Os indios Lakota 'independízanse' dos EUA
A tribo Sioux considera que o goberno estadounidense incumpriu os acordos asinados hai 150 anos. Emitirá os seus propios pasaportes e permisos de conducir.
Despois de máis dun século e medio, os indios Sioux, que realmente se chaman Lakota, decidiron romper os seus tratados cos Estados Unidos. A tribo á que pertenceran Touro Sentado e Cabalo Tolo optou por abandonar a cidadanía estadounidense.Nunha conferencia de prensa que tivo lugar en Washington, un dos representantes dos Lakota, Russel Means, animou todos os membros da tribo, espallada por cinco estados, a se separaren dos EUA. A ruptura dos 33 tratados asinados hai 150 anos debeuse ao seu incumprimento por parte do goberno estadounidense."Os acordos son palabras sen valor sobre papel sen valor, e foron violados para roubar a nosa cultura, a nosa terra e os nosos costumes", aseguraron. Unha delegación dos Lakota xa informou o Departamento de Estado da súa decisión o pasado luns. A nación indíxena anunciou que emitirá pasaportes e carnés de conducir propios.

1 comentario:
Para que no 2008 se produza o desexadao partido internacional de billarda entre Galiza - Nación Sioux.
Publicar un comentario