ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 12 de octubre de 2007

A BOLBORETA MORRE



O galego está na peor situación de toda a súa historia, segundo a Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística analiza “con suma preocupación” as estatísticas publicadas recentemente sobre a lingua inicial en Galiza, que sinalan que o galego pasou de ser o primeiro idioma dun 60,3% dos galegos en 1992 a ocupar a posición minoritaria, do 20,6%, no ano 2004.A situación nas cidades é especialmente grave. Por exemplo, só ao 1,6% dos ferroláns e ao 4,3% dos vigueses lle falaron seus pais en galego.Estes datos proceden dos inquéritos realizados polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega para elaborar o segundo volume do Mapa Sociolingüístico de Galiza, financiado pola Presidencia da Xunta a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, agarda que “estes datos estarrecedores sirvan para mover á reflexión de todos os galegos e galegas, pois de todas e todos nós depende que o galego siga vivo”.Singularmente, o dirixente da Mesa chama á responsabilidade dos poderes públicos, para que “fagan unha política lingüística seria, que garanta o dereito a vivir con normalidade en galego”. “As estatísticas son contundentes: O galego está na peor situación de toda a súa historia, porén a batalla non está perdida. O galego pode revitalizarse se se toman as medidas para iso.”Desde A Mesa sinálase como obxectivo concreto que o goberno bipartito da Xunta de Galiza dea “pleno cumprimento nesta lexislatura” ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que se aprobou por unanimidade en 2004 e que, segundo a organización cidadá en defensa da lingua, “aínda case non se desenvolveu”. “Só poderemos deter esta sangría se se toman as medidas para deter as discriminacións ou vulneracións de dereitos lingüísticos contra as persoas que queren vivir en galego e no Plan Xeral do Parlamento hai medidas concretas para que a situación poida mudar”.




A RABIA INVÁDEME Ó VER A UN PAÍS QUE ESTÁ DEIXANDO MORRER AS SÚAS SINAIS DE IDENTIDADE,ESAS QUE NOS DIFERENCIAN DOS DEMÁIS É QUE Ó TEMPO NOS DOTAN DUNHA ENORME RIQUEZA.ESTAMOS DESTRUINDO A PASOS AXIGANTADOS UNHA HISTORIA QUE SE CONSTRUIU DURANTE SÉCULOS,VEMOS QUE A NOSA LINGUA MORRE E NON TENTAMOS PARAR A SANGRÍA.

MIL PENSAMENTOS REBULEN NO MEU MAXÍN E NENGÚN ATOPA UN PORQUÉ A ESTA DESFEITA.¿QUE PENSARÍA BÓVEDA,CASTELAO OU ROSALIA?¿ENTRAMOS NOUTRO SÉCULO ESCURO?¿POR QUÉ CONSIDERAMOS INFERIOR O GALEGO?¿POR QUÉ GALEGOFALANTES LLES FALAN EN ESPAÑOL OS SEUS FILLOS?¿POR QUÉ?

NON O0 ENTENDO ¿VÓS?

No hay comentarios: