ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

jueves, 13 de diciembre de 2007

COMO SE MIDE A INTELIXENCIA?

A xente que fala castelán é máis intelixente?”
A pregunta “A xente que fala castelán é máis intelixente?”, forma parte dunha polémica enquisa feita aos pais dos alumnos dun colexio de Ferrol.


Os pais dos máis de 400 alumnos do Colexio Público Isaac Peral de Ferrol, atoparonse estes días respostando a preguntas como esta nunha enquisa feita polo centro para avaliar o uso do galego entre os alumnos.Segundo indicou o director do colexio, Luis Docampo, a enquisa está “copiada” dunha plantilla enviada pola Consellería de Educación a todos os centros, no marco da elboración dun proxecto lingüístico esixido pola administración.PreguntasA enquisa preguntaba ademais e o galego é unha lingua “axeitada” para os videoxogos ou se as matemáticas se poden aprender en galego.Docampo afirmou neste sentido que desde o centro fixeron só a enquisa, requerida por Educación, e que se están “quitando as cousas de quicio”. Para rematar, sinalou que o profesorado “só quere que a competencia lingüística nas en castelán e galego sexa plena”.

Aproveitando a nova recomendovos a entrada na nova web do semanal A NOSA TERRA xornal que cumple 25 anos na defensa da nosa terra.
Porcerto,alguén de vós sabe como se mide a intelixencia?

5 comentarios:

Nu dijo...

Para min, a unica maneira de "medir" a intelixencia e mediante os actos e actitudes que unha persoa ten ante a vida...Cada un temos as nosas ideas e a nosa personalidade...pero nin unha simple enquisa nin uns determinados habitos ou opcions que eleximos na vida poden medir o noso nivel de intelixencia. Nin moito menos. A min esto de medir as cousas inmateriais...rompeme os esquemas...Como medimos o amor??? Como medimos a amizade??? A unica maneira que vexo eu de "medir" estas cousas ( se se pode dicir "medir" ) e demostrandoas. Para min, nin a intelixencia nin nada inmaterial se mide, senon que se demostra. En funcion deso, podemos dicir q unha persoa e intelixente ou non, que unha persoa ama ou non,...
Que se deixen de historias...

Bicos

Nu dijo...

Se mo permites, Coche...aqui vos deixo unha historia para "medir" a capacidade de concentracion. Mirade... E curioso!!!!!!!
Tedes que facer o que vai a continuacion:


No seguinte enlace:(http://www.oviedo.es/personales/comecoco/ilusiones%20opticas/prueba%20de%20atencion.htm )ides ver un video. A cuestion e a seguinte: neste video aparecen dous equipos, uns con camisetas brancas e outros con camisetas negras, facendo pases cunha pelota. Hai que prestar moita atencion e contar o numero de pases que se fan entre si o equipo de camiseta branca, e logo marcar unha resposta.
nun principio parece mais ou menos facil, pero de seguro que vos sorprenderedes do resultado.

Moitos bicos a todos, en especial a ti, Coche.

Anónimo dijo...

MEDIR A INTELIXENCIA??? Non alcanzo saber de certo se se pode , pero por suposto , que por falar español NON EH¡¡ vamos faltaria mais , a verdade , e que ahi xente que ten moito tempo libre. APERTAZAS COCHE

Anónimo dijo...

pois eu non sei como se mide a intelixencia,pero dende logo eu ter�a curiosidade por medir a dos que escribibiron semellante enquisa!�c�mo se pode pensar que o idioma no que fala unha persoa pode influir na intelixencia??un sa�do.

Anónimo dijo...

Digo eu que será mais intelixente quen fale, Inglés, Francés, Alemán Castelán, Galego, Xaponés... e non só quen domina un único idioma. O que non se pode facer e pechar a mente e non abirse a outras culturas, o mundo é de quen quere comelo e non de quen pretende facer unha muralla onde todos falemos unha única lingua, onde todos obedezamos como ovellas a un mesmo pastor, PQ ISO TAMÉN É DICTADURA OU NON????