ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

miércoles, 12 de marzo de 2008

PUROS E CASTOS

Vaticano Ser rico agora é pecado
A Igrexa católica divulgou a lista dos novos sete pecados capitais.


A partir de agora ser rico é un pecado, particularmente un dos novo sete pecados capitais, divulgados pola Santa Sé este fin de semana. Segundo publicou o diario oficial do Vaticano «Osservatore Romano», o que enriqueza «ata límites obscenos a expensas do ben común» irá ao inferno.
Ademais, realizar manipulacións xenéticas, levar a cabo experimentos sobre seres humanos, incluídos embrións, contaminar o medio ambiente, provocar inxustiza social, causar pobreza e consumir drogas son os outros seis pecados capitais, que parecen substituír aos tradicionais (luxuria, gula, avaricia, preguiza, ira, envexa e soberbia) enumerados polo Papa Gregorio I fai 1.500 anos.
O Vaticano decidiu así modernizar a lista cara aos chamados pecados sociais. Nunha entrevista titulada «Novas formas de pecado social», o bispo Gianfranco Girotti, encargado de facer publica a nova lista, asegura: «Non só se ofende a Dios roubando, blasfemando ou desexando á muller do teu próximo».
Na nova lista, a ecoloxía, ten relevancia significativa. «Os pecados da actualidade teñen unha resonancia social ademais dunha individual», destaca. «é máis importante que nunca prestar atención aos nosos pecados», conclúe.
Os novos pecados capitais:
Non realizarás manipulacións xenéticas.
Non levarás a cabo experimentos sobre seres humanos, incluídos embrións.
Non contaminarás o medio ambiente.
Non provocarás inxustiza social.
Non causarás pobreza.
Non te enriquecerás ata límites obscenos a expensas do ben común.
Non consumirás drogas.

MANDAR MANDA NARICES CON ESTOS TIOS:
QUE MAIOR INXUSTIZA SOCIAL HAI QUE PERMITIR QUE A DIARIO MORRAN CENTOS DE PERSOAS EN ÁFRICA POR NEGÁRSELLES O USO DO PERSERVATIVO?.QUEN EXPERIMENTOU TANTO COS SERES HUMÁNS COMA A INQUISICIÓN?...
FAI POUCO ESTIVEN EN ROMA,ENSINAREIVOS AS FOTOS,E NON VOS PODEDES IMAXINAR A CANTIDADE DE RIQUEZAS QUE ACUMULAN NO VATICANO.ESTO NON FOI A EXPENSAS DO BEN COMÚN?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

boas¡¡¡
xa che digo Coche¡¡ eu tamen estiven fai pouco en Roma e alucinei co imperio que ali teñen montado , riqueza e pouco chamarlle ......... pero eu con pantalons curtos non podia entrar . O que manda narices e que co lonxe que nos queda a IDADE MEDIA sigamos co mesmo repertorio de sempre , e que unha vez mais me indiquen como teño que pensar , vestir e tratar o meu corpo e a miña vida . Pecado e que cada dia morran montons de persoas , e as 50 persoas mais ricas do mundo non fagan nada para remedialo , eu obviamente non podo . Pero o que si se pode e ter uns gardians vestidos de paiaso para desmostrar o importante que son . EN FIN.... EVA

Anónimo dijo...

This comment has been removed because it linked to malicious content. Learn more.

Anónimo dijo...

pois mandade os cartos que gastáchedes en Roma para unha ONG e colaborade, TODOS PODEMOS COLABORAR O QUE PASA E QUE NON QUEREMOS. Faicheme ben de gracia estos pijos que van a Roma, e viven coma ricos e despois din que son do bloque. Aki todos queren vivir como os curas pero simulando que son da aldea. E logo, pa que vades ao Vaticano, non odiades a riqueza? como non protestáchedes ali? pq non ides a Africa a repartir condóns? pq non vos metedes misioneiros? pq non podedes claro, PQ NON PODEDES DEIXAR A VIDA DE RICOS QUE TANTO CRITICADES.

Anónimo dijo...

UFF!!ANÓNIMO,AS TÚAS PALABRAS GARDAN MOITO RENCOR,NON VAS PASAR O FILTRO DO VATICANO...ACABARÁS NO INFERNO.
APARTE DE MALEDUCADO DEMOSTRAS POUCA INTELIXENCIA POIS NON SABES NADA DA VIDA DOS QUE XUZGAS.
NON SEI SE AS TÚAS PALABRAS SE DIRIXEN HACIA A MIÑA PERSOA PERO DENDE LOGO EU NON SIMULO,SON DA ALDEA,E DISO SÍNTOME MÁIS QUE ORGUIOSO.É O DE RICO SALTA A VISTA,OS MEUS EMOLUMENTOS DANME PARA MANTER O CHALET DE SANXENXO,O DUPLEX DE MELIDE E O BMW QUE ME GASTO...XUZGAR SEN SABER É DE IGNORANTES.
POR CERTO,¿COLABORAS TI CON ALGUNHA ONG?¿SABES O QUE É MÉDICOS SEN FRONTEIRAS?
EU SI,E DENDE HAI ANOS COLABORO CON ELES,SE TE ANIMAS ESTE VERÁN IREMOS,MOI PROBABLEMENTE,A RUANDA,CONVÍDOTE!!!.
E...MIRA,¿¿OS RICOS NON PODEN SER DO BLOQUE??.XA ME ENSINARÁS O ARTIGO NO QUE CONSTA ISO.

O PRIMEIRO PASO DA IGNORANCIA É PRESUMIR DE SABER.

COCHE

Anónimo dijo...

boas¡¡¡ inda acabo de ler agora este comentario , donde se critica , a vida que levo . Para comezar decirlle ao anonimo , que non me coñece , porque senon saberia que nin son rica nin pija . Son da aldea , mais concretamente dunha de Santiso , e para seguir , levantome todos os dias as 7 da mañan para ir a traballar e chego as 9 ou 9.30 da noite , e dicir , hai dias que fago 13 horas¡¡¡ , asi que moita vida de rica non levo .... En fin presumir que son do bloque ou de outro partido politico , sendo rica , ir a roma... Non entendo a conexion que fas , vou a Roma e a donde me de a gana ,porque me gusta falar con coñecemento das cousas , e non podes criticarme a min ( a nos )por iso , porque a culpa da desigualdade que hai no mundo non e miña ( nosa ) , e se os 200 tipos que controlan este mundo , fixeran un reparto mais equitativo todo mundo viviria mellor , pero como non teño ese poder non podo facer nada , e se o fago e cousa miña, e mais , digoche que seguramente fago eu mais polos demais ca ti , xa solo por como falas estas demostrando que a xente che importa unha merda , e otorgaste o poder de falar de quen non coñeces e criticalos pola vida que levan . Sen mais que añadir decirche , que oxala a xente coma ti non teña que tomar decisions que me afecten a min ou os meus ...
APERTAS COCHE .

EVA