Nova Jersey elimina a pena de morte
Pendente da sinatura do gobernador, Nova Jersey aprobou a lei para abolir a pena de morte, converténdose no primeiro estado de EE.UU. en prohibir as execucións en catro décadas.
O Asemblea de Nova Jersey aprobou a lexislación para a abolición da pena de morte nese estado norteamericano, polo que só queda a firma do gobernador Jon S. Corzine antes de que se converta no primeiro estado en prohibir as execucións en catro décadas.
A lexislación foi aprobada con 44 votos a favor e 34 en contra, e substituirá a pena capital pola cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional. O Senado estatal aprobouna xa o pasado luns. Pola súa banda, Corzine, do partido demócrata, asegurou que asinará o proxecto en menos dunha semana.
Unha comisión estatal especial atopou o pasado xaneiro que a pena de morte resultaba moito máis cara que a cadea perpetua. "É o momento de que Nova Jersey salga do negocio das execucións", asegurou o asambleísta demócrata Wilfredo Caraballo. "A pena capital é cara, discriminatoria, inmoral e bárbara, somos un estado mellor que aqueles que matan xente", engadiu.
Os republicanos, pola súa banda, intentaron que a medida non afectase aos condenados por asasinar a membros dos corpos de seguridade, por violar e asasinar nenos e por terrorismo, pero a idea foi rexeitada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario