ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 4 de noviembre de 2007

FANNY+ALEXANDER



O dúo compostelán edita o seu segundo álbum: "Finais dos 70, comezos dos 80", no que converten o verso libre de nove poetas contemporáneos en alfaias de pop electrónico

¿Quen me ía dicir a min que unha mañá atoparíame cantando na ducha versos de Daniel Salgado, Lois Pereiro ou Pilar Pallarés? Fanny+Alexander conseguírono: colleron o verso libre dalgún dos mellores poetas contemporáneos de Galicia, metéronos nun sintetizador e "play". Nove poemas, nove poetas, nove cancións. Ademais dos mencionados, Carvalho Calero, Elvira Riveiro ou María do Cebreiro. ¿E logo non era isto o que facían os integrantes de Voces Ceibes, os Tamara, Suso Vaamonde ou Amancio Prada nos anos setenta? Pero non estamos nos setenta, o disco sitúanos no aquí e no agora: Galicia, século XXI. A modernidade entrou pola porta e nin nos decatamos. E resulta que Galicia volve estar na vangarda.Alén disto, no álbum, disponible nas tendas, pero tamén en descarga gratuíta na plataforma A Regueifa.net, hai algunha sorpresa: unha remestura a cargo de Projecto Mourente, a relectura do S.O.S. de Manuel Antonio que Fanny+Alexander fixeran hai un tempo, ou a versión completa do Berlín de María Lado musicado precisamente por F+A. Ah, e un regaliño máis: a versión galega do "Panic" dos Smiths, que nos leva dende o "pánico nas rúas de Vigo, pánico nas de Compostela..." até un retrouso que se vai repetir moito nos vindeiros meses "imos queimar a disco, meterlle ao papán do DJ, porque a música que anda a poñer non di nada sobre a nosa vida, ¿que che dixen? Merda de DJ". O disco é unha delicia, unha hora de música e poesía que engancha e que ás veces fai tremer. A beleza é ás veces terrible.
XORNAL GZNZCION
DESCARGADEO,É REALMENTE FERMOSO.NO ENLACE DA REGUEIFA DISPOÑEDES ADEMÁIS DOS VIDEOCLIPS,ESTOU SEGURO DE QUE VOS GUSTARÁN.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ke lle pasa a foto¿?

Anónimo dijo...

non vos sobra a casa da praia???
coche

Anónimo dijo...

mi madreeeeeeeeee¡¡¡
porque esta a casa branca esa ahí , eu onte non a vin , porque non arrastrei e enton non a vin enteira , que barbaridade , que dor¡¡ , pero sabese de quen e esa casa ? e porque a fixeron ahí ? apertas .eva

Anónimo dijo...

pos non,xa que o lugar onde esta a casa non ten nada que ver co castro ,pero esa casa doe so xk nun sitio como ese,o lado da plaia nn se deberia construir,pero non polo castro, eu pensei que te referias a que sobraba no castro