ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 16 de noviembre de 2007


Máis de 60 colectivos en defensa do medio ambiente e o desenvolvemento sostíbel agrúpanse baixo un mesmo nome para loitar contra o “terríbel ritmo de destrución do territorio galego”[GZnación / Redacción / 16 Nov 07]
Un nacemento para a loita contra unha “economía depredadora”, a creación de “sinerxias que permitan mellorar a capacidade de presión sobre os gobernos e empresas” e para aumentar a “sensibilización social e participación activa”. A plataforma “Galiza non se vende” inauguraba esta mañá a súa presenza na vida pública cunha nova nomenclatura baixo a cal se agochan unha morea de colectivos de todo o país. Representantes do Comité de Emerxencia pola Ría de Ferrol, Federación Galiza Verde, Salvemos Monteferro e Federación Ecoloxista Galega foron os encargados de tomar a palabra na súa presentación.Malia que aínda esperan que máis colectivos se engadan a esta proposta, son xa máis de 60 as organizacións en defensa do medio ambiente ou a prol do desenvolvemento sostíbel as que forman parte dun ente que, para Xosé Reigosa, membro de 'Salvemos Monteferro', é un “símbolo do que está a pasar”. Reigosa referíase así ao Plan Acuícola da Xunta, aos portos deportivos ou á sobreexplotación dos recursos do noso país.Pero foi Mabel Rivera, da 'Federación Galiza Verde' a que botou man dunha conciencia cidadá que “hai que defender”, xa que para a actriz “somos os únicos que temos que levar a cabo un exercicio de responsabilidade cidadá”. Nese senso, Rivera insistiu en ter a iniciativa fronte a “agravios contra o país” que se produzan por parte do Goberno ou das empresas multinacionais”.Despois da primeira aparición pública de “Galiza non se vende”, este colectivo pretende seguir co proceso de organización interno de cara a vindeiras actuacións. E, por exemplo, teñen previsto acudir a todas as mobilizacións locais que se produzan pola defensa do medio ambiente. A máis curto prazo, “Galiza non se vende” estará na feira Terractiva de Arzúa esta fin de semana, na cal disporán de tres stands informativos.

No hay comentarios: