ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 13 de agosto de 2008

Comandante











Identifican os restos do Comandante Moreno :

Unha antropóloga forense da ARMH identificou os restos óseos atopados, esta primavera, nunha foxa na Fonsagrada.


Os restos de Xosé Moreno Torres, coñecido como o comandante Moreno, membro do Batallón Galicia, asasinado por pistoleiros falanxistas na Fonsagrada, en 1937, foron, finalmente identificados.




A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) enviou un comunicado no que revelan que a súa colaboradora, a antropóloga forense Roxana Ferllini, concluíu os seus labores de estudo dos restos óseos que, se sospeitaba, puidesen pertencer ao Comandante Moreno e que foron exhumados a pasada primavera na Fonsagrada.
Os testemuños orais dos dous homes que, sendo nenos, tiveron que inhumar o cadáver, xa sinalaban o lugar exacto e a posición na que fora soterrado Moreno: estaba el só, en posición perpendicular á estrada e separado, uns metros do resto do grupo, membros, todos eles, do Batallón Galicia. As pezas dentais de ouro (que aínda conservaba e que non eran demasiado habituais naquela época), a estatura, a idade e algunhas características físicas foron determinantes para que a antropóloga Ferllini (con experiencia en misións especiais da ONU en Ruanda e Cosova) determinase a identidade do Comandante.

O Batallón Galicia: memoria de loita :
En setembro de 1936 creouse e comezou a se adestrar militarmente un grupo antifascista na avanzada galega cara Asturias, o que sería coñecido como Batallón de Milicianos de Galicia. Na unidade alistáronse moitos galegos residentes na raia galego-asturiana ou que conseguiran chegar até alí antes do 18 de xullo de 1936.
O 9 de xaneiro de 1937 uníronse a eles vintetrés destacados militantes libertarios galegos que conseguiran chegar ao porto de Xixón tras saír do das Xubias, na Coruña, nunha lancha pesqueira a motor, á que eles mesmos chamaban "La Libertaria". Entre os fuxidos estaba Emilio Novas Naya, Odilo Masid Masid e Xosé Moreno Torres, quen, uns meses após a chegada á Fonsagrada ía ser nomeado comandante da unidade.

De panadeiro a Comandante:

Xosé Moreno Torres era, antes do levantamento fascista, panadeiro na Coruña e militante da CNT, nun tempo no que máis da metade dos traballadores da cidade herculina levaban no peto carnés do sindicato vermello e negro.
Cando comezou a Guerra Civil, Xosé Moreno Torres, destacado militante anarquista, comezou a traballar na organización da resistencia na Coruña. Cando Galiza foi caendo, Moreno fuxiu aos túneles do ferrocarril, agochado dos falanxistas que o buscaban para asasinalo. Despois chega a memoria da fuxida en "La Libertaria", a resistencia na fronte asturiana e castelá, e a retirada cara o norte, nos montes da Fonsagrada, no Alto do Acebo, onde os emboscaron (contan que ao Comandante e a un grupo de 16 homes).
Moreno levaba unha "guerreira de coiro", (das coñecidas como de aviador) e un reloxo do ouro que, anos despois cantaban as coplas, terminaron no armario e no pulso dalgún dos falanxistas que lle disparou, no Alto do Acebo. Hai disto máis de 70 anos. Hoxe sabemos onde estaba soterrado e quen era el.
Ao Comandante Moreno aínda lle queda familia en México. Cando comezaron as escavacións das foxas da Fonsagrada, en agosto de 2007, os familiares de Moreno viaxaron para acompañar os voluntarios da ARMH neste labor.

1 comentario:

Anónimo dijo...

very cool.