ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 25 de noviembre de 2007

E non se debía nada!!!!

O CONCELLO DE MELIDE APROBA 1.2 MILLÓNS DE EUROS DE FACTURAS SEN PAGAR DO ANTERIOR GOBERNO DO PP

As facturas aprobadas polo novo equipo de goberno municipal en tres Xuntas de Goberno Local ascende xa a 1.167.374.71 €O novo equipo de goberno do Concello de Melide (BNG e PSOE) ten como unha das súas prioridades o levar a cabo, canto antes, o pagamento de facturas pendentes de exercicios do ano 2005, 2006 e 2007 que o anterior equipo de goberno (PP) deixou sen pagar. Unha gran parte dos centos de facturas aprobadas nos últimos meses corresponden a débedas con empresas e negocios locais que levan agardando ata dous anos para poder cobrar do Concello de Melide.Así, en só cinco meses dende a toma de posesión, o novo goberno municipal xa leva aprobado facturas por valor de case 1,2 millóns de euros nas seguintes Xuntas de Goberno Local que se celebran todos os venres:
Xunta de Goberno Local (XGL) celebrada o 10-8-207: Nesa sesión aprobáronse facturas pendentes por valor de 201.601,03 €.
XGL do 28-9-2007: Aprobación de 262.797,8 €.
XGL do 16-11-2007: Nesa sesión aprobouse un Recoñecemento Extraxudicial de Crédito que ascende a 702.975,88 €
Para o concelleiro responsable de Facenda e portavoz do goberno, Xosé Antonio Díaz, “débese saldar canto antes a débeda pendente cos comerciantes e empresarios melidenses e de fóra de Melide pois repercute moi negativamente no funcionamento dos mesmos e no do propio concello”.
O edil de Facenda do BNG amosa a súa satisfacción por ter ben encamiñado o pagamento das facturas pendentes, pero lamenta que aínda sigan quedando máis facturas sen pagar do anterior goberno. Neste sentido, informa o portavoz municipal de que hai, por exemplo, 20 facturas dunha mesma empresa presentadas no Rexistro do Concello de Melide o pasado 14 de xuño, dous días antes da toma de posesión do novo goberno, que suman 220.500 euros e que non foron aprobadas polo novo goberno por querer examinar cada unha delas con detemento.
Pero, para facer posible o pagamento destas facturas, o novo goberno municipal tivo que concertar en días pasados unha operación de crédito de 480.000 euros e no próximo pleno ordinario a celebrar o xoves, 29 de novembro, aprobarán pedir un préstamo bancario de 838.171,85 € a un prazo de 15 anos.Precisamente, a voceira do PP, Ángeles Vázquez, criticou este novo préstamo municipal nun dos últimos plenos celebrados afirmando que “Non entendo a débeda do concello a longo prazo”. A alcaldesa melidense contestou daquela ao respecto que “o novo goberno de Melide non entende nin quere débedas a longo prazo coa empresas, negocios e tendas de Melide”, tal e como viña facendo o PP e que tan mala imaxe deu dentro e fóra de Melide. Para a alcaldesa de Melide, Socorro Cea, o feito de aprobar en tan poucos meses case 1,2 millóns de euros demostra dúas cousas:1º- A confirmación de que, efectivamente, había centos e centos de facturas do anterior goberno sen pagar e que algunha xente poñía en dúbida.
2º- A preocupación do novo goberno municipal por saldar débedas pendentes.
Melide, 24 de novembro de 2007

Gabinete de Prensa© Concello de Melide 2007 - contactar

1 comentario:

Anónimo dijo...

pois mira que non insistiron en que a debeda era normal ... que era a que todos os concellos tiñan , MENTIRAS , en fin , agardamos que o novo goberno solucione estas situacions¡¡¡ apertas