ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

lunes, 18 de junio de 2007

lingua



Celso Emilio Ferreiro
DEITADO FRENTE AO MAR
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

3 comentarios:

XHaRoY dijo...

Falando de linguas, non sei se estades postos na nova lei de normalización lingüística; o caso é que certos sectores da sociedade "galega" fixeron unha especie de comic, totalmente subxectivo, no cal veñen a dicir que o goberno quere impór o galego e ....
Non sei que será mellor, se pasar, ou facerlles fronte.

Un saúdo

lavrego dijo...

Polo do cómic ese suxetivo do que se fala, eu penso que é moi explicito e claro, mestura galegos co dereito á revindicación lusofona, e mais coa homosexualidade e non sei a que veñen os diaños que levan os mestres no lombo. O que non hai que facer con isto é publicitalos, pero se coñecedes algún pirata, cargarse a páxina é boa idea.
Saude e independência

eva de santiso dijo...

que bonito¡¡¡
que bonita e a nosa lingOa carall..¡¡
un biko coche