ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 11 de diciembre de 2007

¿qué vos parece?

PP e PSOE facilítanlle o camiño do voto aos netos de emigrantes
As garantías de limpeza do voto exterior non foron prioridade na votación este luns no Senado, onde populares e socialistas rexeitaron unha emenda do Bloque ao respecto.
A extensión do dereito á nacionalidade que recolle a lei da memoria histórica aprobada este luns no Senado, facilitará que todos os netos descendentes de exiliados do Estado español poidan participar nas convocatorias electorais

Para min este é un tema controvertido e moi dado para o debate.Gustariame coñecer as vosas opinións e establecer aquí unha discusión sobre o mesmo.Opinade

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Si controvertido cando menos¡¡¡ A miña opinion , sinxeliña , e que o primordial seria manter a limpeza no voto , alén disto , estudar a fondo o porque deben votar ? , espanhois son , e como tales teñen dereito a exercer , por outro lado , eles non residen aqui ... realmente non saben a forma de vida , o dia a dia por mor da politica . Pode haber , e haberá moitos puntos de velo.. agardando estos .. un saudo . EVA

A lareira de Santiso dijo...

As cousas cando se xeralizan son cousa de todos e de ninguén. Ou visto doutra maneira: había gustar ver a cara que poñían os nosos políticos, que tanto apoiaron esa medida, se lles viñese un de fóra gobernarlles a súa casa. A casa familiar, onde comen, viven e organizan a súa vida.
Para min, a miña terra é a miña casa.

FIZ dijo...

Ninguén dubida de certos dereitos adquiridos por parte deste colectivo esquecido moitas veces..CERTo....Pero outra cousa moi distinta e exercer un dereito a voto para decidir os gobernantes dunha terra que na meirande parte dos casos nin coñecen.
Non é lóxico.