Agora que o ano toca o seu fin e da xa as súas últimas rabexadas propóñovos algo no que levaba un tempo matinando;trátase do seguinte:
Cada un de vós debe escoller unha persoaxe da comarca que lle pareza por unhas ou outras razóns a máis salientable de todo este ano que nos deixa,sempre ,claro está, argumentando razóns convincentes para elo.Animádevos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Pensei que me decias do mundo e xa estaba pensando na Madeline, non sei se é personaxe do ano pero unha das que máis saiu na tv desde logo si.
Bueno, a lo que íbamos.. Non é personaxe, personaxe, pero si algo importante do ano: os cambios políticos que ocorreron na comarca. Para min o "acontecemento" do ano.
Ala, salú e bares!
chago dos chiquitis os estudos dun melidan sobre a sua terra
Sen dúbida o cambio político en Melide coa nova alcaldesa á cabeza, logo da hexemonía dos mesmos durante lustros foi unha das novas do ano na comarca, pero a nivel individual tamén destaco a Chago e o seu premiado estudo, a ferreiro polo seu título nacional, e por aquilo de tirar pola familia a actuación de meu irmao Amiguete no concurso realiti da Galega do Gran Camiño, onde non acadou o triunfo pero fixo apoloxía do melidismo.
A nivel Colectivo, a gran actuación do CIRE de Melide.
E para rematar, coma desexo (por pedir...) que Melide sexa portada a nivel Nacional por ter vendido na súa administración de Lotarias dos Parrado o Número íntegro do primeiro premio do Gordo.
VEÑA...UN BICO A TODOS/AS os MELIDAOS e MELIDÁS.
Publicar un comentario