Bombardear un campo de concentración
“Onde está Abel, teu irmán”
Israel, un Estado economicamente desenvolvido con apoios e influencia directa en países poderosos, moi especialmente nos EEUU. Que se di europeu, participa como tal nos torneos deportivos de Europa e recebe da UE un trato comercial privilexiado. Un Estado constitucionalmente xudeu, argallado riba dun territorio que foi maioritariamente árabe e no que habitan ainda millón e meio de musulmáns. Nese Estado a povoación ignora ou despreza como vive a xente en Palestina, encerrada nun campo de concentración, a un nada de quilómetros de distancia, alén de fronteiras que non deberon existir. Son millóns as persoas que en Cisxordania e Gaza padecen unha situación de apartheid.
Encerrados en Cisxordania por un muro de oito metros de altura, sen teren liberdade para circular pola terra que lles resta; isolados nas cidades e vilas, de Ienin e Qalquilia a Hebrón e Belén, apertados entre a fronteira con Israel e o rio Xordán, para iren a outro lugar a traballar, cultivar os seus campos, asistir a escola ou para visitaren ás familias noutras vilas, os palestinos son humillados en centos de postos de control israelís. Salvo as cidades e as vilas, a terra de Cisxordania está ocupada polo Estado de Israel, e dentro dela vense no alto os asentamentos de xudeus que viven en urbanizacións farturentas pagadas por xente de continentes afastados, chantadas na proximidade de aldeas ou vilas palestinas empobrecidas. En Hebrón, uns centos de xudeus, asentáronse escoltados por 2.000 soldados de Israel, no meio dunha cidade de máis de 150.000 habitantes palestinos que son obxecto de continuas agresións. Os asentamentos xudeus en Cisxordania están unidos por autoestradas, entando que os palestinos teñen que circular por estradas secundarias inzadas de controis armados do exército israelí.
En Gaza a mesma sobrevivencia é un milagre. Millón e meio de persoas malviven con un esforzo atroz, nunha cativa faixa de terra, entre Israel e o mar, lindando abaixo con Exipto. Non son súas nen siquer as ondas que chegan desde o Mediterráneo. Os palestinos por non ter non teñen o direito a sairen de Cisxordania e Gaza. Nos territorios onde moran resulta praticamente imposíbel praticar algunha actividade produtiva relacionada co mundo exterior.
Bombardeando Gaza, o exército de Israel bombardea un campo de concentración. Atacan a xente indefensa que nen siquer ten a posibilidade de fuxir da morte. Estes días mataron a centos de persoas e feriron a muitas máis. Alcanzáronas no meio das nosas festas.
Frente a esta realidade pouco valen outro tipo de argumentos. Sendo certo que de cando en cando se lanzan rockets desde Gaza contra localidades israelís próximas como Sderot, producindo algunha vítima, iso non pode xustificar o bombardeo masivo contra os habitantes dun cárcere colectivo. Estiven non hai muitos meses en Sderot acompañando a unha misión do Parlamento Europeu. Acababa de cair un deses proxectís, por fortuna sen consecuencias persoais. Na mañá do mesmo día, estando a misión en Gaza o exército israeli matara a sete persoas. Nese momento comprobábamos o lamentábel estado dos hospitais do territorio, onde nenos doentes chegaban a morrer por falta de medicinas ou por cortes de electricidade.
En Gaza domina unha organización como Hamás, que non aceita a existencia do Estado de Israel. Non é alleo a esta posición o feito de o Estado de Israel manter unha opresión colonial sobre millóns de palestinos, movido ainda pola idea do Gran Israel, en Xudea, Galilea e Samaria. Israel non aceita nen siquer unha Palestina plenamente independente nos limitados territorios resultantes da guerra de 1967, tal como foi aprobado pola ONU.
Se a división dos palestinos dificulta a procura dunha solución, non se pode esquecer que Israel non aceitou a vitoria parlamentaria de Hamás, un grupo que antes impulsara contra o Al Fatat de Iassir Arafat, nen ocultar que este faleceu depois de vivir encarcerado en condicións inhumanas no pazo presidencial de Ramallah. O proprio descrédito da Al Fatat do Presidente Mahmud Abbas é consecuencia da acción agresiva de Israel e dos EEUU. Os norteamericanos sustentan de facto a ocupación dos territorios palestinos e non axen inequivocamente a favor dun Estado para ese povo, contribuindo así a envenenar o mundo e propiciando a violencia islamista que din combater. A humillación que padecen os palestinos explica mesmo que unha sociedade tan laicizada como a que forman sexa invadida progresivamente por ideas e comportamentos fundamentalistas e por comportamentos contrarios a igualdade de direitos das mulleres.
A responsabilidade do que ocorre en Palestina é en última instancia do Estado de Israel e dos paises que sustentan a súa acción, como os EEUU. Mais tamén o é en grande medida dos Estados da Unión Europea, a Federación Rusa ou os Estados árabes da zona, que non impoñen unha solución xusta a un conflito inficionado.
Ainda que a solución dunha Estado palestino é necesaria e resultará inevitábel, hoxe non existen motivos para a esperanza. A ofensiva do exercito israelí prodúcese no momento das eleicións internas nas que os partidos xogan como sempre a ver quen saca máis peito, quen é máis home, frente aos palestinos e quen conta co apoio dos ultraortodoxos e dos militares. Nos EEUU, que alimentan militar, tecnolóxica e economicamente a Israel, vai asumir a responsabilidade presidencial alguén que xa anunciou que Xerusalém sería a capital dese Estado, sen dar sinais de independizarse do lobby xudeu. A Unión Europea, que fai chegar aos palestinos a principal axuda financeira, especialmente vital en Gaza, podería ter a clave da solución de se atrever a utilizar todo o seu poder político e económico, sen estar submetida aos intereses estratéxicos dos EEUU. En todo o caso, a consciencia dun pasado de crueldade cos xudeus non debería servir nunca máis para xustificar as atrocidades do presente cometidas por Israel contra o povo palestino
viernes, 2 de enero de 2009
miércoles, 31 de diciembre de 2008
carta dende gaza
Benqueridas e benqueridos: Chámome Khalil George Zakharia, teño 26 anos e son de Gaza. Escríbovos para contarvos un pouco do que se está a vivir, nestes días, na zona onde eu vivo. Mentres escribo, escoito os avións sobrevoar o ceo e teño medo de que se corte a electricidade de novo. Isto é o que vén sucedendo con normalidade nos últimos días.
Considérome unha persoa normal, un cristián orixinario da cidade de Gaza, e pertencente á comunidade ortodoxa, aínda que sempre rezo na igrexa católica. Neste sentido, quero apuntar que nós, os cristiáns, estamos unidos en Gaza e non hai diferenza entre ortodoxos, católicos e anglicanos. Amais, temos boas relacións cos nosos irmáns musulmáns da Franxa de Gaza.
Estudei lingua e literatura inglesa, e tamén falo francés; amais, estou intentando estudar castelán. De momento non podo facelo, posto que o centro que había pechou hai uns anos por mor da situación. No eido laboral, tiven diferentes traballos, sendo o último como coordinador de proxectos no Centro Médico de Gaza. Na casa estou coa miña nai e dúas irmás pequenas.
En canto ao conflito, creo que a única solución para esta guerra entre dúas nacións (Israel e Palestina) é a paz, nada máis cá paz. As igrexas palestinas están traballando sobre isto; quero dicir, reunificar as distintas faccións e xuntalas para un ben común. Espero que así sexa. Sei que a presión dos israelís é moi dura e isto nos está cegando, pero estou seguro de que hai un camiño.
Non é unha cuestión de loita contra a orde superior dende o flanco máis feble, é unha guerra contra a xente de Gaza; quero dicir: civís, porque vese claramente que a invasión é contra cativos, nenos e calquera palestino sen ningún tipo de discriminación. Por iso, se o goberno israelí continúa, o problema continuará e crecerá, e haberá un enorme burato entre nós.
En cada familia pódense atopar, cando menos un ou dous mortos. Isto significa que ninguén esquecerá xamais a eses que morreron polo seu país, e a única reacción será a vinganza. Xa non importan cantos máis morran nesta guerra, senón que virá despois, que hai tras isto; de verdade pensan que os palestinos, ou calquera outra persoa, nunha situación así, poderá esquecer isto? Penso que non.
Rezamos pola paz, porque haxa paz e prosperidade nesta terra. Que pasaría se vivísemos en paz, dúas nacións, unha ao carón da outra? Espero que isto se escoite algún día.
Grazas por lerme. Apertas dende Gaza, Khalil.

O APALPADOR

Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!
A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.
Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento. Un ano máis dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros
martes, 30 de diciembre de 2008
A NOSA HORA
En Burela, as uvas pola nosa hora!"
O grupo armado burelao responsábel do apagamento do 96, que deixou a vila mariñá unha hora por baixo, volve actuar esta Noite Vella. Unha das súas novas reivindicacións: a festa.
En Burela, cando estaban a piques de tomar as uvas o 31 de decembro de 1996, fóiselles a luz. O concello enteiro quedou a escuras, e o paso de ano aprazouse xusto unha hora. Dende aquela, os burelaos e as burelás van unha hora por detrás do resto do mundo, mais até o de agora non se sabía da causa daquel estraño corte da luz de hai 12 anos.Mais a pasada semana, un grupo armado burelao, que se fai chamar ORA-NH (Organizaçom Revolucionária Armada pola Nossa Hora), pendurou un vídeo na rede inculpándose daquel apagamento de Fin de Ano do 96, que causaron, segundo contan, colocando varios artefactos explosivos nas fontes de subministro eléctrico do concello.Festa por unha hora menosSaíndo da clandestinidade e explicando todas as súas artes, tres membros da ORA-NH, sen se dar a coñecer ou identificar de ningún xeito, revelan que xa renunciaron ás súas actividades delitivas, pero que van seguir reivindicando, por outros vieiros, que o seu país, Burela, siga funcionando unha hora por baixo do "imperio pequeno" -O Estado Español, sen contar coas Illas Canarias, que xa teñen unha hora menos. Para isto organizan unha festa nun pub do seu país, no que se ha celebrar, segundo contan, "a pasaxe do ano pola nosa hora lexítima". Animan ao pobo burelao a seguir as súas 'recomendacións' en canto ao seu fuso horario, xa que, no caso de non facelo, ameazan: "Se non pasamos de ano con festa, será con cloratita!".Poden ler aquí o comunicado completo da ORA-NH, ao que xa se adheriron diversas organizacións de Galiza, onde sinalan que "a comarca da Mariña vai camiño de se converter no santuario do movemento subversivo-esmorgueiro (reconstituído)".

domingo, 14 de diciembre de 2008
BOAS IDEAS
¿QUE VÓS PARECEN AS SEGUINTES INICIATIVAS? ¿CREDES QUE SERÍAN FACTIBLES NOS VOSOS CONCELLOS?
1)Unha localidade granadina sustitue o alumeado navideño por adornos reciclados
Pasear polas rúas da localidade granadina de Peligros ofrecerá este nadal unha paisaxe pouco habitual para estas datas. O concello decidiu sustituir o tradicional alumeado navideño por adornos feitos con materiais reciclados. O taier municipal de Arte con Material de Desfeito de Peligros foi o encargado de deseñar e elaborar esta decoración. O proxecto para faguer estos adornos arrincou en Xuño coa idea de levar acabo un traballo colectivo no que participase todo o pobo
2)¿Luces de Nadal ou emprego?
É a elección que que teñen que faguer os habitantes da localidade granadina de Jun a través de Internet: ¿Bo nadal en neón con parados? ou ¿ oscuridade nas rúas con máis traballo?.O concello dispón dun presuposto de 15.000 euros, pero é necesario elexir en que se invirte.
Os veciños de Jun teñen claro donde vai a parar o peto. Pois o esprito do nadal brila con intensidade, anque sexa sen luz.

viernes, 12 de diciembre de 2008
FRAGADAS
Falaba de galegos, cataláns, vascos ou españois?, pregúntanlle a Fraga
A Touriño sóanlle "fortes" as declaracións e o BNG pídelle ao PP que lle retiren a acta de senador. Goberno vasco e partidos cataláns tamén o critican.
Fraga quere "ponderar" o peso político dos nacionalistas "pendurándoos de algures"
O ex presidente da Xunta, fundador do PP e senador por Galiza, Manuel Fraga Iribarne, afirmaba esta quinta feira pola mañá, ao ser preguntado pola posibilidade de limitar o peso dos partidos nacionalistas na política estatal, que había que ponderalo "pendurándoos dalgún sitio". As reaccións non se fixeron esperar.
Presidente do Goberno:
"Soan fortes" O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, considerou que as declaracións "soan fortes". Á súa saída do Consello desta semana, dixo que "o que axuda a segregar e é sectario, non é boa contribución". Ademais, defendeu que "a pluralidade política" é un "valor" recollido na constitución española que "debe ser respectado e garantido". "Hai que facer un esforzo pola convivencia e non pola división", razoou Touriño
BNG:
"Mesma contundencia que con Tardà" Pola súa banda, o voceiro do BNG no parlamento español, Francisco Jorquera, reclamou "unha reprobación unánime" dos populares ás palabras de Fraga, e "mesmo" a entrega "da acta de senador". Ao respecto de se debería desculpar, manifestou que "se tivese un pouco de sentido común, pediría perdón", mais asegurou que "o BNG non llo vai pedir". "Non ofende quen quere, senón quen pode", engadiu Jorquera, que dixo que vería con "preocupación" que o PP "non reaccione coa mesma contundencia" ante estas palabras ca cando o fixo coas "desafortunadas" do deputado de ERC Joan Tardà.
ERC recorda o caso do presidente da FEMP Precisamente, o voceiro desta formación, Joan Ridao, cualificou de "antidemocráticas" as declaracións de Fraga, e esixiu ao PP que pida a súa dimisión como fixo co presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, Pedro Castro, por unhas declaracións en que descualificaba os votantes da dereita.
CiU:
"O PP gobernou cos nacionalistas" Tamén en Cataluña, o presidente de CiU, Artur Mas, criticou o ex presidente da Xunta, e recordoulle que o seu partido gobernou no Estado co apoio de nacionalistas vascos e cataláns. "Se non fose polo sentido de Estado dos nacionalistas vascos, cataláns, etcétera, moitas das cousas que se fixeron no Estado Español non se poderían ter feito", dixo. Mas recoñeceu que as palabras de Fraga non se deberían interpretar literalmente porque significarían "unha especie de reinstauración da pena de morte, só dirixida aos nacionalistas porque deben de ter un pecado orixinal, que é sentirse cataláns, ou vascos ou galegos".
"Nacionalistas galegos, cataláns, vascos ou españois?" Tamén dende as institución, concretamente dende o goberno de Euskadi, houbo réplica ao senador. A súa vicepresidenta, Idoia Zenarrutzabeitia (PNV), sinalou que as propias manifestacións o "descualifican", e preguntoulle se se refire a nacionalistas galegos, cataláns, vascos ou españois.

lunes, 8 de diciembre de 2008
BOAS
Levo dende as 10 da mañán atrapado neste xigante de cemento chamado hospital e a verdade é que hoxe se está a portar bastante ben.Polo tanto como dispuxen dalgún tempo libre carguei no blog algunhas das fotos dunha viaxe que afrontei cargado de prexuizos pero que me sorprendeu gratamente.agardo que vos gusten.
saudos dende compostela
saudos dende compostela
Suscribirse a:
Entradas (Atom)