Agora que estamos metidos de cheo na matanza asáltame un gran dilema:
Seica dende o 8 de decembro está terminantemente proibido matar os porcos a coitelo,como se veu facendo toda a vida;e que queredes que vós diga,a min non me parece de todo mal.E digo de todo porque é aquí cando as cousas deixan de ter sentido:
¿ Que pasa entón cos touros?que como é expectaculo nacional pódeselles facer 1000 e unha "perradas"sen que ninguén se digne a rematar con semellante barbarie ou será que como se ten insinuado os pobriños non sufren porque secretan elevadísimas cantidades de catecolaminas.
Pero,por favor,en que país vivimos!Se proibes faino coherentemente e emprega sempre a mesma bara de medir e se o fas así deberías proibir centos de "animaladas" que ocorren día tras día todo ó longo e ancho da península.Por exemplo os touros ou o sacrificio de visóns.
bicos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Ola!!! Como non podia ser doutra maneira, eu estou TOTALMENTE EN CONTRA de calquera tipo de maltarto, tanto a persoas como a animais. O de non permitir que maten os porcos con coitelo pareceme ben porque os pobres sofren... Estou rotundamente en contra dos toros e do que elo conleva...pareceme unha ANIMALADA e non lle vexo sentido disfrutar vendo como sofre un animal. Pero o mesmo pasa co da cabra,... Hai xente para todo...
Bicos mil.
Publicar un comentario