ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

viernes, 27 de junio de 2008

LA CORUÑA

“No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña"
A Mesa denuncia ao xuíz decano da Coruña Antonio Fraga por “apoloxía da desobediencia da legalidade” e levará as palabras do maxistrado ao Consello Xeral do Poder Xudicial
A Mesa pola Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, quen nun xuízo celebrado esta semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo 'La Coruña'”, facendo así, entende a Mesa, “apoloxía da desobediencia da legalidade”.
Para este colectivo, as palabras de Fraga son “especialmente graves” ao se tratar dun maxistrado, “quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei”.O presidente desta entidade en defensa da lingua, Carlos Callón, lembra que “cando este xuíz prometeu o cargo, prometeu, entre outras cousas, que ía acatar o ordenamento xurídico, e en particular cumprir e facer cumprir a lexislación”. Dentro do ordenamento xurídico está que o topónimo “A Coruña” é a única forma oficial, tanto por unha lei autonómica de 1983 como por unha lei estatal de 1998.
“A este maxistrado algunhas normas válenlle (as que lle permiten reclamar por inxurias) e outras non (as que determinan a toponimia oficial)”, denuncia Callón, quen tamén se interroga se o cumprimento da lexislación “debe ficar ao arbitrio dos destinatarios” e “que será dos cidadáns normais cando os xuíces manifestan sen pudor que incumpren certas leis”.
O presidente da Mesa pide tamén que se aclare “se hai máis normas legais que este xuíz vulnere sen rubor”.Desde o comezo deste caso, Antonio Fraga Mandián sostivo que se na documentación e no selo do xulgado se utilizaba “La Coruña” se debía a un “erro ortográfico sen importancia”, o cal só pode ser cualificado como “unha actitude cínica”. Ademais, o xuíz decano chegou mesmo a defender nos medios de comunicación ese uso de “La Coruña”. Porén, no desenvolvemento da vista oral nesta semana o maxistrado mostrou que realmente non se debía a un erro, senón a unha vulneración consciente do marco legal pola súa banda, como así ben o testemuñan as súas propias palabras.Lembra a Mesa, a través dun comunicado aos medios, “que este xuízo se produciu porque o maxistrado denunciou a un veciño da Coruña, Eduardo Álvarez, despois de que este reclamase recibir a súa notificiación xudicial en galego e co topónimo oficial”. Os medios de comunicación recibiron a resposta antes que o veciño e nela Fraga Mandián negáballe os seus dereitos e consideraba o uso de “La Coruña” (na carta e no carimbo) como un “erro ortográfico”. O cidadán criticou a difusión da resposta aos medios, utilizando ademais o seu nome sen o seu consentimento, e considerou o contido coa seguinte declaración literal: “Din os dicionarios que cínico é quen mente para xustificar unha ilegalidade. Isto é o que está a facer o xuíz decano”. O decano presentou a antedita denuncia contra o veciño por inxurias, o cal só pode ser cualificado como “unha tentativa de amedrentar as persoas que quixeren reclamar os seus dereitos lingüísticos perante a Administración de Xustiza, pois converte o exercicio destes dereitos nun feito puníbel e perseguíbel”.

No hay comentarios: