ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 10 de diciembre de 2009

Toma cacicada!

Pascual, en mans de cinco cooperativas ligadas ao PP
Fontes do sector condenan a “cacicada” ?da operación , malia ?que se “alegran” ?polos empregados “¿Feiraco?
Partido Popular de Monterroso, PP de A Pastoriza, PP de Castro de Rei e PP de Touro. Son os partidos nos que militan os líderes cooperativos da sociedade de novo cuño Alimentos Lácteos S.A., creada onte para comprar a factoría de Pascual en Outeiro de Rei. Embite de José Manuel García Ansuar, Eugenio Montero e Arcadio López contra a oferta cooperativa liderada por Feiraco para facerse coa propiedade da planta da compañía castelán despois de meses de incerteza. Ansuar foi concelleiro conservador en Monterroso; Montero é edil en Touro e Arcadio López foi alcalde accidental, tamén do PP, na Pastoriza. Relación de nomes e afinidades políticas que onte provocaron cualificativos de “cacicada” e “escándalo” dentro do sector lácteo galego. Socialistas e nacionalistas coincidiron en sinalar a “intencionalidade partidista” do anuncio e de que a sociedade “é demasiado homoxénea ideolóxicamente”.

Pola tarde, Grupo Leche Pascual informaba nun comunicado que acababa de pechar un principio de acordo con esta nova empresa –que aínda non está inscrita no Rexistro Mercantil– integrada por cinco cooperativas: La Arzuana, Gancobre, Perpetuo Socorro, Mopán e Tierra Llana. Segundo fontes da compañía alimentaria, o contrato é de alugueiro con dereito a compra, que a nova sociedade espera deixar pechado nun “prazo máximo” de dous meses. La Arzuana, que permaneceu con Feiraco dentro da oferta destes últimos para facerse coa factoría, levaba semanas traballando aparte coas outras catro cooperativas e co Igape para acometer a operación. Así o confirmaron a Xornal fontes da sociedade Alimentos Lácteos, que evitaron pronunciarse sobre Feiraco, malia que dixeron que a súa sociedade “está aberta” a novas incorporacións

1 comentario:

Anónimo dijo...

Superb site.

Scandinavian optimization consultant providing low cost all-inclusive service (sokoptimering).
[url=http://www.smotop.se/smotopbloggen/]SMOTop[/url]
http://www.smotop.se/sokmotoroptimeringskonsult.html