ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

domingo, 10 de junio de 2007

LUMIEIRA


Preguntarédesvos o porque desta pequena homenaxe a figura de Alexandre Bóveda,pois ben,a razón é que estos dias rematei de ler a súa biografia e impresionoume a forza das súas ideas,a súa extraordinaria intelixencia,a súa defensa do noso,o seu saber estar ,incluso ante as armas asasinas que nos privaron de semellante lumieira de coñecementos.

Vendo o amor que profesaba a súa terra, cousa que pagou ca súa propia vida,un non comprende a tantos e tantos desleigados que esqucen a tantas persoas coma el sen as cais galicia non seria a mesma.

Dicia Castelao que en todos os cimiterios da galiza xurden cada noite pequenas lumieiras,pero entre todas elas destaca unha,a máis grande, que aparece cada noite no ceo de Pontevedra.

¿Porque nos privaron tan pronto da súa grandeza ?

1 comentario:

Fandinho dijo...

Afortunadamente, e pese a quen lle pese, aínda existe moita xente que temos claro que non enterraron cadáveres, que enterraron semente.

Bóveda terá de ser n-un mañan próximo ou lonxano a bandeira da nosa redención. Castelao