ALLARIZ

parroquias de melide

MÁIS PARROQUIAS

/504403158292525912/bb_t047_v000_s0un_f00/images/xslide2.gif" ismap="ismap"/>

GALIZA-CAMERÚN:A IRMANDIÑA INVICTA

duascentas fotos

CAMIÑANDO EN MELIDE

VIAXE A USA

HOLANDA

sábado, 30 de junio de 2007

GOLFIÑO

O galego, primeira lingua no Estado en dispor dun corrector gramatical
O galego será a primeira lingua no Estado español en dispor dun corrector gramatical, denominado 'Golfiño', que foi presentado polo conselleiro de Innovación, Fernando Branco, e a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, nun acto no que informaron de que só seis linguas no mundo contan cun software destas características. Golfiño completa as aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permite ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcións. Así, máis de 45.000 galegos contan xa con este instrumento a partir da súa posta a disposición na iniciativa de promoción do software libre da Consellaría de Innovación Mancomun.org. O corrector supón unha versión da que se poderá beneficiar a comunidade científica para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa, que se axusta á última modificación da normativa da lingua galega realizada en 2003 e segue como obra de referencia en cuestións gramaticais 'Gramática da Lingua Galega', de Rosario Álvarez e Xosé Xove.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Your blog is very interesting!
Please, send me the photo of your pc desk and the link of your blog.
I'll publish on my blog!.
Thanks Frank
EMAIL: pcdesktop1@gmail.com

FIZ dijo...

Boas novas

XHaRoY dijo...

Haha, a este ritmo serás internacional coche xD.

Hmmm non estaba ao día respecto ao proxecto ese de golfiño, é unha moi boa nova dende logo, xa que é difícil atopar software en galego.. pouco a pouco e grazas a colaboradores anónimos progamas e xogos interactivos como o emule ou o hattrick atopanse en galego; pero isto é só o comezo e todo pasa, coido eu, por conseguir un dominio propio :).

Un saúdo