ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 8 de febrero de 2009

"O PP traciou os seus votantes que falan galego",


A Mesa pola Normalización Lingüística valorou a manifestación realizada hoxe en Santiago de Compostela como “un fracaso para a convivencia de todos os galegos e de todas as galegas” e lamentou que se trate “dunha mobilización non para que se garantan dereitos, senón para retirarllos a outros e que se desampare totalmente a quen queira falar e vivir na lingua propia de Galiza”. Este colectivo cualificouna como unha “marcha do odio, a intolerancia e o racismo lingüístico”.

Para a maior asociación cultural galega é especialmente preocupante o apoio do PP a esta marcha(alí estaban corina porro,que debe fumar moitos,alfonso rueda e ana pastor,el jefe no fue porque estan con las elecciones gallegas), “a única entidade de relevo que a secundou e a que de verdade mobilizou a xente co seu toque de corneta, pois o resto dos respaldos son de organizacións non galegas, que descoñecen a nosa realidade, ou que son socialmente marxinais”. Entre estas entidades, A Mesa chama a atención aos apoios explícitos da extrema dereita, como a Falange Auténtica (http://www.falange-autentica.org/article.php?sid=1119) e ao comunicado da AVT no que se equiparou a defensa do galego coa coacción e a exaltación a ETA.

Para A Mesa, a actitude do PP protagonizando esta “marcha do odio” e chamando a participar na mesma “consuma unha traizón aos seus milleiros de tradicionais votantes que falan en galego”.

Esta asociación lembra tamén “a hipocrisía de que o PP se manifeste contra normas que aprobaron eles durante os seus gobernos, como a Lei de normalización lingüística, o Plan Xeral de normalización da lingua galega ou a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias”.

A respecto dos obxectivos formulados na convocatoria, A Mesa considéraos “predemocráticos” e lembra que nin a Constitución española nin o Estatuto de Galiza amparan o “ disparatado dereito á ignorancia do galego” que algúns defenden e sinala que “pretender evitar que os nenos e as nenas tamén aprendan en galego suporía unha fractura social”.

Pola contra, desde A Mesa manifestan a súa “defensa da igualdade xurídica e social do castelán, a lingua oficial do Estado, co galego, a lingua natural de Galiza” e conclúen: “Quen honestamente diga defender o bilingüismo, debería apoiar o idioma que está discriminado e non saír en manifestacións para que se machaque aínda máis.”

2 comentarios:

lavrego dijo...

Sí, mais A Mesa Pola Normalización Lingüística comete un grave erro ao decir que o Galego xa non se fala nas escolas e emn moitos outro sitios, cando a verdade é (todos o vemos) que o galego sergue a ser predominante e ten moita predssenza. O risco de ser victimistas con este tema, é que os galegofalantes o crean, se isto pasa ao mellor pérdese a sensación de utilidade desta loita a prol do Galego. Temos que facer ver a utilidade do Galego e amosar a fortaleza deste. Iso non se ve nas cidades, mais eu penso que se está a avanzar. E non por ser derrotistas.

Na manifestación de onte só había demagoxia barata. Se queren elexir en que idoma falar, por que ninguén elixe o Galego? E por que veñen autobuses dende Valencia entre outras partes fóra da Galiza? Estes non van escoller, o seu idioma é outro. Eu non vou escolle falar chinés, non ten sentido que vaia a Asia a unha manifestación de "China Bilingüe" Eu falo Galego!

Ghaiteira dijo...

Que envidia me das... EE.UU, Holanda... Eu tamén quería! jeje
Un bic0! ^^