ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 29 de abril de 2008

Para os que non beben Feiraco

O SLG denuncia "represalias" de Industrias Lácteas Asturianas contra os gandeiros que cambian a empresas que pagan máis
O Sindicato Labrego Galego denuncia "represalias económicas" efectuadas nos cobros de Industrias Lácteas Asturianas S.A Reny Picot, multinacional propiedade do empresario asturiano Francisco Rodríguez. Ademais, aseguran que se trata dunha "práctica habitual". O sindicato nacionalista precisou que estas represalias se producen cando unha explotación que lle subministra o leite decide venderllo a outra que llo paga mellor. Nese momento, segundo revelou o sindicato, Industrias Lácteas Asturianas-Reny Picot paga a última entrega aplicando un "desconto de castigo". A empresa aproveita o feito de que no sector lácteo abónase "a mes vencido".
O SLG aclarou que esta práctica é independente das baixadas de prezo do leite que se están practicando nesta primavera. Con todo, din que en Industrias Lácteas Asturianas existen gandeiros aos que, na factura do leite de decembro, cando ninguén aínda falaba de baixar os prezos, xa se lles practicou un desconto de 10 céntimos, "aparte doutras anomalías na facturación".
"Baixadas revanchistas e escarmentadoras"
Concretamente, o sindicato nacionalista informou de que hai baixadas de prezos base de 0,34 que pasaron a 0,24 en decembro, "cando non existían outras baixadas máis que as meramente revanchistas e escarmentadoras desta industria contra a xente que deixa de serlle proveedora", reprobou. Ante este comportamento empresarial, o SLG fixo un chamamento a aqueles gandeiros que estean nesta situación a que se animen a denunciar a Industrias Lácteas Asturianas-Reny Picot ante os tribunais de xustiza, medida que este sindicato anunciou que fará de xeito "inminente" cos casos dos que teñen coñecemento.

sábado, 19 de abril de 2008

HABITAT

Reprochan que se critique o proxecto
Os consumidores saen a prol da "dignidade" que garante a Norma do Hábitat

A Unión de Consumidores de Galicia felicita a entrada en vigor da nova lexislación e destaca a importancia de que se estabelezan garantías "no produto máis importante" ao que un consumidor accede ao longo da vida.

Medidas que contribuirán decisivamente a dotar as vivendas "dunha configuración que as faga habitábeis e dignas no seu uso" non poden senón "ser consideradas como moi acertadas".
Deste xeito se pronuncian desde a Unión de Consumidores de Galicia, UCGAL, en apoio das Normas do Hábitat que entraron en vigor este xoves. "Supoñen un avance moi importante na consecución de obxectivos tendentes a dotar as vivendas galegas dunhas características de habitabilidade e sustentabilidade e por riba de todo, de dignidade", afirman desde o colectivo. Despois de estudar o documento polo miúdo, a UCGAL subliña o seu "rotundo" apoio á posta en marcha destas normas, e de xeito concreto, expresan a súa satisfacción polo feito de que as propias organizacións de consumidores e usuarios vaian ter voz neste ámbito a través dun representante no Comité Asesor de Habitabilidade. Salientan ademais o desexo de que fronte ás presións e críticas aparecidas desde algúns sectores, as novas normas "non acaben sendo papel mollado" e insta ao Goberno a "implicarse decididamente" nunha iniciativa que lle garante aos cidadáns "o acceso a vivenda en condicións de calidade, sostibilidade e dignidade". Ao respecto, propóñenlle á Xunta que desenvolva tamén actuacións informativas co obxectivo de trasladarlle á cidadanía "o contido do decreto" coa meta de que os consumidores sexan conscientes dos "dereitos" que a Norma do Hábitat lles garante.

martes, 15 de abril de 2008

sábado, 12 de abril de 2008

OS MESMOS CÁNS CON DISTINTOS COLARES

A Fegamp intenta tumbar nos tribunais as Normas do Hábitat
Dende o BNG acusan aos alcaldes socialistas e conservadores de defender os promotores e esquencer os cidadáns.


O Parlamento aprobou as normas logo dunha proposta da Consellaría de Vivenda que dirixe Teresa Táboas
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), que preside o socialista Carlos Fernández, anunciou este venres un recurso contencioso administativo contra as Normas do Hábitat que elaborou a Consellaría de Vivenda. Fernández subliña que a decisión se tomou porque os municipios consideran que a normativa invade competencias dos consistorios e que nalgúns casos se perde o 15% de edificabilidade nos inmóbeis.A decisión de acudir aos tribunais tomouse no seo da Fegamp cos votos a favor do PSdeG e do PPdeG e coa oposición do BNG. Dende esta última formación, o secretario de Política Municipal, Roberto Mera, acusou aos alcaldes socialistas e populares de “preocuparse máis polos intereses dos promotores ca da calidade de vida da xente”.

QUE APRENDAN MOITOS

Entrevista na Nosa Terra a A Dominguez:

Son lusista pero non renunciarei ao castelán'

Adolfo Domínguez: 'Mentres viva dirixirei a empresa dende Ourense'

. A Nosa Terra entrevista o deseñador ourensán, que dirixe o seu grupo de empresas, presente en catro continentes e con 32 tendas no Xapón, dende o Polígono de San Cibrao. Durante a conversa debullamos as múltiplas facetas de Adolfo Domínguez: deseñador, empresario e intelectual conviven nunha das figuras senlleiras da moda e do tecido económico galego.


Adolfo Domínguez, deseñador e empresario téxtil de éxito a partes iguais, mantén a administración da compañía no Polígono de San Cibrao, nas aforas de Ourense. Un caso atípico nunha multinacional con presencia en Europa, Asia e América, que adoitan trasladar os seus servizos centrais a Madrid para estar máis preto dos órganos de decisión estatais. O de Pobra de Trives é rotundo: “Nunca tiven a máis mínima intención e non creo que se faga mentres eu viva. Todo depende de formas de ser. A min non me gusta vivir nunha cidade grande, prefiro vivir no monte”.

O ourensán converteuse nunha icona da moda galega e española tanto polos seus deseños, que acadaron éxito entre os críticos máis esixentes, como pola súa estratexia empresarial, que conduciu ao seu grupo a cotizar na Bolsa de Madrid e a crear unha importante rede comercial propia. “O deseño non se pode entender separado da súa faceta empresarial. Creo cousas que son útiles para a xente e que tamén lles provocan emocións. Por iso eu nunca separei a miña faceta de deseñador da empresarial. Ou tes un empresario ao teu carón ou tes unha cabeza dividida nunha metade racional e ordenada e noutra intuitiva e con sentido artístico, que se poden complementar perfectamente”.
A entrevista desenvólvese poucas horas antes da inauguración da súa tenda no novo centro comercial de A Laxe, en Vigo. Rodeado de cámaras de televisión mantén unha imaxe e un cauteloso discurso de empresario de éxito. Rexeita, antes mesmo de preguntarlle polo tema, falar de política, pero dous temas introducen unha compoñente de emoción na tranquilidade do seu ton de voz. “Non son nacionalista, nin galego nin de Madrid. Non creo nas nacións, agás, quizais, na de Bruxelas”. Pouco máis tarde, alonga a entrevista lixeiramente máis do estipulado pola súa axenda para defender unha das súas conviccións: “Son lusista. En ningún caso renunciaría ao castelán, pero penso que os galegos perdemos moito cando no principio da autonomía cando no se optou por tomar o portugués como modelo, porque a actual norma afástanos de trescentos millóns de falantes. E a min non me gusta perder, en ningún caso”.

jueves, 10 de abril de 2008

MACHISMO POLÍTICO

As de dereitas son máis guapas, di Berlusconi
O líder da oposición e ex primeiro ministro di que "a esquerda non ten gusto nin para as mulleres".


Italia organiza eleccións esta fin de semana
Italia celebra esta fin de semana eleccións. Quince candidatos aspiran a ser primeiro ministro, mais só dous teñen, segundo as sondaxes, posibilidades de conseguilo: o líder do Partido Demócrata (PD) e ex alcalde de Roma, Walter Veltroni, e o do Pobo da Liberdade (PDL) e ex primeiro ministro, Silvio Berlusconi.Este último, favorito segundo as sondaxes, afirmou esta semana nun medio local que "a esquerda non ten gusto nin para as mulleres". Berlusconi, de 71 anos e cun longo historial de 'citas célebres', sinalou que cando miraba ao seu redor no parlamento, dábase de conta de que as políticas de dereitas "son máis guapas". Os comentarios provocaron a reacción das forzas de esquerdas, que cualificaron os comentarios de sexistas. Berlusconi prometeu que nomearía catro mulleres no seu gabinete de saír elixido primeiro ministro por terceira vez

E LOGO DIN QUE O GALEGO NON XOGA EN DESVANTAXA


OS PROBLEMAS PARA EXHIBIR UN FILME EN GALEGO E CATALÁN
Mariposa si, bolboreta non
Esíxenlle a unha coprodución galego-catalá filmada en Porto do Son que se dobre ao castelán para ser distribuída.
Bolboreta, mariposa, papillona. O filme do catalán Pablo García, producido por TVG e Ficción Producción polo lado galego, e Doble Banda e Eddie Saeta polo catalán é unha declaración a prol da convivencia das linguas dende o propio título. E tamén no seu desenvolvemento, pois está filmada en catalán, catelán e galego, case a partes iguais. A parte galega filmouse en Porto do Son e Outes. O filme está protagonizado por Fele Martínez (gañador dun Goya por Tesis) e participou en festivais de cinema de renome internacional como Donosti, Karlovy Vary, Montpellier, Nova York, ou Turín. Porén, non atopa unha distribuidora que queira exhibir a película en España. Esíxenlle que a dobren e néganse a mercar un filme en versión orixinal subtitulada, que como de costume, fica fóra dos circuitos comerciais. A iso únese o feito de que fose rodada en galego e catalán.
Financiamento:
A película tivo problemas por este motivo dende o inicio, no proceso de conseguir finanzamento. Por exemplo, TVE negouse a achegar fondos para a película, segundo a produtora Doble Banda, porque "en televisión non se pode emitir un filme que comece con subtítulos" (as primeiras escenas están gravadas en catalán). Paradoxalmente tampouco tivo finanzamento público en Cataluña, dado que tan só o 31% do filme está en catalán, polo que non puido optar ás subvencións da Generalitat, "que si recibiu, por exemplo, Spiderman, tan só por estar doblada ao catalán", láianse na produtora. E todo isto malia ás boas críticas recibidas, como a publicada en Avui "... sens dubte un dels exercicis més singulars que ha donat el cine de l'Estat espanyol dels darrers anys. Es tracta d'una oportunitat única, no la deixeu passar". Ou Cahiers du cinema: "Una obra limpia hecha de imágenes honestas, concebida con la determinación moral de respetar al máximo la verdad de las criaturas filmadas"
Distribución:
Se financiar unha película é difícil, a distribución funciona como un oligopolio no que as pequenas produtoras e os filmes menos convencionais ven case imposíbel chegar ás salas. "Quérennos facer crer que non hai público para este cine, pero si que o hai, o problema é como conectamos con el, como chegan a coñecer estas persoas a existencia de determinado filme".Bolboreta, mariposa, papillona foi estreada en Noia o 4 de abril de 2007, e será emitida pola TVG. Porén, conta tan só con tres copias (dúas con subtítulos en castelán e unha en catalán), e está sendo exhibida en lugares moi puntuais, principalmente en Catalunya, en pequenos cines, sobre todo. Non se trata dun problema novo; vemos como en Galiza Pradolongo, malia ao seu éxito, ten que exhibirse cada semana nunha localidade, ao non dispoñer de máis copias.

martes, 8 de abril de 2008

O DE SEMPRE

O BNG critica que Presidencia arquivase o caso da axente electoral
Pide que se investigue "até o final" e que PSOE e PP demostren a súa "vontade de reformar" a lexislación.

O voceiro parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, exixiu este luns que "se depuren responsabilidades" polo caso da presunta axente electoral do PSdeG, e criticou que a investigación interna de Presidencia arquivase o caso. Esta indagación determinou que se seguiran os procedementos "habituais" para acollerse ao convenio entre Iberia e a Xunta para custear viaxes a emigrantes en situación de emerxencia humanitaria. Aymerich cuestionou ao respecto como é que "non hai nada irregular" en que unha "axente electoral" se beneficie destas viaxes e sexa contratada con fondos públicos da Consellaría de Traballo por "un sindicato afín ao PSOE". Ademais, preguntado polos xornalistas sobre a posibilidade de levar o caso ante á Fiscalía, o voceiro nacionalista argumentou que sería "ilóxico" non facelo se se detectan indicios de delito unha vez esclarecidos os feitos. Neste senso, o voceiro do PSdeG, Ismael Rego, garantiu a autonomía da comisión de investigación aberta con respecto a outras indagacións, e aproveitou para agradecerlle ao Executivo que remitise o informe pechado ao Parlamento co seu resultado. Ponencia de reforma do voto emigrante Por outra banda, respecto a reunión da ponencia para reformar o voto emigrante convocada para o 15 de abril, Carlos Aymerich anunciou que o BNG "vai asistir a esa reunión para comprobar se hai ou non vontade de reformar a lexislación". "O Bloque entregou a súa proposta en novembro e seguimos á espera de coñecer as de PP e PSOE", dixo o voceiro nacionalista. Ao respecto, Ismael Rego afirmou que o PSdeG "terá a súa proposta" articulada para ese día, e responsabilizou ao BNG de que a proposta conxunta a presentar no parlamento español non estea lista, xa que "abandonou", en xuño de 2007, o primeiro relatorio activado ao respecto. "Perdemos un tempo precioso", sentenciou. Aymerich cualificou de "falsa" a afirmación. "Nós deixamos a ponencia -que impulsou o BNG- porque se puxo en evidencia que nin PSOE nin PP tiñan vontade política", afirmou, e sentenciou: "Se tanto din que o BNG non é decisivo en Madrid, tiveron tempo de abondo de modificar a lexislación sen contar co Bloque".

lunes, 7 de abril de 2008

Desenmascararse

Juncal: “O galego ten máis oportunidades ca o castelán"
O até agora presidente do PP coruñés critica as “presións” da Xunta para normalizar a lingua do país.

O ferrolán Xoán Juncal debulla os últimos meses á fronte do Partido Popular da Coruña. Aínda que non o quere recoñecer publicamente, as escasas simpatías que ten entre os alcaldes dan inviábel que repita como presidente provincial. O agora senador concede este luns unha entrevista ao xornal El País. Na mesma, Juncal fala da actualidade política galega.O ex rexedor de Ferrol considera que en Galiza está a haber unha “imposición” lingüística: “Son galego polos catro costados. Non falo galego porque non o aprendín na escola nin na casa, pero dóeme que se faga unha imposición a prol do galego. Hai moita presión da Xunta para propiciar unha inversión lingüística ao galego e iso é un erro”. O líder conservador tamén asegura que “agora hai máis oportunidades en galego e pode ter problemas o castelán”.Juncal recoñece que o PPdeG ten difícil gañar nas vindeiras eleccións autonómicas, a principal razón, segundo o popular, é que o Goberno ten unha “vantaxe mediática”.


Manda narices que exprese esto a mesma persoa que di que non aprendeu galego porque ninguén llo puido ensinar.Será señor Juncal que durante séculos se adicaron a perseguir a nosa lingua?,será señor Juncal que de non tomar medidas esta,que é a nosa lingua rematará na máis escuro das lembranzas?

viernes, 4 de abril de 2008

I HAVE A DREAM


Hai corenta anos unha bala matou un soño
O 4 de abril de 1968, Martin Luther King era asasinado con 39 anos, a mesma idade coa que morreron Emiliano Zapata, Augusto César Sandino ou o Che Guevara.
Redacción - 14:26 04/04/2008


O pobo de Estados Unidos conmemora este venres o cuadraxésimo cabodano do asasinato de Martin Luther King, nun momento en que a popularidade de Barack Obama, candidato negro á Casa Branca, revive o soño dos heroes da loita polos dereitos civís."Soño que un día en Alabama (...) os nenos negros e as nenas negras poderán darse a man cos nenos brancos e as nenas brancas como irmás e irmáns", dixo no seu inesquecíbel discurso I have a dream (Teño un soño).O 4 de abril de 1968, aos seus 39 anos -a mesma idade coa que morreron outros loitadores pola liberdade e a igualdade como Emiliano Zapata, en México, Augusto César Sandino, en Nicaragua ou o Che Guevara, en Bolivia-, o pastor Martin Luther King Jr era asasinado dun balazo na cabeza no balcón dun hotel do centro de Memphis (Tennessee) pola súa loita contra a segregación racial.

senator