ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 2 de septiembre de 2007

A DOBLE BARA DE MEDIR DE ESQUERDA UNIDA

"El Musel está llamado a jugar un peso estratégico cada vez más importante en el relevante papel que ya tiene el Principado en el mapa energético español. Endesa ya ha pedido suelo en la nueva explanada de Aboño, otra de las obras de las ampliación portuaria gijonesa, para hacer un ciclo combinado de 800 megavatios”
Deste xeito, enfrontando con toda rotundidade a oposición de numerosos grupos ecoloxistas e colectivos cidadáns de Asturies, xustifica IU de Xixón o seu apoio á futura regasificadora do Musel, adxudicada a ENAGAS polo goberno español do PSOE. Unha regasificadora situada a menos de 1000 metros de bairros como os do Muselín, Otero, Musel Arnao, Les Cabañes, Barrio de Pescadores, Jove de Arriba ou Tocote e dunha concorrida praia como a de Xivares cuxa entrada en funcionamento está prevista para 2010. No caso da regasificadora de Reganosa en Mugardos é sabido que a sucursal galega de IU fixo da súa oposición á planta o eixo dunha campaña electoral que lle permitirá cogobernar Ferrol co PSOE,partido que malia a súa directa responsabilidade na autorización e na ubicación da planta de gas mantivo un prudente silenzo. A razón do silenzo hai que procurala na militancia partidaria de Carmelo Teixeiro (ex responsábel do PSOE en Ferrolterra) e Rafael Pillado (ex concelleiro do PSOE en Ferrol), respectivamente portavoz e destacado integrante do dito Comité de Emerxencia ao tempo que integrantes da Xunta Directiva da Asociación “Fuco Buxán”, de recoñecida filiación pesoísta. E quizais esta militancia partidaria teña a ver tamén coa clara intencionalidade política dunhas críticas centradas no BNG e dirixidas, sen dúbida, a desviar a atención da negativa do goberno español – secundado por IU – a permitir a volta da construción naval civil á ría de Ferrol.
Pois ben, penso que xa é ben tempo de que desde o nacionalismo se esclarezan algúns dados que Teixeiro, Pillado e IU interesadamente silencian sobre o asunto de Reganosa
1. O BNG foi a única forza política que formulou alegacións contra a ubicación da planta regasificadora no interior da ría de Ferrol. Nin o PSOE nin IU formularon alegación ningunha nin utilizaron, como si fixo o nacionalismo galego, a súa representación institucional para se opór, cando o había que facer, á tal ubicación. É máis, desde o BNG seguimos a pensar o mesmo: a ubicación idónea para a regasificadora debe ser o porto exterior. Mágoa que ENAGAS rexeitara ese emprazamento. As razóns, nunca explicadas, haberá que llas perguntar ao xenro do finado Xeneral Gabeiras, na altura conselleiro delegado da empresa gasista.
2. As autorizacións para Reganosa se instalar en Mugardos e iniciar o seu funcionamento foron outorgadas polo goberno español. Máis en concreto pola Autoridade Portuaria de Ferrol, ao se tratar de dominio público portuario, e máis polo Ministerio de Industria. Son, xa que logo, estas mesmas autoridades estatais as que poden revisalas de oficio e anulalas como meio de promover o seu translado. Serían tamén, por certo, elas proprias as que tivesen que satisfacer as indemnizacións ou compensacións que, no seu caso, correspondesen. A Consellaría de Industria non ten competencias nin para autorizar, nin para paralisar nin tampouco para deslocar Reganosa da súa ubicación actual.
3. Porén, e á marxe da súa concreta ubicación, a Consellaría de Industria e o conxunto do goberno galego consideran que a existencia dunha regasificadora constitúe unha infraestrutura estratéxica para o desenvolvimento económico de Galiza e, en concreto, para a instalación de ciclos combinados de gas natural nas térmicas das Pontes e de Sabón. E o BNG non vai permitir que Galiza perda o tren da transformación enerxética en beneficio de Asturies como outros semellan empeñados en que perda o da construción naval civil para maior proveito dos estaleiros andaluces.
4. Outra cousa é que Reganosa deba funcionar con todas as garantías ambientais e de seguranza exixidas pola lexislación vixente e que os danos e prexuízos que a súa posta en andamento poda supor para outras actividades económicas como a pesca ou o marisqueo deban ser avaliados e compensados. Neste sentido cúmprelles ás Consellarías de Desenvolvimento Sustentábel e Presidencia, responsábeis respectivamente pola Declaración de Efeitos Ambientais e máis polo Plano de Seguranza Exterior, extremaren o seu celo e actuaren coa máxima dilixencia.

Artigo escrito por Carlos Aymerich


O apoio aos veciños de Mugardos enfronta a PSOE e IU en Ferrol:
Os concelleiros socialistas e do PP rexeitaron unha proposta de IU para apoiar aos veciños de Meá pechados no Concello e para xestionar entrevistas con Touriño e Joan Clos. O BNG abstívose no primeiro punto e votou a favor do segundo.
Entre os asuntos abordados no pleno de onte figuraba unha moción da Federación Roi Xordo presentada por Esquerda Unida de apoio ás reivindicacións dos veciños da Plataforma de Mehá que se opón á instalación da planta de gas de Reganosa no interior da ría
Finalmente, onte certificouse outro punto de disputa entre os socios de goberno, tamén relacionado con Reganosa A primeira tenente de alcalde, portavoz de EU e responsable da área de Cultura, Yolanda Díaz, subscribiu o 26 de xullo unha factura de 200 euros en concepto de colaboración "coa concentración popular de rexeitamento á planta de gas na ría coa achega dá sonorización do espazo onde se desenvolveu"



AGORA QUE CADA UN SAQUE AS SUAS PROPIAS CONCLUSIONS:

¿PQ EU APOIA A CREACIÓN DUNHA PLANTA EN XIXON E SE OPON TOTALMENTE A PLANTA GALEGA CANDO NEN SEQUERA PRESENTARON ALEGACION ALGUNHA?

¿PQ CALA O PSOE?

No hay comentarios: