
Bos dias a todo@s:
Hoxe erguinme feliz,feliz tras moito tempo de espera,feliz por ver a un povo que esperta,feliz pola gran vitoria de Melide no dia de onte, feliz porque quen gañou foi Melide.
Onte chorei,chorei e moito,chorei cando se cantou o himno,chorei polos moitos abrazos,tocando no bombo,escoitando a Soqui...DIOS!,pensaba que o meu povo estaba morto e ten máis forza que nunca;que orguioso me sinto de todos: dos que levan anos traballando para chegar ata onde chegamos,dos maiores,da xente nova,dos candidatos e de ti Soqui, porque ti es a alma deste proxecto e porque sei o moito que traballas e queres a esta terra.Sen ti nada seria o mesmo.
Onte olas de emocións contidas durante 16 anos percorreron as ruas do meu povo,olas de cambio,de felicidade e de progreso.Agora máis que nunca somos de MILLI.
Rematou por fin a crispación,as politcas de medo,benvida sexa a palabra,porque esta é a arma máis forte e con ela,sen carretaxe,sen ameazas,sen agasallos demostramos que somos moi fortes,xa ninguén nos fundira.O barco comeza a sair a flote.Grazas Melide por reafirmar os meus sentementos.Grazas a todos porque o que vivin onte queda para sempre no meu corazón,nos meus recordos.
QUE ORGUIOSO ESTOU DESTE POVO.REMATOU A LONGA NOITE DE PEDRA
6 comentarios:
Eu tamén me sinto orguiosa de ser melidá e de que por fin se fixera xustiza. Agora espero (e coma min tod@s) que o fagan (fagades) coma Melide se merece.
Noraboa!
Ola a tod@s!! Eu tamén me sinto súper orgullosa de ser melidá e máis ca nunca ese orgullo sentino onte, igual ca ti, Coche. Estou máis que segura de que todos os candidatos formades a mellor opción posible para que Melide se faga GRANDE. Confiamos en vós. E creo que onte demostrámolo nas urnas. Un abrazo moi grande, tan tan grande ( polo menos ) como os que che din onte.
PD. Eu tamén chorei de orgullo e espero seguilo facendo.
Noraboda dunha arzuana!
PARABÉNS!!!
MOITA SORTE.
Parabéns ... e adiante.
Publicar un comentario