ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

lunes, 9 de junio de 2008

CARMELA

Na banca telefónica de Caixa Galicia
Nace a primeira falante artificial de galego

A primeira voz electrónica de galego da Historia valeu 660.000 euros e chámase Carmela. Trátase dun sintetizador quen de ler fluída e correctamente calquera texto na lingua do país. Caixa Galicia acaba de incorporalo á súa banca telefónica.


Imaxe de Loquendo para 'Sonia', un dos seus sistemas de voz
Carmela é o produto de ano e medio de colaboración de Tecnocom, o Instituto da Lingua Galega e a empresa turinesa Loquendo. Esta firma é, canda a norteamericana Nuance, líder no mundo das voces artificiais. Ningunha das dúas compañías traballaba co galego, malia ter dispoñíbel catalán, portugués e castelán. Tecnocom acaba de lograr adaptar a tecnoloxía ao noso idioma.
Os devanceiros Monchiño e Cotovía
O resultado, que se pode probar na rede, é sorprendente. Carmela fala con fluidez, respecta vogais abertas e pechadas e ten mellor entoación que o pioneiro Monchiño, o sintetizador de voz do Centro Ramón Piñeiro e a Universidade de Vigo, hoxe chamado 'Cotovía'. O seu realismo é tal que os sistemas informáticos de Caixa Galicia xa poden recibir ordes vía teléfono para algúns trámites, como recargar o móbil. A entidade prevé que toda a súa banca telefónica use o sistema en setembro.
Lograr que a tecnoloxía de Loquendo funcione en galego esixiu moitos cartos –só foi posíbel co patrocinio de Caixa Galicia e unha subvención de 117.000 euros da Consellería de Industria– e horas abondo. Unha semana estivo unha locutora lendo guións no Estudio XXI da Coruña para gravar fonemas e entoacións. Os sons foron logo procesados por Loquendo coa axuda dun lingüista do ILG.
Como nun TelexornalA locutora –que Tecnocom mantén no anonimato– gañou unha selección entre varios profesionais. Logrouno, entre outros motivos, por carecer de acento marcado dunha zona. O resultado é que Carmela non ten seseo nin gheada; pero tamén fala un chisco frío, como nun Telexornal. Tecnocom (antiga Softgal, filial de Caixa Galicia) busca agora que o sistema, ademais de falar calquera texto, sexa quen de entender. Non se trata dunha transcrición literal da fala, senón de 'comprender' ordenes ou palabras clave. Un exemplo aplicado á banca telefónica sería que o PC fose quen de procesar o mandato 'paga o alugueiro de xuño' .
"Só sobrevirán as linguas integradas nas TIC"
Segundo Sergio Cañizares, coordinador do programa, isto será posíbel este ano. O experto explica que o traballo máis difícil –adaptar a tecnoloxía de Loquendo ao galego– xa está feito, polo que agora será moito máis rápido crear novas aplicacións, como un GPS que guíe aos condutores en galego ou navegadores de internet para cegos. Iso si, os emprendedores interesados en explotar a ferramenta terán que negociar con Loquendo, única propietaria.Antes, a tecnoloxía sabía falar castelán e catalán, agora entende tamén o galego”, explica Cañizares. Na súa opinión “no futuro unicamente sobrevirán as linguas plenamente integradas nas tecnoloxías da información, non será tan relevante a escrita e a fala”.

No hay comentarios: