ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

sábado, 12 de abril de 2008

QUE APRENDAN MOITOS

Entrevista na Nosa Terra a A Dominguez:

Son lusista pero non renunciarei ao castelán'

Adolfo Domínguez: 'Mentres viva dirixirei a empresa dende Ourense'

. A Nosa Terra entrevista o deseñador ourensán, que dirixe o seu grupo de empresas, presente en catro continentes e con 32 tendas no Xapón, dende o Polígono de San Cibrao. Durante a conversa debullamos as múltiplas facetas de Adolfo Domínguez: deseñador, empresario e intelectual conviven nunha das figuras senlleiras da moda e do tecido económico galego.


Adolfo Domínguez, deseñador e empresario téxtil de éxito a partes iguais, mantén a administración da compañía no Polígono de San Cibrao, nas aforas de Ourense. Un caso atípico nunha multinacional con presencia en Europa, Asia e América, que adoitan trasladar os seus servizos centrais a Madrid para estar máis preto dos órganos de decisión estatais. O de Pobra de Trives é rotundo: “Nunca tiven a máis mínima intención e non creo que se faga mentres eu viva. Todo depende de formas de ser. A min non me gusta vivir nunha cidade grande, prefiro vivir no monte”.

O ourensán converteuse nunha icona da moda galega e española tanto polos seus deseños, que acadaron éxito entre os críticos máis esixentes, como pola súa estratexia empresarial, que conduciu ao seu grupo a cotizar na Bolsa de Madrid e a crear unha importante rede comercial propia. “O deseño non se pode entender separado da súa faceta empresarial. Creo cousas que son útiles para a xente e que tamén lles provocan emocións. Por iso eu nunca separei a miña faceta de deseñador da empresarial. Ou tes un empresario ao teu carón ou tes unha cabeza dividida nunha metade racional e ordenada e noutra intuitiva e con sentido artístico, que se poden complementar perfectamente”.
A entrevista desenvólvese poucas horas antes da inauguración da súa tenda no novo centro comercial de A Laxe, en Vigo. Rodeado de cámaras de televisión mantén unha imaxe e un cauteloso discurso de empresario de éxito. Rexeita, antes mesmo de preguntarlle polo tema, falar de política, pero dous temas introducen unha compoñente de emoción na tranquilidade do seu ton de voz. “Non son nacionalista, nin galego nin de Madrid. Non creo nas nacións, agás, quizais, na de Bruxelas”. Pouco máis tarde, alonga a entrevista lixeiramente máis do estipulado pola súa axenda para defender unha das súas conviccións: “Son lusista. En ningún caso renunciaría ao castelán, pero penso que os galegos perdemos moito cando no principio da autonomía cando no se optou por tomar o portugués como modelo, porque a actual norma afástanos de trescentos millóns de falantes. E a min non me gusta perder, en ningún caso”.

No hay comentarios: