PP e PSdeG amparan o plus de altos cargos
A Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola CIG para a supresión desta bonificación só é apoiada polo grupo do BNG.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, formación sindical promotora desta Iniciativa Lexislativa Popular (ILP), será o encargado este mércores de defender a argumentación a prol da cal asinaron arredor de 20 mil cidadáns. Malia o previo anuncio dos grupos parlamentarios de PPdeG e PSdeG de que votarán en contra da ILP, a Cámara será escenario dun interesante debate. O plus de altos cargos aprobouse en xullo de 2007 co apoio de todos os parlamentarios. Porén, o BNG recoñeceu poucos días despois que fora un erro sacar adiante a iniciativa,
Desde o grupo socialista aclaraban xa hai unha semana a súa posición contraria á ILP. "Nós dixemos que nos manifestabamos a favor de que se levase ao pleno", sinalaba o voceiro do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga. "Pero unha vez que vaia ao pleno, votaremos en contra porque non cremos que se deba reformar, xa que é unha lei aprobada por todos os grupos", argumentou Fernández Leiceaga. Mentres, desde o PPdeG, aínda que inicialmente xogaban a manter a incerteza sobre a cuestión, confirmaban posteriormente a posición contraria á ILP, de forma que os reiterados chamamentos á aplicación de políticas de austeridade non se aplicarán neste caso para a supresión do plus para os altos cargos.
Gasto "inadmisíbel" e quebranto dos principios de igualdade
A posición que o representante da CIG exporá este mércores no Parlamento demanda de PP e PSOE a reconsideración do seu voto contra a derrogación deste plus. "Do contrario estarán avalando non xa un gasto inadmisíbel cando se recortan os orzamentos en capítulos básicos para garantir uns servizos públicos de calidade, senón mesmo unha política discriminatoria e que atenta contra o dereito fundamental a participar en condicións de igualdade aos cidadáns e cidadás na vida pública", advirten.
De xeito concreto, a CIG analiza que a norma quebranta os principios de igualdade e de meérito e capacidade, recollidos nos artigos 14 e 103 da Constitución. Entenden desde a formación sindical que se introducen así elementos de discriminación entre funcionarios que desempeñan tarefas idénticas "e perciben retribucións dispares por razón de circunstancias xa pasadas e polas que foron compensados no seu momento cunha maior retribución". Especificamente, o aumento retributivo "asimílase ao nivel de director xeral, o que supón rebordar o límite dos trinta niveis legais que integran a careira administrativa". "Isto supón introducir un nivel retributivo supremo que só poden alcanzar os funcionarios que desempeñaron altos cargos (de designación política) e nunca os funcionarios que seguen unha carreira ordinaria, por exemplar e brillante que esta sexa", subliñan
ALLARIZ
parroquias de melide
MÁIS PARROQUIAS
/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>
GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA
duascentas fotos
CAMIÑANDO EN MELIDE
VIAXE A USA
HOLANDA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario