ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 20 de mayo de 2008

Email do BNG

Sistema de financiamento autonómico: mito e realidade

O debate sobre o sistema de financiamento autonómico é vital para entendermos o papel de Galiza no Estado español. Como nacionalistas, interésanos enormemente que se esclarezan os fluxos fiscais entre Galiza e o Estado. Non só non lle debemos ter medo nengún a esta cuestión, senón que a debemos suscitar abertamente. O nacionalismo tivo claro desde sempre –eis os traballos de Alexandre Bóveda durante a II República- que a fiscalidade era unha arma en mans do Estado para incrementar o noso grao de dependencia e furtar así toda posibilidade dun desenvolvimento autocentrado de Galiza.O primeiro que temos é coñecer a realidade.
Os proprios datos oficiais (os últimos disponíbeis refírense ao exercicio fiscal 2005) desminten o falso mito da solidariedade estatal con Galiza. Non hai tal solidariedade. Galiza non vive de transferencias vindas nen de Madrid nen de nengunha comunidade autónoma. Galiza vive dos seus propios recursos.Vexámolo. En 2005 os galegos e as galegas pagamos impostos por un valor aproximado de 10.396 millóns de euros. Pois ben, os recursos totais que o sistema de financiamento do Estado outorgou ese ano á Administración autonómica –para financiar todas as competencias da Xunta- apenas chegaron a 6.839 millóns de euros (procedentes por suposto, deses 10.396 millóns). Isto é, estaríamos ante un superávit a favor de Galiza de 3.556 millóns de euros, cos que o Estado pode financiar sen problemas os servizos que presta en Galiza
A falacia da solidariedade estatal constrúese sobre a seguinte base: o que di ser o Estado máis descentralizado do mundo só descentraliza o gasto, non o ingreso. É a Facenda estatal quen recada a parte do león dos impostos. Así pode aparecer logo como benefactora das comunidades autónomas, ás que financiaría aparencialmente através do Fundo de Suficiencia. Trátase, por suposto, dunha inversión da realidade: son as comunidades autónomas, entre elas Galiza, as que financian o Estado e non o revés.
Precisamos un outro sistema de financiamento. Precisamos unha Axencia Tributaria Propia. E unha suficiencia financeira que incremente os recursos totais que o sistema pon en mans de Galiza. Para iso é fundamental o diálogo bilateral co Estado e non un modelo multilateral que trate igual a realidades distintas. Non por capricho defende o BNG unha negociación bilateral: deféndea porque o modelo actual, o multilateral, non ten servido para que Galiza puidese atender debidamente as súas necesidades de gasto público.A nós non nos vale a xeneralización de nengunha cesta de tributos, nen a catalá nen a madrileña. Úrxenos fixar as nosas proprias percentaxes de cesión sobre o IRPF, o IVE e os impostos especiais.
A igualdade que preconiza o españolismo non debe ser a igualdade do ponto de partida –as mesmas porcentaxes para todos-, senón a igualdade do punto de chegada –o mesmo grao de suficiencia financeira.En todo caso, o noso modelo final sería que Galiza recadase todos os impostos e transferise parte da recadación ao Estado para pagar os servizos (as competencias) que este nos presta.
O que está en xogo neste debate é a eficacia do autogoberno para os próximos anos ou, o que o mesmo, as posibilidades de incrementar o benestar dos galegos e das galegas e de atender as súas demandas desde o Goberno nacional.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Necesitamos saber a capacidade de autogoberno que temos , o noso benestar depende , en parte , diso.
Esta claro que non se pode equiparar nen madri nen barcelona a Galiza , nen mellores nen peores , pero semos diferentes... .
apertas coche

Anónimo dijo...

queda moito camiño por andar....
apertas . EVA . O COMENTARIO DE ANTES TAMEN E MEU..