, podedes propoñer un nome ou votar polo que máis vos guste, para isto só tedes que cubrir un sinxelo formulario de rexistro. Ao longo destes días imos ir vendo cales son os nomes favoritos. Todas as propostas que nos cheguen serán valoradas por xornalistas do eido deportivo. Como xa sabedes xa hai algunhas propostas que chegaron ao cabeceiro a semana pasada: Tropas de Breogán,Os Irmandiños, A Orballada Branquiceleste, Selección Bravú...son algunhas das moitas propostas...e ti cal tes?Mais para todos aqueles que participen, tanto propoñendo nomes como votando, pode haber premios tecnotrónicos. Sortearemos entre todos os concursantes dous Macbook e catro iPod Touch. O día 26 de decembro, ás 14 horas, publicaremos os nicks dos seis agraciados, que na mesma xornada recibirán un correo co resultado.Os premiados recibirán os seus agasallos o 27 de decembro no estadio de Balaídos instantes antes do partido Galiza-Camerún. Nese momento, tamén se fará público o novo nome de guerra da nosa selección.*Esta noticia non ten posibilidade de comentarios. Se queredes podedes participar e ver como van os resultados aquí. Adiante.

martes, 18 de diciembre de 2007

incrible

Un galego detido en Londres tras acudir a unha conferencia sobre os kurdos
Deteñen a un avogado galego en Londres despois de presentar unha conferencia sobre Turquía e os Kurdos
O avogado galego Gustavo García foi retido en Londres durante máis de tres horas, aplicando a Lei antiterroristas logo de presentar un relatorio sobre Abdullad Ocalam, líder do PKK, actualmente en prisión, segundo indicou a asociación Esculca.Segundo indicaron, axentes da policía metropolitana retiveron a García e a Manhmut Colak (que tamén participara na conferencia) na estación de King Cross, na capital británica.Despois da detención ambos foron sometidos a un “intenso” interrogatorio en aplicación da Lei antiterrorista, nun procedemento denominado “Examination” (privación de liberdade previa á detención daquelas persoas relacionadas cun acto terrorista).

lunes, 17 de diciembre de 2007

QUE NON NOS TROQUEN A NOSA HISTORIA

PARDO DE CELA:
17 de Decembro de 1483. Hai hoxe, exactamente, 524 anos. Na Praza Maior de Mondoñedo era executado polas tropas castelás baixo mando do capitán Luis de Mudarra, o mariscal Pero Pardo de Cela, símbolo da rebeldía galega face á política asimilista de Castela e dos Reis Católicos sobre Galiza. Xunto a el, eran tamén executados os seus guerreiros máis leais: Pero de Miranda Saavedra e Castro (seu propio fillo), García Rodrígues, e Bartolomé de Baamonde.Tráxico final, que ten a súa explicación máis imediata na Real Cédula asinada en Toledo polos Reis Católicos o 3 de Agosto de 1480, pola que envía a Galiza a Fernando de Acuña como Xusticieiro Maior, o licenciado Garci López de Chinchilla como Alcalde Maior, e Luis de Mudarra como capitán dun continxente militar castelán de varios centos de xinetes e dun número indeterminado de guerreiros de infantaría a pé. O obxectivo político-militar, eliminar por calquera método calquera caste de oposición na Galiza ao proxecto imperialista impulsado polos Reis Católicos, que daría pé ao nascimento do Estado español.Previamente, outra Real Cédula (18 de Febreiro de 1478) instaura a “Santa Hermandad” na Galiza como auténtica policía política ao servizo de Castela. Dirixe este corpo Antonio de Paz e o licenciado Fernando Gómez de Tordehumos. O descontento social xerado pola violencia, a crueldade e os castigos infrinxidos pola Santa Hermandad está documentado. Entre outras razóns, pola implantación de duros impostos (18.000 maravedís por cada cen veciños) para manter economicamente o propio corpo represivo. O historiador aragonés Zurita descrebe o despregue da Santa Hermandad na Galiza “contra la voluntad de todo aquel reyno, estando todos en resistencia”. E non oculta o obxectivo final: “pregonar desde el Miño hasta la mar hacer al Rey y a la Reina Señores de aquel Reyno”.A resposta galega a este proceso nasce, nunha primeira fase, cun acordo político entre a nobreza galega, de apoio mútuo en caso de agresión, mais que lamentabelmente -para o futuro da Galiza- non perdurou. Na segunda fase, co enfrontamento armado directo, liderado no sul por Pero Álvarez de Soutomaior (con conexións con Portugal), e no norte co mariscal Pardo de Cela.Pardo de Cela resistiu un cerco de entre dous a tres anos (depende das fontes) no inexpugnábel castelo da Frouseira. En calquera caso, o asedio foi longo e cruento, con numerosos mortos, tanto polo bando galego como polo castelán. A imposibilidade de conquista da Frouseira levou ao mando castelán a empregar o método da traizón, perfeitamente documentada, e que efectivamente levou ao mariscal a ser finalmente preso polo inimigo. Morto Pardo de Cela, o combate continuou, neste caso co protagonismo dunha muller: Constanza de Castro, filla do mariscal. Ela é quen de dirixir un grupo de guerreiros galegos leais e de manter as hostilidades contra as tropas castelás. Despois dun tempo é finalmente cercada no castelo de Vilaxoán (a famosa Torre da Cal da Loba, ainda en pé, no concello de Cospeito, na Terra Chá). Resiste durante once meses o cerco militar, e non se rende. Morre, probabelmente envelenada pola auga podre do alxibe, mais non se rende. Quen si pacta a súa capitulación após a morte de Constanza é o seu home, Fernán Ares de Saavedra, que salva a súa vida comprometéndose a servir aos Reis Católicos na guerra de Granada.En 1487, xa “pacificado” o Reino de Galiza, visitaban o noso país os Reis Católicos. Había 110 anos que un monarca castelán non pisaba terra galega. E ficaba xa definitivamente aberto o camiño que posteriormente se definiría, sen eufemismos, “Doma y Castración del Reino de Galicia”. As consecuencias prácticas ficaban ben á vista: 150 castelos, torres e fortalezas derrubadas, imposición do sistema castelán de pesos e medidas, proibición de reunións numerosas (mesmo en vodas e bautizos), estado represivo controlado pola Santa Hermandad, substitución lingüística, bula papal a bispos de Ávila, Segovia, Córdoba e León con dereitos sobre os mosteiros galegos; expulsión e/ou eliminación dunha parte importante das clases dirixentes, nobiliarias e eclesiásticas. En definitiva, fin da existencia do Reino de Galiza como espazo con dimensión e dialéctica política de seu, ficando dominado militarmente e inserido politicamente baixo dependencia de Castela/España.Este proceso histórico, chave para interpretar o desenvolvemento posterior, foi conveniente e intencionadamente ocultado polos vencedores. Os galegos non podíamos ser conscientes do noso propio pasado, e moito menos dos seus episodios heroicos. E roubáronnos a historia. Obviamente, recoñecer que o proceso de construción do Estado (“moderno”) español se fundamentou na violencia, na represión, na asimilación e na negación de Galiza, bota abaixo boa parte dos tópicos existentes sobre España e, sobretodo, no que ten a ver coa suposta “resignación natural” de galegas e galegos. Aquí o que houbo foi imposición durante 500 anos, non “convivencia harmónica”. E ainda así Galiza, o seu idioma, os seus sinais de identidade cultural, a súa singularidade, continúan a estar vivos e a seren reivindicados cinco séculos despois. Iso é o sorprendente.A data do 17 de Decembro estivo a piques de ser institucionalizada polo nacionalismo galego como Día da Patria Galega, en homenaxe a esa Galiza rebelde que non se rendeu á dominación castelá. En lembranza tamén de Constanza de Castro e desa Frouseira que nunca puideron conquistar as tropas castelás, convertida desde aquela en símbolo de resistencia e liberdade para o pobo galego. Tomemos boa nota e actuemos en consecuencia

sábado, 15 de diciembre de 2007

que vos parece

Nova Jersey elimina a pena de morte
Pendente da sinatura do gobernador, Nova Jersey aprobou a lei para abolir a pena de morte, converténdose no primeiro estado de EE.UU. en prohibir as execucións en catro décadas.

O Asemblea de Nova Jersey aprobou a lexislación para a abolición da pena de morte nese estado norteamericano, polo que só queda a firma do gobernador Jon S. Corzine antes de que se converta no primeiro estado en prohibir as execucións en catro décadas.
A lexislación foi aprobada con 44 votos a favor e 34 en contra, e substituirá a pena capital pola cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional. O Senado estatal aprobouna xa o pasado luns. Pola súa banda, Corzine, do partido demócrata, asegurou que asinará o proxecto en menos dunha semana.
Unha comisión estatal especial atopou o pasado xaneiro que a pena de morte resultaba moito máis cara que a cadea perpetua. "É o momento de que Nova Jersey salga do negocio das execucións", asegurou o asambleísta demócrata Wilfredo Caraballo. "A pena capital é cara, discriminatoria, inmoral e bárbara, somos un estado mellor que aqueles que matan xente", engadiu.
Os republicanos, pola súa banda, intentaron que a medida non afectase aos condenados por asasinar a membros dos corpos de seguridade, por violar e asasinar nenos e por terrorismo, pero a idea foi rexeitada.

jueves, 13 de diciembre de 2007

COMO SE MIDE A INTELIXENCIA?

A xente que fala castelán é máis intelixente?”
A pregunta “A xente que fala castelán é máis intelixente?”, forma parte dunha polémica enquisa feita aos pais dos alumnos dun colexio de Ferrol.


Os pais dos máis de 400 alumnos do Colexio Público Isaac Peral de Ferrol, atoparonse estes días respostando a preguntas como esta nunha enquisa feita polo centro para avaliar o uso do galego entre os alumnos.Segundo indicou o director do colexio, Luis Docampo, a enquisa está “copiada” dunha plantilla enviada pola Consellería de Educación a todos os centros, no marco da elboración dun proxecto lingüístico esixido pola administración.PreguntasA enquisa preguntaba ademais e o galego é unha lingua “axeitada” para os videoxogos ou se as matemáticas se poden aprender en galego.Docampo afirmou neste sentido que desde o centro fixeron só a enquisa, requerida por Educación, e que se están “quitando as cousas de quicio”. Para rematar, sinalou que o profesorado “só quere que a competencia lingüística nas en castelán e galego sexa plena”.

Aproveitando a nova recomendovos a entrada na nova web do semanal A NOSA TERRA xornal que cumple 25 anos na defensa da nosa terra.
Porcerto,alguén de vós sabe como se mide a intelixencia?

BO NADAL


El Jueves felicita o Nadal con ironía.
BO NADAL A TOD@S

miércoles, 12 de diciembre de 2007

QUE PASA NENO

O PP coruñés denuncia que o executivo local "non respecta o bilingüísmo"
Os populares quéixanse de que as concellarías nacionalistas non publican folletos en castelán.
Os conservadores coruñeses anunciaron este martes que pedirán no vindeiro pleno “que se respecte o bilingüísmo” no consistorio. O PP herculino asegura que numerosos veciños se queixan porque algunhas concellarías que detentan os nacionalistas editan todos os folletos informativos en galego.O grupo que lidera Carlos Negreira considera que o goberno municipal debe publicar todo o papeleo tamén en castelán. Por iso, pídenlle ao alcalde que chame á orde aos concelleiros do BNG.

martes, 11 de diciembre de 2007

¿qué vos parece?

PP e PSOE facilítanlle o camiño do voto aos netos de emigrantes
As garantías de limpeza do voto exterior non foron prioridade na votación este luns no Senado, onde populares e socialistas rexeitaron unha emenda do Bloque ao respecto.
A extensión do dereito á nacionalidade que recolle a lei da memoria histórica aprobada este luns no Senado, facilitará que todos os netos descendentes de exiliados do Estado español poidan participar nas convocatorias electorais

Para min este é un tema controvertido e moi dado para o debate.Gustariame coñecer as vosas opinións e establecer aquí unha discusión sobre o mesmo.Opinade

domingo, 9 de diciembre de 2007

Con un par de narices:noraboa

Balance da actividade mineira: forte deterioro, escasos beneficios:

O Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, rexeitou un galardón da Cámara Mineira en protesta pola actitude da industria louseira e pola actual política mineira en Galiza.

O compromiso na defensa do patrimonio científico e cultural, herdanza á que tamén pertence o Courel é o argumento exposto por Xoán Ramón Vidal Romaní, catedrático de Xeoloxía e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, da Universidade da Coruña, para rexeitar o Premio Santa Bárbara, na modalidade Comunidade Mineira, concedido pola Cámara Oficial Mineira de Galicia. Desde SOS Courel agradécenlle á institución a súa firmeza na defensa do patrimonio natural do país. En resposta oficial aos promotores do galardón, os responsábeis do centro investigador expoñen a súa imposibilidade en atender ao recoñecemento "debido á discrepancia coa política mineira actual" e en especial no que lle toca á "minaría da lousa". Xa que logo, Vidal Romaní rexeitou o premio en nome do Consello Científico do Instituto Universitario de Xeoloxía, IUX. Fonda "agresión" ao medio para poucos beneficios "O IUX non pode ignorar este deterioro do noso país e non pode autorizalo compartindo un premio de gran relevancia con algúns dos autores do desastre ambiental", indican na mensaxe enviada á Cámara Mineira. Na misiva aseguran que o centro non se opón á industrialización nin á minaría, pero destacan que esa actividade "non debera levar ao deterioro permanente e con escasos beneficios para Galiza". Os investigadores critican que os danos producidos especialmente pola industria extractiva da lousa "son enormes" e están implicando a "destrución" do patrimonio científico, xeolóxico e biolóxico, do patrimonio ambiental. "Os efectos negativos destas explotacións de lousa son visíbeis de xeito evidente na comarca do Barco de Valdeorras e agora van comezar a repetírense coa mesma intensidade no Courel", denuncian. O IUX láiase de que "o Val de Pacios e os galciares de 300 mil anos de antigüidade xa foron destruídos" e advirten de que a pé de Folgoso do Courel vanse repetir os mesmos erros.

sábado, 8 de diciembre de 2007

Cen anos

O himno galego (Os Pinos) é o símbolo acústico máis solemne de Galiza como comunidade política. O texto son as dúas primeiras partes do poema Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal, e a música é da autoría de Pascual Veiga.
Estrenouse na Habana en 1907 e, como a Bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi sendo aceptado. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República atinxiu o recoñecemento oficial.
Evitouse durante o franquismo e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, como moito, en actos culturais e como unha canción máis dentro do folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.
En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a erguerse para cantalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes. Os centralistas asumiríano, finalmente, na campaña electoral de 1977.
O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envíalle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicítalle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto
O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a libertazón. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacional histórica.
O nome do país non figura en nengures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón" de "Breogán".
Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

domingo, 25 de noviembre de 2007

E non se debía nada!!!!

O CONCELLO DE MELIDE APROBA 1.2 MILLÓNS DE EUROS DE FACTURAS SEN PAGAR DO ANTERIOR GOBERNO DO PP

As facturas aprobadas polo novo equipo de goberno municipal en tres Xuntas de Goberno Local ascende xa a 1.167.374.71 €O novo equipo de goberno do Concello de Melide (BNG e PSOE) ten como unha das súas prioridades o levar a cabo, canto antes, o pagamento de facturas pendentes de exercicios do ano 2005, 2006 e 2007 que o anterior equipo de goberno (PP) deixou sen pagar. Unha gran parte dos centos de facturas aprobadas nos últimos meses corresponden a débedas con empresas e negocios locais que levan agardando ata dous anos para poder cobrar do Concello de Melide.Así, en só cinco meses dende a toma de posesión, o novo goberno municipal xa leva aprobado facturas por valor de case 1,2 millóns de euros nas seguintes Xuntas de Goberno Local que se celebran todos os venres:
Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada o 10-8-207: Nesa sesión aprobáronse facturas pendentes por valor de 201.601,03 €.
XGL do 28-9-2007: Aprobación de 262.797,8 €.
XGL do 16-11-2007: Nesa sesión aprobouse un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que ascende a 702.975,88 €
Para o concelleiro responsable de Facenda e portavoz do goberno, Xosé Antonio Díaz, “débese saldar canto antes a débeda pendente cos comerciantes e empresarios melidenses e de fóra de Melide pois repercute moi negativamente no funcionamento dos mesmos e no do propio concello”.
O edil de Facenda do BNG amosa a súa satisfacción por ter ben encamiñado o pagamento das facturas pendentes, pero lamenta que aínda sigan quedando máis facturas sen pagar do anterior goberno. Neste sentido, informa o portavoz municipal de que hai, por exemplo, 20 facturas dunha mesma empresa presentadas no Rexistro do Concello de Melide o pasado 14 de xuño, dous días antes da toma de posesión do novo goberno, que suman 220.500 euros e que non foron aprobadas polo novo goberno por querer examinar cada unha delas con detemento.
Pero, para facer posible o pagamento destas facturas, o novo goberno municipal tivo que concertar en días pasados unha operación de crédito de 480.000 euros e no próximo pleno ordinario a celebrar o xoves, 29 de novembro, aprobarán pedir un préstamo bancario de 838.171,85 € a un prazo de 15 anos.Precisamente, a voceira do PP, Ángeles Vázquez, criticou este novo préstamo municipal nun dos últimos plenos celebrados afirmando que “Non entendo a débeda do concello a longo prazo”. A alcaldesa melidense contestou daquela ao respecto que “o novo goberno de Melide non entende nin quere débedas a longo prazo coa empresas, negocios e tendas de Melide”, tal e como viña facendo o PP e que tan mala imaxe deu dentro e fóra de Melide. Para a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, o feito de aprobar en tan poucos meses case 1,2 millóns de euros demostra dúas cousas:1º- A confirmación de que, efectivamente, había centos e centos de facturas do anterior goberno sen pagar e que algunha xente poñía en dúbida.
2º- A preocupación do novo goberno municipal por saldar débedas pendentes.
Melide, 24 de novembro de 2007

Gabinete de Prensa© Concello de Melide 2007 - contactar

CIBERIRMANDADE

A Ciberirmandade insta ao grupo Gadis a utilizar o galego na súa cadea de establecementos

A Ciberirmandade da Fala vén de poñer en marcha unha campaña para que o grupo Gadis continúe “pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma” utilizando o galego desde o etiquetado e sinalización das distintas seccións dos seus establecementos, á atención ao cliente e até a web do supermercado virtual.Dende esta plataforma afirman estar gratamente sorprendidos pola recente campaña de publicidade onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a "vivir como galegos", resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais. Desde a Ciberirmandade entenden que a "vivir como galeg@s" elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio. Polo que convidan a enviarlles un correo no que ademais de felicitar a cadea se lle anime a continuar pola liña que están a seguir na defensa da nosa Cultura e do noso idioma.

domingo, 18 de noviembre de 2007

John nash


Non sei se tivestes a oportunidade de ver "unha mente marabillosa",película basada no persoaxe e na enfermidade padecida por John Nash,premio nobel de economía.Para aqueles que non a viron vaia por diante a miña recomendación ,e para todos que saibades que teremos o privilexio de poder escoitalo na universidade.O acto penso que é o mércores 21,non sei a hora.Podedes miralo na páxina da USC.

viernes, 16 de noviembre de 2007


Máis de 60 colectivos en defensa do medio ambiente e o desenvolvemento sostíbel agrúpanse baixo un mesmo nome para loitar contra o “terríbel ritmo de destrución do territorio galego”[GZnación / Redacción / 16 Nov 07]
Un nacemento para a loita contra unha “economía depredadora”, a creación de “sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre os gobernos e empresas” e para aumentar a “sensibilización social e participación activa”. A plataforma “Galiza non se vende” inauguraba esta mañá a súa presenza na vida pública cunha nova nomenclatura baixo a cal se agochan unha morea de colectivos de todo o país. Representantes do Comité de Emerxencia pola Ría de Ferrol, Federación Galiza Verde, Salvemos Monteferro e Federación Ecoloxista Galega foron os encargados de tomar a palabra na súa presentación.Malia que aínda esperan que máis colectivos se engadan a esta proposta, son xa máis de 60 as organizacións en defensa do medio ambiente ou a prol do desenvolvemento sostíbel as que forman parte dun ente que, para Xosé Reigosa, membro de 'Salvemos Monteferro', é un “símbolo do que está a pasar”. Reigosa referíase así ao Plan Acuícola da Xunta, aos portos deportivos ou á sobreexplotación dos recursos do noso país.Pero foi Mabel Rivera, da 'Federación Galiza Verde' a que botou man dunha conciencia cidadá que “hai que defender”, xa que para a actriz “somos os únicos que temos que levar a cabo un exercicio de responsabilidade cidadá”. Nese senso, Rivera insistiu en ter a iniciativa fronte a “agravios contra o país” que se produzan por parte do Goberno ou das empresas multinacionais”.Despois da primeira aparición pública de “Galiza non se vende”, este colectivo pretende seguir co proceso de organización interno de cara a vindeiras actuacións. E, por exemplo, teñen previsto acudir a todas as mobilizacións locais que se produzan pola defensa do medio ambiente. A máis curto prazo, “Galiza non se vende” estará na feira Terractiva de Arzúa esta fin de semana, na cal disporán de tres stands informativos.

martes, 13 de noviembre de 2007

magosto































































































































































































Aproveitando o bo tempo, que xa vai sendo hora de que chova,escapei esta fín de semá para a terra dos meus antergos,que aínda que sempre é fermosa,brila máis e especialmente ca caida da folla.Aquí vos deixo algunhas fotos do magosto e das paisaxes caurelás.



















Salvémolo Courel

Paradoxas





































Diante da grave situación que atravesa o encoro da Fervenza no Xallas que xa deixou milleiros de peixes mortos, a Xunta ven de anunciar agora a apertura dunha investigación. No entanto, ADEGA lembra que en xullo deste ano a Xunta concedeu 3 novos aproveitamentos a Ferroatlántica, enaxenando de facto o treito final do Xallas a Villar Mir. Hai pois 8 centrais hidroeléctricas e 4 encoros nun treito de 9 km de río, incluido o "secuestro" dunha das marabillas naturais de Europa: a fervenza do Ézaro. CANDO REMATAREMOS CON ESTA VERGOÑA?
















adega
















Canta razón teñen estos de Adega,mentras o señor Villar Mir e a súa empresa esquilman a flora e fauna do Xallas nós concedémoslles máis licenzas para que deteriore aínda máis unha marabilla como é ese rio,por certo único europeo que cae dende un acantilado ó mar.Moi ben señores políticos,sigan así que persoaxes coma este,que construe o ave en catalunya e non o permite pola súa mina de serrabal en galiza,se sigan a mofar de tódol@s galegos.
















Deixovos unhas fotos dunha visita,que a todos recomendo,ó rio Xallas.







LEMBRANZA O PASADO




. O accidente do Prestige ocasionou unha auténtica catástrofe ecolóxica nas costas galegas. Numerosos enclaves naturais, entre eles 20 LICs da Rede Natura 2000, o Parque Nacional das Illas Atlánticas, 6 zonas húmidas do convenio RAMSAR no noso litoral e tamén Zonas Especiais para a Protección das Aves (ZEPAS), foron afectados. Case cinco anos máis tarde, o ecoloxismo destaca a importancia dos danos colaterais, tanto directos como indirectos. Valoramos positivamente a resposta da sociedade na loita contra a contaminación, mais criticamos a deficiente atención prestada á denuncia do modelo enerxético, económico e social que en última instancia orixinou a catástrofe.




ADEGA

miércoles, 7 de noviembre de 2007

TODO SE NORMALIZA


A selección feminina de fútbol debutará contra Cataluña en Balaídos
No mesmo lugar e día en que a selección masculina se enfronta a Camerún.



Ámbolos dous equipos han xogar o mesmo día, o 27 de decembro en Balaídos. As horas aínda están no aire, xa que os partidos serán retransmitidos pola Galega.A loita pola igualdade no deporte: créase a selección feminina de fútbolA directora xeral para o Deporte, Marta Souto, que estivo acompañada polo presidente da Federación Galega de fútbol, Carlos Meana, destacou que coa creación da selección galega feminina de fútbol estase a avanzar, un paso máis, nas políticas de igualdade e integración que desenvolven dende o Deporte Galego. Coa creación desta nova selección feminina (que se une ás xa existentes seleccións de balonmán e baloncesto), a Dirección Xeral segue a avanzar no seu proxecto de creación e apoio ás seleccións nacionais galegas.En canto ás xogadoras, dende Deporte destacaron que hai deportistas de gran calidade no fútbol galego feminino, moitas delas xogando na Superliga, en equipos de fóra de Galiza.Tamén se falou da seleccionadora, que será tamén unha muller, estanse barallando algúns nomes e dende Deporte xa se puxeron en contacto con algunha técnica galega para que poida dirixir ao novo combinado nacional.Un rival de calidade para a selección masculinaComo xa adiantabamos, a selección rival dos galegos será a de Camerún. O contrato aínda está por fechar, polo que non se sabe que xogadores se han enfrontar ao combinado galego.Mais o que si se sabe é que o equipo africano vén a Galiza a preparar os partidos da Copa das Nacións Africanas (depois do partido hanse concentrar en Tenerife), un torneo moi importante para eles, polo que seguramente han viaxar cos seus mellores xogadores.

domingo, 4 de noviembre de 2007

FANNY+ALEXANDER



O dúo compostelán edita o seu segundo álbum: "Finais dos 70, comezos dos 80", no que converten o verso libre de nove poetas contemporáneos en alfaias de pop electrónico

¿Quen me ía dicir a min que unha mañá atoparíame cantando na ducha versos de Daniel Salgado, Lois Pereiro ou Pilar Pallarés? Fanny+Alexander conseguírono: colleron o verso libre dalgún dos mellores poetas contemporáneos de Galicia, metéronos nun sintetizador e "play". Nove poemas, nove poetas, nove cancións. Ademais dos mencionados, Carvalho Calero, Elvira Riveiro ou María do Cebreiro. ¿E logo non era isto o que facían os integrantes de Voces Ceibes, os Tamara, Suso Vaamonde ou Amancio Prada nos anos setenta? Pero non estamos nos setenta, o disco sitúanos no aquí e no agora: Galicia, século XXI. A modernidade entrou pola porta e nin nos decatamos. E resulta que Galicia volve estar na vangarda.Alén disto, no álbum, disponible nas tendas, pero tamén en descarga gratuíta na plataforma A Regueifa.net, hai algunha sorpresa: unha remestura a cargo de Projecto Mourente, a relectura do S.O.S. de Manuel Antonio que Fanny+Alexander fixeran hai un tempo, ou a versión completa do Berlín de María Lado musicado precisamente por F+A. Ah, e un regaliño máis: a versión galega do "Panic" dos Smiths, que nos leva dende o "pánico nas rúas de Vigo, pánico nas de Compostela..." até un retrouso que se vai repetir moito nos vindeiros meses "imos queimar a disco, meterlle ao papán do DJ, porque a música que anda a poñer non di nada sobre a nosa vida, ¿que che dixen? Merda de DJ". O disco é unha delicia, unha hora de música e poesía que engancha e que ás veces fai tremer. A beleza é ás veces terrible.
XORNAL GZNZCION
DESCARGADEO,É REALMENTE FERMOSO.NO ENLACE DA REGUEIFA DISPOÑEDES ADEMÁIS DOS VIDEOCLIPS,ESTOU SEGURO DE QUE VOS GUSTARÁN.

sábado, 3 de noviembre de 2007

Discriminación








Estes son só tres casos de discriminación lingüística nos últimos meses entre os que acontecen cada ano ao teu redor. Aínda que custe crelo, porque parecen situacións propias doutros tempos, o ano pasado sóubose de 28 casos de persoas acosadas no seu traballo por falaren en galego, chegando en ocasións ao despido. Neste ano en que estamos, o 2007, trascendeu que unha pediatra da Coruña prohibe, co consentimento da dirección do seu hospital, que os nenos se dirixan a ela en galego... E así cun longo etcétera.A indiferenza e a pasividade permiten que estas inxustizas se continúen a producir na actualidade.
A Mesa pola Normalización Lingüística

RUEGO TRADUCCIÓN


¿Algún problema coa lingua na consulta médica?

Seica a carreira de Medicina esixe demostrar unha boa capacidade de aprendizaxe.¿ É máis complicado aprender galego para os médicos?

Paradoxalmente, e logo de saltar a primeiro plano o caso dunha pediatra que nun centro coruñés lle prohibía falar galego a un cativo na súa consulta, de Vigo chéganos agora un caso no outro estremo: unha doutora sofre de problemas no traballo por usar o galego. Trátase dunha ha pediatra do Complexo Hospitalario de Vigo, que atopou que unha solicitude de probas radiolóxicas para un paciente fora rexeitada. No formulario que lle chegou de volta, alguén do servizo de radioloxía escribira con rotulador vermello a frase "Ruego traducción al español", coa palabra "español" subliñada. "Cal é a palabra que non entendían?", ironizaba esta semana o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, lembrando que se trataba dunha breve solicitude de tres liñas onde mesmo as palabras técnicas coincidían en español e galego. "Será abdominal a palabra que non comprende? Ou hipotensiva? Se cadra traumatismo?", laiouse Callón, afirmando que "é evidente que aquí estamos diante dun caso de fobia contra o galego, e non de incomprensión dunha lingua".

miércoles, 31 de octubre de 2007

Melide

Este pasado sábado adiqueime a pasear por rincóns de Melide polos que non podo camiñar ca asiduidade que me gustaría:aquí vós deixo as fotos,na parte superior do blogue.

A arquitectura ó igual que a lingua e costumes forma parte dos sinais de calquer nación.A nosa polo que podedes ver está entrando en coma profundo.

domingo, 28 de octubre de 2007

Rionero











































































































































Xa levaba unha tempada sen escribir no blog,unha por motivos de traballo e outra por un partido de fútbol que nos enfrentou(ó equipo do hospital) contra o hospital de Rionero,rexión italiana moi próxima a Napoles.A experiencia foi fabulosa.Ah!!gañamos 2-1.







Por certo,creo que o blog xa admite comentarios anonimos.Gracias Eva por lembrarmo.

Aquí vos deixo algunhas das fotos.