ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 23 de junio de 2009

A ONDE QUEREN CHEGAR??

O pleno do Parlamento vén de aprobar, cos votos do Partido Popular, a supresión do artigo 35 da Lei da Función Püblica que, aprobado polo Goberno bipartito, establecía a obrigatoriedad de realizar, cando menos, unha proba en galego en cada exame de oposición para acceder a un posto de funcionario na Administración da Xunta.

Segundo a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, esta reforma vén garantir "os dereitos lingüísticos" dos opositores. "Trátase -di- de fomentar a competencia lingüística, de garantir a elección, e aí debería estar o debate, e non no enfrontamento nin no vitimismo lingüístico".

Mentres, dende a oposición, o deputado nacionalista Bieito Lobeira ten claro que a nova norma -que só esixe a presentación dun certificado CELGA, o equivalente ao título de Bacharelato- é propia dun Partido Popular "acomplexado" que, di, se "avergoña de ser galego". "É o colmo do retrato do colonizado -asegura- asociar a calidade dos servizos públicos só ao idioma español".

Tamén con dureza criticou a decisión da Xunta o voceiro socialista, José Manuel Lage Tuñas. Apunta o deputado do PSdeG que o actual Executivo galego é o "primeiro" da historia autonómica que "toma decisións contra a lingua propia de Galicia", cunha decisión que, di, supón "o 18 de xullo da lingua galega".

Neste escenario, os votos conservadores deron luz verde a unha modificación legal contra a que, mentres, en torno a trescentas persoas, convocadas pola Mesa pola Normalización Lingüística e os sindicatos maioritarios -UGT, CC.OO e CIG-, esixían a permanencia da lingua galega nos exames.

No hay comentarios: