ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

lunes, 9 de junio de 2008

CAMPIÓN


Gómez Noya, campión da Copa do Mundo
Un ouro en Beixín consagraríao definitivamente como unha lenda do deporte nacional e internacional.

O ferrolán Xavier Gómez Noya conseguiu este domingo en Vancouver (Canadá) a súa primeira Copa do Mundo, converténdose no segundo galego en facelo tras o ordense Iván Raña. O gañador de 2004, Bevan Docherty, foi finalmente segundo e o suízo Reto Hug, terceiro. O ferrolán comezou ben a carreira deste domingo. Saíu segundo da auga só superado polo canadense Simon Whitfield. Xa na bicicleta, Gómez Noya mantívose no pelotón de cabeza, formado por 50 corredores, co resto de favoritos, entre estes o campión europeo, o francés Frederic Belaubre. O resto de participantes foron perdendo tempo a medida que avanzaba o percorrido. Unha vez chegaron ás rúas de Vancouver, o xa campión do mundo aínda non contaba cunha vantaxe clara, mais logo de tres voltas algúns dos candidatos a gañar a proba (Gómez Noya, Whitfield e Docherty) destacáronse. Beixín, o último retoA partir de aí, o ferrolán impuxo a súa superioridade, e a carreira converteuse nun paseo para gozar do seu primeiro campionato mundial. Gómez Noya é o primeiro atleta da historia en gañar a Copa do Mundo en categoría absoluta e en sub23. Deste xeito, conquista un título que se lle escapou o ano pasado no sprint, e logo de que xa vencera anteriormente no Mundial e no Europeo, un ouro en Beixín elevaríao definitivamente ao Olimpo do deporte galego e internacional.

No hay comentarios: