ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 24 de agosto de 2007

Os tempos son chegados

1)Logo do cambio de goberno
Seis anos despois, a web da Deputación de Lugo aprende a falar na lingua do país
A páxina inclúe xa na nosa lingua as retribucións dos membros da corporación, aínda que todo o resto permanece en castelán.
Na web da Deputación de Lugo comézanse a notar cambios dende a mudanza de goberno. Despois da longa etapa de Cacharro Pardo á fronte do executivo, a coalición formada polo PSdeG e o BNG aprobou incluír na páxina as retribucións dos membros da corporación en dedicación parcial e exclusiva, dos grupos políticos e do persoal eventual. Ademais, os novos contidos estanse a introducir en galego, o que contrasta co que acontecía até o momento, cunha web integramente en castelán. Dende a Deputación aseguran que a intención do novo goberno provincial é renovar completamente a páxina web, e facelo en galego, pero que iso levará o seu tempo. Entre tanto, cando picamos na semioculta opción de web en galego, no pé da páxina, séguenos a aparecer a antiga mensaxe: “Comunicamos a todos os usuarios deste servizo que actualmente está en fase de tradución o contido actualizado desta web”.

2)A falta de cartos públicos bota abaixo corridas de touros en Noia
O novo goberno municipal, composto por socialistas e nacionalistas, decidiu acabar coas subvencións.
Nos últimos catro anos houbo corridas de touros nas festas de San Bartolomeu
A organización política Galiza Nova ben de mostrar a súa satisfacción polo feito de que “por primeira vez nestes últimos catro anos, no marco da celebración das festividades de San Bartolomeu de Noia, que se celebran esta mesma semana, non vai haber oportunidade de acudir á celebración de sacrificios públicos de touros na localidade”.A suspensión da tourada ten moito que ver coa decisión do novo goberno local (PSdeG-BNG) de non destinar cartos públicos en forma de subvención. Agora, dende Galiza Nova queren que o executivo dea un paso máis aló e declare “anti-taurino” o municipio de Noia.

No hay comentarios: