ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

martes, 18 de marzo de 2008

AGORA SI

Feijoo pide que se aborde de urxencia a reforma do voto emigrante tras o envorco electoral sufrido no exterior

O envorco electoral producido entre os galegos residentes no estranxeiro, onde o PSDEG se alzou o 9-M co 61,5% dos votos fronte ao 35,6% obtido polo PPdeG, provocou onte un airada reacción do líder dos populares, Alberto Núñez Feijoo, que solicitou a convocatoria urxente do relatorio parlamentario que estuda a reforma deste sistema de voto, relatorio que leva catro meses paralizada.
Feijoo considera que é «máis necesario que nunca» abrir unha profunda reflexión sobre o modelo de participación dos electores do exterior, pois na súa opinión é moi rechamante que se producise un envorco nestas eleccións cando fai catro anos a situación foi a inversa: o PPdeG gañou claramente, co 58,6% dos votos, mentres a marca do PSOE situouse no 33,5%, é dicir, 28 puntos menos que agora.
Entre unha e outra data, manifestou Feijoo, produciuse algunha que outra actuación «excepcional» do PSOE e do Goberno de España. O líder do PPdeG citou o nomeamento do ex deputado socialista Miguel Cortizo como embaixador especial para a coordinación das relacións cos emigrantes en Iberoamérica, entre tanto a Xunta nomeaba á ex deputada María Xosé Porteiro como delegada en Buenos Aires. Feijoo insistiu en que, en paralelo, houbo unha «profusión» de medios do PSOE -que en campaña levou a súa publicidade en avioneta e autobuses en Buenos Aires- que non ten precedentes «nos 30 anos de democracia».
Ao termo da reunión do grupo parlamentario do PP, o líder da oposición puntualizou que todos estes elementos xustifican que se aborde de xeito «inmediato» a reforma do voto exterior co fin de garantir polo menos que os emigrantes voten en urna. é máis, Feijoo subliñou que «non hai nada máis urxente» que garantir a limpeza do voto emigrante e confía en que o BNG «convenza» aos seus socios da Xunta da necesidade da revisión.
O relatorio do voto emigrante constituíuse en maio do 2007. Un mes máis tarde, o BNG abandonouna de forma airada, denunciando a existencia dun pacto entre o PP e o PSOE para non cambiar nada. En novembro volveuse a retomar. O BNG presentou a súa proposta de reforma, pero non se convocaron máis reunións.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Gustaríame saber de onde saíron os cartos para comprar o voto emigrante e porque antes das eleccións o equipo de Anxo Quintana marchou con agasallos para america latina. Ay que carallo! o que se ría de Fraga e o chamaba vello, agora baila con eles q da medo.Cando encontredes un país prospero rexido por un governo socialista ou nacionalista entón as ideas nacionalistas e socialistas serán válidas. Mentres tanto, serán pura demagoxia...

Anónimo dijo...

QUE EU SAIBA O VOTO EMIGRANTE NON FAVORECEU EN NADA Ó BNG.COIDO TAMÉN QUE ESTAS ALGO TRABUCADO CAS TÚAS TESES POIS SE ALGÚN PARTIDO DEFENDE A REFORMA DESE VOTO ESE É O BNG,NON O PP OU PSOE QUE CANDO INTERESA BEN QUE SE ALIAN;VÉXASE A COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN DO GAIAS.AH!!POR CERTO,AS IDEAS DE DEREITAS QUEDAN SEGUNDO TI EN ENTREDITO,POIS DOS ANOS DE GOVERNO FRAGA,QUE FORON MOITOS,HERDAMOS UN PAIS CUN PROGRESO EXPECTACULAR...ESQUECIA LEMBRARCHE OS CASOS CATALÁN E VASCO...QUEN GOVERNA ALÍ? SON PAISES PRÓSPEROS?

COCHE

Anónimo dijo...

PORQUE NON DEIXAN GOBERNAR AOS NACIONALISTAS , E QUE A SUA POLITICA E DEMAGOXICA NON E VERDADE¡¡¡ INFORMATE MAIS ...

Anónimo dijo...

ALEN DO QUE DIXO COCHE , NADA MAIS FAI FALLA...., TAN PRONTO LIN PENSEI ... E CATALUNHA???? .
APERTAS COCHE . EVA .
( + INFORMACION )